Alumna - Xestoso: Mª Lourdes Pérez
Freire
Aula: Paderne
"Un grupo de alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso
coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, fixemos unha viaxe a Roquetas de
Mar, Almería.
Ademais de convivir en harmonía
durante os cinco días que durou a excursión; experiencia que todos nós valoramos
moito; recorremos España de punta a punta, pasando polas comunidades autónomas
de Galicia, Castela-León, Madrid, Castela-a Mancha e Andalucía.
Foi unha viaxe moi proveitosa en
todos os aspectos, pero eu voume fixar, especialmente, nas diferentes especies
vexetais e animais que poidemos observar, e tamén nos Parques Naturais polos que
pasamos ou visitamos.
Saíndo de Galicia, comprobamos
como as diferentes árbores de folla caduca están agromando de novo, ao chegar a
primavera. No Bierzo, contemplamos o marabilloso espectáculo das cerdeiras en
flor, e tamén os brotes dos viñedos.
Continuando por Castela-León, os grandes retazos verdes, nesta época do ano, dos campos de trigais que se estenden ao longo e ancho destas terras. E varios niños de cigoña nos campanarios dos diferentes pobos que salpican a xeografía castelá. Tamén aciñeiras aquí e acolá, e algunha mancha de chopos, nos humedais a beira dos ríos, cuxas folliñas están empezando a brotar.
Logo, os viñedos de Rueda.
Continuando por Castela-León, os grandes retazos verdes, nesta época do ano, dos campos de trigais que se estenden ao longo e ancho destas terras. E varios niños de cigoña nos campanarios dos diferentes pobos que salpican a xeografía castelá. Tamén aciñeiras aquí e acolá, e algunha mancha de chopos, nos humedais a beira dos ríos, cuxas folliñas están empezando a brotar.
Logo, os viñedos de Rueda.
Xa na Serra de Guadarrama, o piñeiro silvestre con esa esbeltez e co seu tronco alaranxado.
Arredor de Madrid, o terreo e pedregoso, anque con algunha matogueira e aciñeira polo medio dos penedos.
Despois, Castela-a Mancha. Máis trigais verdes, a terra aínda máis alaranxada. Rabaños de ovellas. Algunha granxa de vacas negras, supoñemos que nais de touros de lidia. Algunha que outra aciñeira, para aliviar o sol de consolación. Os Viñedos de Valdepeñas, etc...
Chegamos a Andalucía, e a provincia de Jaén cheíña de oliveiras. Canta extensión, canto aceite correndo polas veas desta terra!. É o seu sangue, o seu medio de vida. Logo, a provincia de Granada, coa Serra Nevada ao fondo -nevada de verdade-, aínda co seu manto branco cubríndolle a cabeza.
A provincia de Almería é moi diferente: montañas peladas, de colores laranxa, gris, amarelo... O seu clima subdesértico fai mella na paisaxe; pero, ten o seu encanto e a súa beleza, se non fora tan dura a supervivencia. Emporén, a vida bule en multitude de formas adaptadas ás duras condicións climáticas e xeográficas.
E chegando a Roquetas, El Ejido.
Alí, está ese gran océano de plástico que, xunto coa gran Muralla China, son as
dúas únicas obras humanas que se poden contemplar desde o espazo. E debaixo
dese mar de plástico, brotan os tomates, as berenxenas, os pementos, os melóns,
as sandías, etc. El Ejido é a despensa de Europa. Unha balsa de auga
subterránea, atopada nos anos cincuenta do século pasado, cambiou a vida dos
habitantes desta zona. Hoxe, quen traballa nos invernadeiros son maiormente
inmigrantes, quen desempeñan un labor moi duro e que, desgraciadamente, non
sempre recibirán a recompensa económica xusta.
Camiño de Almería, na provincia de Ciudad Real, pasamos cerca do Parque Natural das Tablas de Daimiel. Os parques naturais son lugares cunhas características biolóxicas determinadas e que pretenden garantizar a protección e conservación da flora e fauna dos lugares que abarcan. Poden atoparse en calquera espazo xeográfico: mar, terra, deserto, etc...
O Parque Nacional das Tablas de Daimiel foi catalogado como tal en 1.973 e reclasificado en 1.980. Posúe un ecosistema chamado de Tablas Fluviais, formado polo desbordamento dun ou varios ríos; neste caso, o Guadiana, o Cigüela e o Záncara, entre outros. É un territorio moi llano, e isto fai que a auga non corra e forme as Tablas. É un humedal que se convertiu nunha zona integral de aves acuáticas. A súa fauna e flora son plantas e animais acuáticos.
Ademais de El Ejido, Roquetas, Almería, etc., un lugar moi importante que visitamos foi o Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar.
En Cabo de Gata |
A parte da observación directa que poidemos levar a cabo no noso paseo por diferentes lugares do parque, no Centro de Interpretación, a través dun vídeo, dos diferentes paneis e fotografías, e das amplas explicacións da persoa encargada, poidemos coñecer multitude de aspectos interesantísimos desta reserva natural.
É esta a zona máis seca do continente. As plantas que a colonizan están adaptadas a estas condicións climáticas. Existe aquí un dos complexos volcánicos máis singulares de Europa. Hai arbustos espiñosos e herbas anuais dispersos pola serra, no medio dos cales viven o raposo e a aguia-azor. A estepa litoral, as dunas e as antigas albufeiras, convertidas en salinas, son os principais ambientes naturais deste Parque.
Grupo Sénior en Almería |
A gandeiría, a agricultura, a pesca, a artesanía, a explotación das salinas e a minería, constituíron, desde sempre, o motor económico desta zona. E hoxendía convertiuse ademais, nun destino turístico moi aprezado pola súa gran beleza e valor xeolóxico.
Coma sempre, foi esta de Almería
unha viaxe moi formativa e interesante, que todos nós aproveitamos ao máximo, e
agradecemos ás persoas que no la fixeron posible."
No hay comentarios:
Publicar un comentario