Los séniores de la UNED-A Coruña

miércoles, 30 de abril de 2014

Lembranzas-Recuerdos. Mercedes Cachaza, alumna sénior, evoca los recuerdos de su infancia





Aluma: Mercedes Cachaza Platas
UNED Sénior A Coruña
Aula: Paderne
Artículo en relación con el Programa "Yo me acuerdo"



"Era no outono do ano 1952. Eu aínda non tiña os catro anos. Era moi miudiña, moi mal comedora, con saúde bastante enfermiza e  mimosa a máis non poder. Unha auténtica filusmía si, case me tiraba un pequeno refacho de vento. Seique era como unha boliña de algodón;  pero unha persoa tamén. Unha persoa pequerrechiña, pero unha persoa.

Eso foi o que viu Dona Raquel Rey de Castro, unha muller sabia e  santiña que exercía de mestra na parroquia onde eu me criei cos meus padriños e unha tía.

A miña tía queríame con delirio. Levábame a tódolos sitios,  que naqueles tempos e naquelas circunstancias eran moi poucos. Presumía de ter unha nena que lle deixara tres anos antes a súa irmá da alma porque eran moi ben levadas e compartían todo o que tiñan e o que eran.

Eu ía feliz coa miña tía a calquera sitio. Cando me levaba á misa colocábame de pé no banco de diante dela para que vira o que facía  o señor cura revestido con roupas de colorines que dicía unhas palabras moi raras de espaldas á xente.
Mercedes Cachaza
Hoxe é o día que non entendo como unha criatura de tenra idade podía estar atenta naquela situación, pero era así porque na miña casa, había moita veneración cara ás cousas da Igrexa. Pois un bo día ía eu da man da miña tía por unha corredoira de lama en dirección á parroquia veciña porque o cura misaba en domingos alternos nunha e outra parroquia.
Aquel domingo tocáballe misar na parroquia do lado que dista aproximadamente três ou catro  quilómetros. Polo  camiño iamonos atopando con outras persoas que tamén facían o mesmo que nós.

Unha desas persoas que deixou unha pegada na miña alma infantil para todo a vida foi a mestra Dona Raquel que tamén  ía para a misa acompañada da súa criada Sara. 

Dona Raquel ademais de ser unha belísima persoa, levaba a profesión marcada a lume na súa alma. Poñía escola nunha casa en ruinas á que xa foran os meus avós e probablemente os meus bisavós. Contábanme os meus avós que o señor Mestre debía ter moito frío porque nos recreos acudía á casa contigua a quentarse ó carón do lume, mentres os nenos corrían o frío xogando á pilla  no curral de toxos que había entre a casa da escola e a casa dos veciños.
Ben, pois a escola que rexentaba Dona Raquel non se diferenciaba nada da que foran os meus avós. Aínda era máis vella. Non sei como non caeu algún neno para a corte por algún dos buratos que tiña o piso de madeira.
Pero ela era unha muller de vocación e atendía a medio cento de rapaces de diferentes idades e sexos  no piso desa casa vella que recibía a  calefacción das vacas que estaban debaixo igual que se do Portal de Belén se tratara.

En canto me viu Dona Raquel aquel día camiño da misa, pediulle á miña tía que me mandara á escola. Estou oíndo o seu diálogo que sería máis ou menos así: 

-¡Bos días Doña Raquel! ¿Que? Hoxe toca ir á misa a Coruxou, como o Sr cura leva tres parroquias... 
-¡Buenos días nos dé Dios! Si hoy toca ir, pero el próximo domingo vendrán ellos a la nuestra. 
E mirándome ós ollos díxolle á miña tía: -Y esta niña tan guapa y tan buena…¿Por qué no la manda a la escuela? 
-¡Ai, Doña Raquel! ¿Non ve que é moi pequeniña, aínda non fixo os catro anos? Ademais é moi mal comedora... ¿Non a ve? ¡Miña xoía..! Ademais vostede xa ten moitos nenos na escola e non podería atendela. Esperaremos a que cumpra os seis anos. A ver se para daquela medra algo máis... 
-No mujer, no se preocupe. Yo me cuido de la niña. Mándela mañana mismo. 
-Bueno Doña Raquel, se vostede o di…mandareina, pero vai chorar moito porque non quere separarse de min en ningún momento. Para min tamén vai supoñer moita dor, vela sufrir desde tan pequeniña… Pero se vostede mo aconsella, mandareiena mañá mesmo.

E dirixíndose a min díxome: ¿Queres ir con esta señora, é a Sra Mestra? Ten moitos nenos na súa escola. Eu agachadíña na súa saia refuxiábame ó seu carón porque separarme da miña tía era algo insoportable para min. Elas seguiron coa súa conversa e por fin ó día seguinte leváronme á escola. Había que poñer unha fila diante da porta nunha corredoira enlamada e ó pasar por diante de Doña Raquel dicir: ¡Buenos días tenga usted!
E se che preguntaba como te chamabas, debías contestar: “Mercedes Cachaza Platas, para servir a Dios y a Usted."

Así era como mandaban os cánones da época.

Doña Raquel co seu traxe de cadros de tonos castaños  e coas mans metidas unha dentro da outra manga do traxe, contemplaba como íamos subindo as escaleiras ata aula que se atopaba no primeiro piso. Nada máis empezar a subir as escaleiras que eran bastante empinadas, dun só tramo;  xa sufrín o primeiro contratempo: Os nenos maiores atropelábanme. Eu era tan pouca cousa que non  sabía como defenderme.

