Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 3 de junio de 2014

Lembranzas-Recuerdos. María del Carmen Rodríguez Bañobre, alumna sénior, cuenta cómo es la elaboración artesanal del lino


Elaboración del lino

Alumna sénior: María del Carmen Rodríguez Bañobre
Aula: Momán


"Empecei a ir coas vacas desde os 6 anos. Aos 12 xa levaba conmigo a roca e o fuso para fiar a lá, facía os calcetíns para todos os da casa. Con 14 anos andaba nos traballos maiores:segar, sachar, andar nas fias. De día traballamos e de noite xuntábamonos nunha casa, un día para cada unha, para preparar a lá, facer as tiras para as colchas de trapos, usábamos trapos vellos, preparar os fíos do liño.
 
A elaboración do liño é moi laboriosa .Seméntase no mes de abril. Ás tres semanas hai que quitarlle as herbas malas, hai que ir sentada encima del para aplastar a terra ben. Ás nove semanas mirase que a semente estea amarela para arrancalo, despois disponse en manoxos e arrástrase pola ripa, que é unha tabla pequena que ten dentes e arranca a semente. Esa bagaña ou semente, ponse nun rincón no cuarto e deíxasedous  ou tres días remexéndoa de cando en vez para que non quenza porque senon pudre, despois pose a secar ao sol e críbase para quitarlle a casca e así quedar limpa. 

O liño ponse en lotes pequenos, lávase no río, onde se fai unha poza e métese dentro dela, poñéndolle pedras encima para que non se saia da auga, ten que quedar completamente cuberto, para que lle pudra a casca, está alí metido vinteun  días.

Imagen: lino
Fuente: wikipedia
O cascoduro vai por dentro, é coma unha caña, por fora vai a fibra que é o propio liño. Logo desto haino que poñer aosol e estendelo finiño para que se seque, soía poñerse donde se segaba o trigo porque as pallas que quedaban levantábano e secábase mellor.Unha vez seco colócase en manoxos pequenos, contrapeado (mitade da raíz vai hacia un lado e a outra hacia o outro lado)e átase `pña metade có propio liño. Aproveitase cando se coce o pan, e despois de sacalo, métense os manoxos de liño no forno ata o día seguinte. Entón amazótase, entre catro tablas e outras tres que son as que a oprimen, hai que ter coidado para que non se rompa a fibra, primeiro ponse ó largo e despois un pouco ó través, ata quitarlle o cascarón. Máis tarde ponse cada manoxo en forma de ovillo e deixase ata que se volva a cocer.

Despois de sacar os bolos, vólvese a meter no forno durante todo o día. Despois táscase nunha tabla de pé, que se coloca nun banco e víase movendo o liño para que quede ben limpo. 

Este traballo facíase polas noites e reuníanse todos as veciñas cada día nunha casa. Logo hai que ripalo no restrelo, que é un peine de clavos de ferro, ó contrario da ripla que ten dentes de madeira para quitarlle a semilla.

Despois fíase na roca e no fuso, ensalibando todo o fio para que quede encerado, e ponse xa en madeixas para o seu uso na costura. Despois as madeixa hai que cocelas no pote.

Por dentro do pote métese todo o seu redore no fondo palla de trigo para que non se queime, se se lle vota outra palla tinxe o liño. Enxabónanse moi ben as madeixas e botánselle moita cinza para que blanqueen, cúbrense moi ben con auga e cócense un día enteiro. 
 Unha vez cocido o liño é moi resistente, pero se non se coce rompe moi facilmente. E despois de todos estos pasos, xa está preparado para usalo. 

É un traballo moi escravo o que lle hai que adicar moi tempo. 

Aínda hoxe conservo na casa liñaza para sembrar, pero eu non teño xa ganas de voltar repetir ese pesado traballo, xa estou xubilada, a disfrutar!!!!!"

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario