Alumna Sénior: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Xestoso Paderne
Mercedes Cachaza |
"Coincidindo coas viaxes de fin de curso da rapacería en idade escolar, a UNED Sénior tamén aproveitou a semana do quince ó vinte de xuño de 2014 para dirixirse á Costa do Sol acompañada polo seu coordinador Luis Ángel Rodríquez Patiño. O lugar elixido para hospedarse foi Torremolinos con escala en Madrid para face-la viaxe máis levadeira e aproveitar o paso pola capital do Reino para visitar á volta o Real Sitio de Aranjuez.
Os lugares a visitar na Costa do Sol foron: Torremolinos, Benalmádena, Málaga e Ronda con tódolos seus encantos. Málaga ofreceunos a súa Catedral, o seu Teatro Romano, o Castelo de Gibralfaro, a Alcazaba, o Palacio Episcopal, a Aduana, o Concello, o Palacio de Congresos, o Museo Picasso e a calle Larios, entre outros moitos. Como o sol lucía espléndido cada cual optou por visitar o que mellor se lle acomodaba ás súas necesidades tendo en conta as circunstancias persoais.
Para moitos de nós a Rúa Larios é o eixo principal desde donde puidemos dirixirnos ó Museo Carmen Thyssen, tomar un viño para repoñer forzas e pasar pola Catedral , seguindo pola Alcazaba, botando un vistazo ó Teatro Romano e cun lixeiro e paseo pola rota Picassiana demos por rematada a visita. Para dirixirnos a Ronda, serpenteamos a súa Serranía aproveitano para ver desde as alturas como o Mediterráneo bica as poboacións costeiras superpoboadas pola abalancha de turistas que visitan aquelas terras e disfrutan das súas augas, do seu sol, do pescaíto frito e outros praceres.
Unha vez superados os mil metros de altitude sobre o nivel do mar, encontrámonos con Ronda –a cidade con máis poboación da provincia despois da capital- onde tivemos ocasión de visitar a Casa Palacio Museo Lara coas diferentes seccións que nos mostraron a riqueza da cidade en diferentes salas dedicadas a: reloxios, Armas, Fotografía e Cine e Sala Romántica correspondentes ós séculos XVIII-XIX, unha sala adicada a Instrumentos Científicos correspondentes ós séculos XVII-XIX, un Museo Arqueolóxico onde se mostran pezas desde o século IX antes de Cristo ata o século XII despois de Cristo, unha exposición sobre a Bruxería e a Inquisición, que dan moit que pensar... Unha sala adicada a Frai Leopoldo de Alpendaire e coleccións variadas sobre algo de todo; desde máquinas de escribir, teléfonos, misais de comunión, abanos, plantas medicinais e outros…
E para rematar un paseíño pola cidade que mostraba a rúa central abarrotada de transeúntes e preciosos escaparates onde te encontrabas de todo e algo máis.
Tamén aproveitamos para visitar os xardíns de Benalmádena, e o seu Mariposario, ademais de disfrutar en Torremolinos da praia, dos paseos de obrigado cumprimento polas tendas, do disfrute nas súas terrazas abarrotadas de turistas e algúns bares onde ofrecían sabrosos viños da zona.
Á volta tiñamos a visita concertada para ve-lo o Real Sitio de Aranjuez, onde puidemos disfrutar do que alí se fixo durante os reinados de Carlos V, Felipe II, Fernando VI e Carlos III durante dous centos anos e do que todos disfrutamos a día de hoxe, como Patrimonio Nacional.
Ademas de aproveitar para coñece-la historia e a cultura do noso país, estas viaxes ofrecen unha serie ilimitada de posibilidades para convivir, socilizarse e poñer en práctica o mellor de nós; virtudes tan importantes como a solidariedade, a compañía, e a amistade. Todos pendientes de todos para que non lle falte de nada a ninguén. E o noso Coordinador sempre ofrecendo as mellores posibilidades de cada momento no tocante a relacións humanas, calidade, prezo e enriquecemento afectivo e socio-cultural.
Retornamos cansados pero felices, polo que damos por acadados os obxectivos propostos."
No hay comentarios:
Publicar un comentario