Naquel intre, interviu Sara, a criada da mestra. Colleume no colo e subiume en brazos. Eu enseguida me botei a chorar porque me faltaba a miña tía da alma.
Aquel mundo non era o meu.
Daquela volveu a intervir Sara e levoume á cociña que estaba na planta baixa. Era  un habitáculo de reducidas dimensións que tiña unha ventá pequena por onde entraba unha luz plomiza de dun día de inverno. O chan era de terra e tiña unha lareira nunha esquina onde había lume. Sara quentou un pouco leite nunha potiña pequna encima dos trébades e despois deumo para consolarme e para quentarme un pouco.
Estas experiencia repetíronse a miúdo porque a min rompíaseme a alma cada vez que tiña que alonxarme da miña tía, pero a vida esixía esa e outras moitas disciplinas.

Así foi como empecei a miña andadura pola escola. E nese momento foi cando o meu padriño empezou a dicirme:

- “Ven comigo, bonitiña. Ven ver como se fan os labores agrícolas. Ti has de ser mestra e non vas ter que traballar na terra,  pero  debes saber como tes que mandar."
E pouquiño a pouco –e con moito sufrimento-  fun preparando: unha carreira xeralista, outra con especialidades  e unha na especialidade para poder  traballar de mestra e conseguín exercer como tal máis de corenta anos e aínda é hoxe o día que sigo dando clases a nenos pobres de solemnidade.

A miña bisavoa materna tamén facía escola nocturna para os pobres porque polo día tiñan que axudar ás súas famílias e pola noite a facer contas e ditados a casa da miña bisavoa.

Eu tamén debo levar algo así  nos meus xenes.

Cada persoa ten a súa experiencia persoal da súa entrada na escola."




martes, 29 de abril de 2014

Lembranzas-Recuerdos. Lourdes Pérez Freire nos invita a viajar a través de sus recuerdos



Aluma: Mª Lourdes Pérez Freire.
Uned Senior de Xestoso.
Aula: Paderne
Artículo en relación al Programa "Yo me acuerdo"




"As primeiras miñas lembranzas son de cando tiña uns dous anos e medio ou tres, aproximadamente. Collín un xarabe, que había debaixo do vertedeiro, e tomei pola botella. A tal medicina era para as galiñas. E eu empecei a vomitar por enriba dun vestido branco, que tiña un volante arredor do pescozo, no colo de meu pai. Menos mal que botei todo, pois, se non, non estaría agora contando esta historia.

Lourdes Pérez
A miña familia era moi humilde. Aínda que meus avós eran de “casas de pan”, meu avó materno acabou con todo. Embargáronlle dezanove fincas e máis a casa. Así que, meus pais tiveron que traballar moito para sacarnos adiante, a min e máis a meu irmán.

Cando eu tiña cinco anos, naceu un irmán meu. Pero, por falta de médico e da asistencia necesaria, viviu uns minutos nada máis. Viña de nádegas e traía o cordón enrollado no pescozo. Miña nai choraba. Eu estaba acurrucada na lareira e tamén choraba, supoño que porque vía chorar a miña nai e tamén porque non quería aquel neno. Eu dicía:” Mira que sodes bobos, ídelo comprar á feira e traédelo morto”. E tiráballe por un xersei rosa pequeniño, que fora meu, e que lle puxeran para metelo na caixa.
 
Cando cumprín sete anos, naceu outro irmán. Como eu era máis grande, este xa o quixen, e aparentemente, estaba contenta. Aparentemente, pois, cando chegaba a noite, meu pai xa non me collía no colo, coma sempre, xa collía o neno, e dicíalle: “ Ven para aquí, que un home non é unha ovella”. Miña nai tamén estaba contenta co seu neno. Meu pai preparáballe unhas tazas de chocolate para almorzar e ela sempre me deixaba, no fondo daquela potiña encarnada, uns cachiños de pan e un pouco chocolate, que me sabía a gloria.

Empecei a escola aos sete anos. Xa sabía ler e escribir algo, pois miña nai ensinoume na casa. O primeiro curso, estiven contenta. Despois, veu unha mestra que me colleu manía, porque eu ía mal vestida, non ía a misa todos os domingos, porque, moitas veces, non tiña a roupa adecuada, etc., etc... Eu non era o seu perfil de nena bonita nin aplicada. A verdade que me amargou bastante a existencia. Espero que eu a ela non tanto.

Cando cumprín doce anos, quixen deixar a escola. Supoño que non estaba moi motivada. Hoxe, sorpréndeme como meus pais o consentiron, porque mamá era unha persoa que valoraba moito o saber e a cultura. O que pasa que a pobre tiña tantos problemas que a sobrepasaban. Así, empecei a ir aprender a coser, durante uns meses. Non continuamente, pois tiña que axudar a traballar na casa o que me mandasen: chamar as vacas, apacentalas, etc.

En setembro dese ano, meu tío Manolo, que estaba solteiro, e vivía en Valencia con outro irmán casado en con dúas fillas e un fillo, levoume consigo. Fomos nunha lambreta, durante tres días, pasando os portos de Pedrafita, Manzanal, o Alto dos Leóns de Castilla, e Contreras, entre Cuenca e Valencia.

