Elaboración del lino
Alumna sénior: María del Carmen Rodríguez Bañobre
Aula: Momán
"Empecei a ir coas vacas desde os 6 anos. Aos
12 xa levaba conmigo a roca e o fuso para fiar a lá, facía os calcetíns para
todos os da casa. Con 14 anos andaba nos traballos
maiores:segar, sachar, andar nas fias. De día traballamos e de noite xuntábamonos
nunha casa, un día para cada unha, para preparar a lá, facer as tiras para as
colchas de trapos, usábamos trapos vellos, preparar os fíos do liño.
A elaboración do liño é moi laboriosa .Seméntase
no mes de abril. Ás tres semanas hai que quitarlle as herbas malas, hai que ir
sentada encima del para aplastar a terra ben. Ás nove semanas mirase que a
semente estea amarela para arrancalo, despois disponse en manoxos e arrástrase
pola ripa, que é unha tabla pequena que ten dentes e arranca a semente. Esa
bagaña ou semente, ponse nun rincón no cuarto e deíxasedous ou tres días remexéndoa de cando en vez para
que non quenza porque senon pudre, despois pose a secar ao sol e críbase para
quitarlle a casca e así quedar limpa.
O liño ponse en lotes pequenos, lávase no río,
onde se fai unha poza e métese dentro dela, poñéndolle pedras encima para que
non se saia da auga, ten que quedar completamente cuberto, para que lle pudra a
casca, está alí metido vinteun días.
|
Imagen: lino
Fuente: wikipedia |
O
cascoduro vai por dentro, é coma unha caña, por fora vai a fibra que é o propio
liño. Logo desto haino que poñer aosol e estendelo
finiño para que se seque, soía
poñerse donde se segaba o trigo porque as pallas que quedaban levantábano e
secábase mellor.Unha vez seco colócase en manoxos pequenos,
contrapeado (mitade da raíz vai hacia un lado e a outra hacia o outro lado)e
átase `pña metade có propio liño. Aproveitase cando se coce o pan, e despois de
sacalo, métense os manoxos de liño no forno ata o día seguinte. Entón amazótase,
entre catro tablas e outras tres que son as que a oprimen, hai que ter coidado
para que non se rompa a fibra, primeiro ponse ó largo e despois un pouco ó
través, ata quitarlle o cascarón. Máis tarde ponse cada manoxo en forma de ovillo
e deixase ata que se volva a cocer.
Despois de sacar os bolos, vólvese a meter
no forno durante todo o día. Despois táscase nunha tabla de pé, que se coloca
nun banco e víase movendo o liño para que quede ben limpo.
Este traballo
facíase polas noites e reuníanse todos as veciñas cada día nunha casa. Logo hai que ripalo no restrelo, que é un
peine de clavos de ferro, ó contrario da ripla que ten dentes de madeira para
quitarlle a semilla.
Despois fíase na roca e no fuso, ensalibando todo o fio
para que quede encerado, e ponse xa en madeixas para o seu uso na costura. Despois as madeixa hai que cocelas no pote.
Por
dentro do pote métese todo o seu redore no fondo palla de trigo para que non se
queime, se se lle vota outra palla tinxe o liño. Enxabónanse moi ben as
madeixas e botánselle moita cinza para que blanqueen, cúbrense moi ben con auga
e cócense un día enteiro.
Unha vez cocido o liño é moi resistente, pero se non
se coce rompe moi facilmente. E despois de todos estos pasos, xa está preparado
para usalo.
É un traballo moi escravo o que lle hai que
adicar moi tempo.
Aínda hoxe conservo na casa liñaza para sembrar, pero eu non
teño xa ganas de voltar repetir ese pesado traballo, xa estou xubilada, a
disfrutar!!!!!"