O primeiro día, só chegamos a Bembibre, ao lado de Ponferrada. De noite, despois de cear, meu tío estivo ligando cunha comadrona (era moi moceiro), e eu dormitando, na mesa, enriba das mans. Despois, tiña medo na habitación, aínda que estaba ao lado da de meu tío. O segundo día, chegamos a Arévalo. Alí, chorei moito, porque eu pensaba que Valencia estaba detrás da Espenuca, e parecíame que me levaban para a fin do mundo. Meu tío preocupábase e falaba moito comigo, e así funme tranquilizando.

Na lambreta, pasei moito frío, pois a roupa que levaba era moi sinxela. Non había outra. Eu apoiaba a cabeza na espalda do tío, e así, tira millas. En Madrid, había moito tráfico, e meu tío tivo que apoiar os pes no chan e ir a modo. A rúa era un pouco pendiente, e, non sei como foi, a moto empezou a irse para atrás (supoño que non puido frenar, pois levaba a bolsa da comida ao lado do pedal), e caemos. Eu caín de pé, e el debaixo da moto, pero non nos lastimamos. Veu o garda de tráfico ofrecernos axuda, e eu estaba morta de vergoña.

Ao terceiro día, chegamos a Valencia. Que bonita me pareceu. Entramos no portal dun edificio precioso e subimos nun ascensor de ferro, que se vía todo segundo ía alcanzando os pisos superiores. Nós paramos no cuarto. Abríuse a porta e abrazoume un señor que era o meu tío José María, a quen eu non coñecía. Tamén a miña tía, primas e primo. Na tele, que eu nunca vira, estaba bailando flamenco unha rapaza, cun vestido de volantes e unha peineta na cabeza.

En Valencia estiven desde finais de setembro a xullo. Alí, meus tíos mandáronme, polas tardes, a aprender a coser coas Señoritas de Isasi. Eran unhas modistas vascas, solteiras, moi boas profesionais e cunha cliantela moi distinguida. A min tivéronme pasando marcas, cunha táboa enriba dos xeonllos, e sobrehilando todos os meses que estiven alí. Polas mañás, axudáballe a miña tía a ir á compra e a limpar a casa. Miñas primas ían á universidade. Estudaban Filosofía e Letras. Meu primo ía aos Maristas. Cando recibía unha carta de meus pais, ía chorar ao balcón para que non me visen. Non porque me tratasen mal, todo o contrario. Pero, botaba de menos a meus pais e a meu irmán.

En xullo, volvín a miña casa, nun Renault Ondine, recén estreado, con meu tío José María e a súa familia. Logo, volvín ir coser cando o traballo da casa mo permitía. Pero, unha tarde gris dos primeiros días de setembro, estando cosendo na casa de Carmiña de Blas, que era a miña ama, coa miña compañeira Esperanza, veu Marita de Picado facernos unha visita. Ela estudaba na Atocha, en Betanzos, e tróuxonos a noticia de que se ía abrir un instituto feminimo, pois o masculino xa existía.

Nese momento, afloraron todas as emocións e pensamentos que estaban no meu subconsciente desde a miña estancia en Valencia. Esperanza veu durmir a miña casa esa noite de tronos e auga a Deus dar. Coa axuda da miña amiga, convencín a miña nai de que foramos falar coa mestra, Dona Maruja (a quen lle estarei eternamente agradecida). Esperanza aínda ía á escola con ela. Aló fomos. Eu quería ir a ese instituto que se ía abrir. A mestra díxonos que faltaban só vinte días para o exame de ingreso. Pero, díxolle a miña nai que me mandara, a ver que pasaba.

Eu, nese momento, cumprín catorce anos e non ía a escola desde os doce. Esa mesma noite, Esperanza ensinoume o que era unha décima, unha centésima e unha milésima. A partir dese día, eu fun feliz aqueles vinte días á escola. Dona Maruja enchíame a libreta de exercicios, os cales eu facía moi gustosa. Chegou o día do exame e miña nai díxome que era mellor que suspendera, pois eles non me podían pagar os estudos. 

Aprobei cun cinco raspado. Fun a que menos nota levei de todas as que iamos da escola de Areas, pois as outras tres levaban preparándose bastante tempo. O primeiro curso, fun andando e viñen a Betanzos, dezaseis kilómetros cada día. Coa fiambreira debaixo do brazo, mollada desde pola mañá no inverno, etc. etc. O segundo curso, xa fun no Rápido, pois xa tiven beca. Así fixen ata quinto de Bacharelato en Betanzos. Sexto e sétimo Laboral fíxeno na Compañía de María, en Ferrol, pois alí, vivía a tía Pastora, irmá de meu pai, quen me acolleu na súa casa durante dous cursos.

Despois, en vez de ir para a Caixa de Aforros ou Administrativo de Marina como foron as miñas oito compañeiras de Bacharelato Laboral, fun estudar Maxisterio a Santiago. Para daquela, xa meus pais estaban felices cos meus estudos. Papá carretaba no Castromil todo o que podía para, xunto coa beca, poderme axudar a saír adiante. 

Logo, traballei dous cursos no colexio Lestonac de Caranza, en Ferrol. No seguinte, xa aprobei as oposicións, e tiven a sorte de exercer unha profesión marabillosa, que me permitiu traballar con nenos e nenas, dos cales aprendín cousas que nunca máis esquecerei e que me foron tan proveitosas na vida, tanto para as emocións como para os coñecementos. Gracias a todos eles e elas, tamén aos bos compañeiros e compañeiros con quen exercín a miña profesión. Coa súa axuda, puiden desempeñar o meu traballo con dignidade.

Agora, estou xubilada, e acórdome de todo iso cun sentimento de alegría e gratitude para todos os que me axudaron na vida a chegar ata aquí. Tamén, moitas gracias a Carmiña de Blas, pois, gracias a ela, sei poñer un botón, subir unha bastilla, zurcir un furado, etc., cousas moi importantes que todo o mundo debía coñecer."



Afiprodel reconoce la labor de los sénior del rural


Mercedes Cachaza Platas, alumna de la UNED Sénior de A Coruña y delegada del Aula de Xestoso, recogió el diploma que Afiprodel (Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento local de Galicia) concedió en reconocimento a la labor que este proyecto realiza como dinamizadora del rural.

Mercedes Cachaza durante la entrega de Diplomas al Proyecto Sénior del rural


Mercedes Cachaza

La celebración de la entrega de premios tuvo lugar hace unos días en el Museo Pedagógico de Galicia, donde alrededor de veinte participantes de toda Galicia, depositaron toda su energía en cada uno de sus proyectos entregados a Afiprodel. Los galardones;  doce diplomas y ocho estatuillas, se repartieron a los participantes.


Asistentes a la celebración de la entrega de premios Afriprodel 2013

Para la institución anfitriona, era la primera vez que se organizaba y se hacía entrega de estos premios, convocados para el año 2013. Seguro que no será la última a la vista del éxito de participación.






lunes, 28 de abril de 2014

¿Qué es un testamento vital y cuándo debe hacerse?







Alumnos de la UNED Sénior de A Coruña ya saben lo que es un testamento vital-familiar.



Decálogo del testamento vital-familiar:


  1. Habla con tus hijos acerca de los planes que tienes para cuando el fin se acerque: puede sonar desagradable pero, frecuentemente, la gente mayor aprecia que se escuchen sus deseos.
  2. Si es posible escríbelos para que no exista confusión si se da el caso de que necesites asistencia para vivir dignamente.
  3. Llevá a cabo una junta familiar para asignar las responsabilidades de cada quien.
  4. Sé abierto: Las familias pueden hacer hasta lo imposible para evitar que el padre o la madre terminen en un asilo, aun cuando éste puede ser el mejor lugar para ellos.
  5. Investiga tu condición médica para que hagan las preguntas correctas.
  6. Investiga en las fuentes gubernamentales, empezando por el centro de salud más cercano.
  7. Acepta ayuda. Es fácil sentirte abrumado y con resentimiento por tu situación, así que deja otros te ayuden en lo que puedan.
  8. ¡Alejarte un poco de la situación es importante para ti!.
  9. Sigue en contacto con tus amigos.
  10. Date tiempo para estar con tu pareja e hijos.



Pero, ¿qué es? El testamento vital contiene la voluntad y las decisiones personales de una persona respecto a los momentos finales de la vida o cualquier otra situación en la que se encuentre con una grave limitación física o psíquica.



Contenido mínimo:


  • Criterios que deben orientar las decisiones que se vayan a tomar en el ámbito sanitario.
  • Situaciones sanitarias concretas en que las que se pide que se tengan en cuenta la aceptación o rechazo de determinados tratamientos o cuidados sanitario.
  • Instrucciones y límites con respecto a las actuaciones médicas en dichas situacione.
  • Aspectos como la elección del lugar donde se desea recibir la atención en el final de la vida, la donación de órganos, la asistencia religiosa, el deseo o no de estar acompañado en los momentos cercanos al fallecimiento…
  • Designación de uno o varios representantes que pueden sustituir la decisión del paciente cuando no pueda expresar su voluntad a fin de que cumplan las instrucciones indicadas en eltestamento vital. El representante tendrá que manifestar la aceptación de este cargo por escrito


Los requisitos son:

  • Ser mayor de edad, capaz y libr.
  • Comprender el alcance de la decisión.
  • Estar informado de las diferentes alternativas y co nsecuencias no deseadas.
  • Haber sido bien informado sobre su enfermedad por parte de su médico.
  • Si se ha nombrado un representante éste debe tener conocimiento del testamento vital ya que el testamento vital se fundamenta en el respeto y la promoción de la autonomía del paciente incluso cuando el enfermo no pueda decidir por sí mismo o no puede comunicar su voluntad.
  • Conocer los límites legales que se aplican al testamento vita.
  • Formalizar el testamento vital por escrito y registrarlo.

jueves, 24 de abril de 2014

Los sénior preparan maletas de nuevo



Del 15 al 20 de junio de 2014, nuestros sénior del rural podrán disfrutar de un merecido viaje fin de curso. 

Esta vez el navegador se programará rumbo a Torremolinos y Ronda. A buen seguro que será un viaje cargado de experiencias culturales y personales, como de costumbre.


Imagen de Ronda

Programa previsto:

  • Domingo 15 de junio. Salida a las 14:00 horas y llegada a Pinto, Madrid. Cena y alojamiento en hotel Plaza Santiago.
  • Lunes 16 de Junio. Salida a Torremolinos.
  • Martes 17 de junio. Visita a Torremolinos y Malaga.
  • Miércole 18 de Junio. Torremolinos y visita a Ronda.
  • Jueves 19 de Junio. Día de salida de Torremolinos a Pinto, Madrid.
  • Viernes 20 de Junio. Mañana y comida en Pinto. Regreso a Galicia.

El baúl de los recuerdos. Lembranzas-Recuerdos



77 alumnos sénior vivieron la maravillosa experiencia del recuerdo.

El martes 22 de abril su profesor, Felipe Senén y el coordinador de la UNED Sénior, Luis Ángel Rodríguez, estuvieron al frente de esta actividad donde nuestros mayores del rural, pudieron compartir sus vivencias, sus recuerdos, sus alegrías, sus tristezas. Tirando de memoria, fueron recuperando una a una y a través de anédoctas, sus historias personales.



Felipe Senén y Luis A. Rodríguez durante la sesión

Marcos Nine, director de cine y colaborador de la UNED Sénior de A Coruña, grabó este encuentro testimonial durante cinco horas. 

Los alumnos estaban organizados por grupos e individualmente, proyectando de forma más enriquecedora el modo de aportar sus experiencias. Nine sumó activos en su proyecto con entrevistas individuales a distintos alumnos.

Los temas a tratar giraron en torno a la emigración, vestimenta, comidas, nacimientos, fallecimientos; los rituales y celebraciones que les acompañan, etc...

Alumnos sénior en el momento del desarrollo de la actividad



Adelantamos un artículo de Oliva Martínez Pico, alumna de la UNED Sénior de A Coruña "A vida antes", publicado en Galicia Dixital, 




Oliva Martínez Pico. Imagen: Galicia Dixital


martes, 22 de abril de 2014

"De Xestoso hasta Almería; su flora y su fauna". Por Lourdes Freire.



Alumna - Xestoso: Mª Lourdes Pérez Freire
Aula: Paderne


"Un grupo de alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, fixemos unha viaxe a Roquetas de Mar, Almería.

Ademais de convivir en harmonía durante os cinco días que durou a excursión; experiencia que todos nós valoramos moito; recorremos España de punta a punta, pasando polas comunidades autónomas de Galicia, Castela-León, Madrid, Castela-a Mancha e Andalucía.

Foi unha viaxe moi proveitosa en todos os aspectos, pero eu voume fixar, especialmente, nas diferentes especies vexetais e animais que poidemos observar, e tamén nos Parques Naturais polos que pasamos ou visitamos.
Saíndo de Galicia, comprobamos como as diferentes árbores de folla caduca están agromando de novo, ao chegar a primavera. No Bierzo, contemplamos o marabilloso espectáculo das cerdeiras en flor, e tamén os brotes dos viñedos.

Continuando por Castela-León, os grandes retazos verdes, nesta época do ano, dos campos de trigais que se estenden ao longo e ancho destas terras. E varios niños de cigoña nos campanarios dos diferentes pobos que salpican a xeografía castelá. Tamén aciñeiras aquí e acolá, e algunha mancha de chopos, nos humedais a beira dos ríos, cuxas folliñas están empezando a brotar. 

Logo, os viñedos de Rueda.

Xa na Serra de Guadarrama, o piñeiro silvestre con esa esbeltez e co seu tronco alaranxado. 

Arredor de Madrid, o terreo e pedregoso, anque con algunha matogueira e aciñeira polo medio dos penedos.

Despois, Castela-a Mancha. Máis trigais verdes, a terra aínda máis alaranxada. Rabaños de ovellas. Algunha granxa de vacas negras, supoñemos que nais de touros de lidia. Algunha que outra aciñeira, para aliviar o sol de consolación. Os Viñedos de Valdepeñas, etc...

Chegamos a Andalucía, e a provincia de Jaén cheíña de oliveiras. Canta extensión, canto aceite correndo polas veas desta terra!. É o seu sangue, o seu medio de vida. Logo, a provincia de Granada, coa Serra Nevada ao fondo -nevada de verdade-, aínda co seu manto branco cubríndolle a cabeza.

Los sénior en Almería


A provincia de Almería é moi diferente: montañas peladas, de colores laranxa, gris, amarelo... O seu clima subdesértico fai mella na paisaxe; pero, ten o seu encanto e a súa beleza, se non fora tan dura a supervivencia. Emporén, a vida bule en multitude de formas adaptadas ás duras condicións climáticas e xeográficas.

E chegando a Roquetas, El Ejido. Alí, está ese gran océano de plástico que, xunto coa gran Muralla China, son as dúas únicas obras humanas que se poden contemplar desde o espazo. E debaixo dese mar de plástico, brotan os tomates, as berenxenas, os pementos, os melóns, as sandías, etc. El Ejido é a despensa de Europa. Unha balsa de auga subterránea, atopada nos anos cincuenta do século pasado, cambiou a vida dos habitantes desta zona. Hoxe, quen traballa nos invernadeiros son maiormente inmigrantes, quen desempeñan un labor moi duro e que, desgraciadamente,  non sempre recibirán a recompensa económica xusta.

Camiño de Almería, na provincia de Ciudad Real, pasamos cerca do Parque Natural das Tablas de Daimiel. Os parques naturais son lugares cunhas características biolóxicas determinadas e que pretenden garantizar a protección e conservación da flora e fauna dos lugares que abarcan. Poden atoparse en calquera espazo xeográfico: mar, terra, deserto, etc...

O Parque Nacional das Tablas de Daimiel foi catalogado como tal en 1.973 e reclasificado en 1.980. Posúe un ecosistema chamado de Tablas Fluviais, formado polo desbordamento dun ou varios ríos; neste caso, o Guadiana, o Cigüela e o Záncara, entre outros. É un territorio moi llano, e isto fai que a auga non corra e forme as Tablas. É un humedal que se convertiu nunha zona integral de aves acuáticas. A súa fauna e flora son plantas e animais acuáticos.

Ademais de El Ejido, Roquetas, Almería, etc., un lugar moi importante que visitamos foi o Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar.
En Cabo de Gata
           

A parte da observación directa que poidemos levar a cabo no noso paseo por diferentes lugares do parque, no Centro de Interpretación, a través dun vídeo, dos diferentes paneis e fotografías, e das amplas explicacións da persoa encargada, poidemos coñecer multitude de aspectos interesantísimos desta reserva natural.
            

É esta a zona máis seca do continente. As plantas que a colonizan están adaptadas a estas condicións climáticas. Existe aquí un dos complexos volcánicos máis singulares de Europa. Hai arbustos espiñosos e herbas anuais dispersos pola serra, no medio dos cales viven o raposo e a aguia-azor. A estepa litoral, as dunas e as antigas albufeiras, convertidas en salinas, son os principais ambientes naturais deste Parque.


Grupo Sénior en Almería
É un ambiente inhóspito, xa que, á sequedade do clima, engádeselle o solo areoso e pedregoso, a salinidade e os fortes e secos ventos do suroeste. Emporén, baixo as augas do mar que rodea este Parque, hai unha explosión de vida de todas as formas e colores que se poidan imaxinar.

A gandeiría, a agricultura, a pesca, a artesanía, a explotación das salinas e a minería, constituíron, desde sempre, o motor económico desta zona. E hoxendía convertiuse ademais, nun destino turístico moi aprezado pola súa gran beleza e valor xeolóxico.
Coma sempre, foi esta de Almería unha viaxe moi formativa e interesante, que todos nós aproveitamos ao máximo, e agradecemos ás persoas que no la fixeron posible."



           

"El agua dulce". Por José Rodríguez Pérez



Alumno - Xestoso: José Rodríguez
Aula: Paderne
Título del texto: "O auga doce", "El agua dulce"

"No uso doméstico, non teño especial impresión. Na nosa casa, xa había traída cando eu nacín. Eu xa recordo sempre ter auga na casa. Na casa, quere dicir na billa do vertedeiro, que era o único punto que había auga. 

Non había cuarto de baño para bañarse, que tampouco se facía diariamente. Adoitaba ser os sábados. Quentábase auga nunha pota grande e, na bodega, no chan, que era de terra, poñiamos unha tina da roupa, que daquela eran de chapa de ferro, cun baño de zinc, e unha tabla ao lado, para poñerse un de pé. Botábase auga na tina nun cazo vello, derramábse a auga sobre o corpo a modo de ducha, con xabón da marca Lagarto.
O water era a corte ou a horta, que se lle chamaba así ao terreo que linda coa casa. Nun recuncho, normalmente protexido por uns loureiros, para ter a intimidade necesaria. Alí, ía toda a familia facer as súas necesidades. Os nenos e sobre todo os vellos, durante a noite, usaban a bacenilla, elaborada de ferro cun baño de porcelana.




Pasado o tempo, púxose un baño, e a cousa mellorou moito.

A nosa traída de auga segue sendo a mesma. Ven dunha fonte próxima, e síguese usando despois de tantos anos. A tubería de condución ata a casa houbo que cambiala, pois era de gres, e ao aparecer os tractores rompía continuamente.

Todos estes cambios fixeron mellorar moito a hixiene e a comodidade. Pero, eu penso que a cousa non está resolta, nin moito menos, pois a contaminación medioambiental empeorou bastante. Contaminamos un volumen de auga excesivo. Cada día os manantiais están máis contaminados, cando hai moitos anos, era raro que o estiveran.

Outro recordo que gardo da auga doce era o ruido que producían os goteiras do tellado ao caer sobre os cacharros que se poñían para recollelas. Sobre todo, de noite, cando te metías na cama. Ese goteo continuo e monótono, nas noites de inverno, era un pouco depresivo.

Outra cousa que recibiamos con moita ilusión era a neve. Cando, nos invernos, te levantabas pola mañá, e estaba nevado. Era unha novidade. O cambio da paisaxe, e xogar con ela. O que máis faciamos eran bolos de neve. Ao ser pendiente a aldea, empezabas facendo unha bóla, que ía rodando polos arredores abaixo, o seu propio peso aportaba máis neve, que se ía incorporando á bóla, que se ía facendo máis grande cada vez e xa non podiamos movela do pesada que se facía.

Os cristais de xeo tamén nos daban moito xogo, que se formaban nas puzas, nas noites de xeada. Cando iamos para a escola, competíamos dalgunha maneira a ver quen atopaba o máis grande.
Finalmente, quero poñer de manifesto a miña preocupación por que a auga doce limpa non poida estar ao alcance de todos os habitantes do mundo, e que tantos millóns de persoas non poidan dispoñer dela, por culpa das inxusticias e o despilfarro doutros, inncluídos nós mesmos."


Lourdes Pérez Freire, alumna sénior en un artículo sobre el agua dulce para Galicia Dixital.







¿Te duele?... Nuevo enfoque del dolor del anciano.





Conferencia: ¿Te duele?... Nuevo enfoque del dolor del anciano.

Conferenciante: Marcelino Mosquera Pena. Médico especialista en Geriatría. Especialista en Medicina familiar y comunitaria del Hospital Arquitecto Marcide.

Lugar de celebración: Sede de la UNED Sénior en Cambás, Aranga.

Día: 8 de mayo de 2014.

Horario: de 16:30 a 19:30 horas.


Sinopsis: El envejecimiento de la población, los procesos oncológicos y el dolor no son hechos aislados ya que originan gran parte de la vida asistencial cotidiana. Se ha conseguido aumentar el índice de envejecimiento y la expectativa media de vida.

En esta situación a parte de otros tipo de dolor crónico, los procesos cancerosos ocupan un lugar primordial no solo por la frecuencia sino también por las graves consecuencias que acarrean (los ancianos constituyen la gran masa asistencial de la oncológica).

Los avances en la oncología en los últimos años ha mejorado el grado de respuesta en una amplia variedad de cánceres, y nuevos métodos como la medicina personalizada, que diseña terapias para cada paciente, promete grandes resultados en un futuro muy próximo.

El dolor sigue siendo uno de los principales motivos de consulta médica. Si embargo, su valoración y tratamiento siguen siendo un reto asistencial de primera magnitud. Siendo esta situación real crece de manera exponencial entre la población anciana. El dolor, como quinta constante vital, tiene su máxima interpretación en este sector etario.

Esperaos que através de iniciativas como esta, consigamos que nuestros mayores vean la importancia de este síntoma, aclaremos conceptos y mitos con la finalidad única de mejorar la calidad de vida de nuestros mayores.



Marcelino Mosquera






Yo me acuerdo... Lembranzas-Recuerdos


Jornada con el lema: "Yo me acuerdo..."



Día: Martes 22 de abril de 2014.

Lugar: Naves del Campo de la Feria. Momán.

Destinatarios: Alumnos de La UNED Sénior y todos los mayores que quiera transmitir sus vivencias y experiencias, así como voluntarios que ayuden a recoger y poner por escrito lo que transmitan nuestros mayores.

Profesor: Felipe Senén. Docente de la UNED Sénior, Historiador y Arqueólogo.

Programa y  horarios:  
  • de 11 a 14 horas: trabajo individual o por grupos.
  • de 14 a 15.30 horas: comida en los tres restaurantes del pueblo.
  • de 15.30 a 17.30 horas: finalización de los trabajos y recogida de todo el material. Comentario y explicaciones del profesor.








Recogida de información de la experiencia de los sénior en relación a:

Patrimonio Material e Inmaterial. 
  • Vigilancia, control, descubrimiento y potenciación de la riqueza patrimonial de la comarca; Eume y Terracha. 
  • Puesta en valor del folklore y de la sabiduría popular.
  • Participación en los mapas de patrimonio.
Historia Local. 
  • A través de la historia oral y del trabajo en papeles, documentos y publicaciones locales.
Memoria de la Escuela.
  • Investigación sobre los cambios en los procesos educativos.
  • Posible creación de un museo local.
Etnografía.
  • Estudio de las tradiciones populares, los cambios en los ciclos de vida y sus rituales: nacimiento, matrimonio- etc..., de  la historia de las fiestas y de los cultos locales. 
  • Estudio de oficios tradicionales.                                              
Cambio Climático.  
  • A partir de las observaciones realizadas sobre el terreno por los alumnos y posible rehabilitación de acuíferos.                                           
Arquelología Experimental.
  • Estudio de oficios tradicionales como vía de análisis para la reconstrcción de los procesos productivos del pasado: cantería, alfarería, elaboración de vino, elaboración de quesos, etc...
Turismo. 
  • Elaboración de rutas temáticas que pueden ser utilizadas por los Concellos.

NOTA. Está previsto que esta información la recoga con su camara el Director y colaborador de la UNED Sénior: Marcos Nine.   

lunes, 7 de abril de 2014

Cuidadores domiciliarios de ancianos






Curso: Cuidadores domiciliarios de ancianos
 

Reconocimiento como "Curso de interés sanitario": Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia, año 2009

Edición: VII

Horas: 600 horas repartidas en 10 módulos de 60 horas cada uno

Lugar: dependencias del Consejo de Ancianos, Xestoso-Cambás-Momán

Fechas de celebración: primer bloque: 21 de abril de 2014, segundo bloque: de septiembre de 2014 a junio de 2015 (fecha por determinar)

Plazo de inscripción: hasta el 21 de abril de 2014

Temática: materias de los bloques temáticos ofertados por la UNED Sénior, dedicadas, en muchos casos, a temas relacionados con la salud y la calidad de vida

Dotaciones materiales: camas articuladas, sillas de ruedas y otros dispositivos adecuados para la realización de prácticas 

Dirección: Luis Ángel Rodríguez Patiño. Licenciado en Filosofia-Teología, Derecho, Ciencias Politicas, Derecho Canónico, Trabajo Social y Criminología. Coordinador de LA UNED Sénior del Centro Asociado UNED A Coruña

Docencia: Marcelino Mosquera Pena.. Médico especialista en Geriatría. Especialista en Medicina familiar y comunitaria. Docente colaborador en la Escuela Universitaria de Fisioterapia de la Universidade da Coruña. Profesor tutor de la UNED-Senior de A Coruña

Finalidad:  responder a la necesidad de formar a aquellas personas que deben realizar labores de cuidado y asistencia a ancianos, y desean acceder a una formación elemental rigurosa en la materia. Ofrecer a los propios mayores pautas para su autocuidado

Objetivos:  adquisición de conocimientos teóricos necesarios para la ayuda a domicilio: habilidades y destrezas para la asistencia, manejo del estrés y afrontamiento de situaciones criticas con la persona dependiente, integración de la mujer en el medio rural. Evitar la despoblación, mejorar el cuidado de los mayores y evitar su desarrraigo, promover la igualdad y promover el autocuidado



jueves, 3 de abril de 2014

La ciudad de la la Cultura recibe a nuestros alumnos de la UNED Sénior A Coruña


La visita a la ciudad de la Cultura, ayer uno de abril, se realizó con motivo de la exposición Agua Doce, sita en las citadas instalaciones ubicadas en el Gaiás.

Crónica de la jornada contada por un alumno del programa sénior en A Coruña:


"Hoxe, día un de abril do 2.014, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados do noso profesor D. Felipe Senén López, visitamos, na Cidade da Cultura, a exposición Agua Doce. O noso profesor, durante a viaxe, xa nos foi introducindo en aspectos relativos ao tema, que nos axudaron moito á hora de comprender a marabillosa explicación que nos dou o guía.





No Gaiás, visitamos as diferentes plantas que acollen a exposición, acompañados por un guía que nos explicou, de forma moi clara e comprensible, todo o relacionado co que alí se amosa. Que só un tres por cen da auga do planeta é doce, e que só podemos aproveitar o un por cen, pois o outro dous por cen atópase nos casquetes polares. A auga é o que fai singular o noso planeta.

Na planta soto, estaba todo o relativo ás correntes subterráneas. Bitrubio, arquitecto romano, afirmaba nun dos seus libros, que, á hora de levantar unha cidade, o máis importante era o tema da auga. Detectar as correntes subterráneas. A cultura termal procede da época romana. Augas do subsolo con propiedades curativas.

Contemplamos o cadro da fonte da etena xuventude. A parte máxica da auga. Os geisers. A cloaca máxima de Roma. Un gravado de Piranesi. Un camafeo de imitación das Burgas que representa a Venus tomando o baño. Ilustracións do que Dante describe na Divina Comedia, dun autor braseleiro. Obras de enxeñería, como a gran cisterna de Estambul. Pezas de cerámica grega para levar auga.

Un espazo dedicado á cultura balnearia. Don Enrique Peinador en Mondariz xuntaba a moitos persoeiros: Dona Emilia Pardo Bazán, Castelao, etc. Os peinadores eran as moedas que se utilizaban dentro do Balneario de Mondariz.
Outra sala dedicada aos ríos principais do planeta, como o Nilo, o Nixer, en África. O Amazonas, o río máis caudaloso e máis longo do mundo. A principal reserva de auga doce do mundo. Na súa desembocadura, cabería Galicia. A súa vez, debaixo del, discorre a corrente subterránea máis grande do mundo. Todo isto é responsable da selva da superficie. O Ganxes, en cuxo delta viven oitenta millóns de persoas, etc... A carta xeométrica de Domingo Fontán. Foi tan importante que, menos as autoestradas e o Ave, toda a rede viaria galega está trazada baseándose nesta carta xeométrica.

En Europa, o Rin, o Volga, o Danubio. O Rin e o Danubio están unidos por unha canle. O Yangtse, a gran vía de Asia. O Mississipi, unha conca fundamental na historia dos Estados Unidos. Para nós, é a cuna da música americana.

A cultura da auga con estampas xaponesas, que foi importante para a arte mundial nos últimos douscentos anos, cunha gran sensibilidade pola paisaxe. Estas estampas forman parte do ocio e da educación visual dos xaponeses.



John Constable, o gran pai da paisaxe. Isto ocorre a partir do século XVIII. Pintaba os ríos, os lagos, as catedrais, sen saír de Suffolk, do seu condado.

Outro espazo dedicado ao intento do home por civilizar a auga, aos contenedores da auga. Esa idea de levar a auga canda un. A cerámica ten esa finalidade. O acueducto de Segovia, grande obra de enxeñería da época romana. As disputas pola auga. Os mapas que se levantaban para poder mediar nestas disputas. O tribunal das Augas de Valencia.

Oskar Kokoschka, pintor expresionista, autor do cadro da ponte de Waterloo. Outro cadro de Pérez Villaamil, pintor ferrolán, unha ponte na cidade de Fraga.

E, a última planta dedicada á metereoloxía, que aínda segue estando moi cerca da crenza. Prever o tempo é unha aproximación. En todas as culturas, a través de divinidades e de outros ritos, se intentaba invocar á chuvia ou o seu cese. Contemplamos obras relacionadas cos diferentes fenómenos atmosféricos. O arco da vella, de Bello Piñeiro, a neve, cadros procedentes de Austria, de Franz Sedlacek. A batalla nos Cárpatos, da primeira guerra mundial de Alfred Basel. A neve, a chuvia, o raio, de David Hockney (tres litografías).



A metereoloxía é hoxe unha ciencia. Porén, os artiluxios seguen sendo bastante arcaicos. O tempo predise coa observación a través de satélites, termómetros, barómetros, pluviómetros, etc.

Todo o proceso da auga é tan importante para nós que gastamos moito en buscala noutros planetas.
Foi moi interesante esta exposición. Só botamos de menos todo o relativo á contaminación da auga, pois disto non se nos falou nin vimos nada, e tamén como unha gran parte da poboación do mundo non ten acceso a auga potable. Tampouco aparece na exposición."