Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 22 de abril de 2014

"El agua dulce". Por José Rodríguez Pérez



Alumno - Xestoso: José Rodríguez
Aula: Paderne
Título del texto: "O auga doce", "El agua dulce"

"No uso doméstico, non teño especial impresión. Na nosa casa, xa había traída cando eu nacín. Eu xa recordo sempre ter auga na casa. Na casa, quere dicir na billa do vertedeiro, que era o único punto que había auga. 

Non había cuarto de baño para bañarse, que tampouco se facía diariamente. Adoitaba ser os sábados. Quentábase auga nunha pota grande e, na bodega, no chan, que era de terra, poñiamos unha tina da roupa, que daquela eran de chapa de ferro, cun baño de zinc, e unha tabla ao lado, para poñerse un de pé. Botábase auga na tina nun cazo vello, derramábse a auga sobre o corpo a modo de ducha, con xabón da marca Lagarto.
O water era a corte ou a horta, que se lle chamaba así ao terreo que linda coa casa. Nun recuncho, normalmente protexido por uns loureiros, para ter a intimidade necesaria. Alí, ía toda a familia facer as súas necesidades. Os nenos e sobre todo os vellos, durante a noite, usaban a bacenilla, elaborada de ferro cun baño de porcelana.




Pasado o tempo, púxose un baño, e a cousa mellorou moito.

A nosa traída de auga segue sendo a mesma. Ven dunha fonte próxima, e síguese usando despois de tantos anos. A tubería de condución ata a casa houbo que cambiala, pois era de gres, e ao aparecer os tractores rompía continuamente.

Todos estes cambios fixeron mellorar moito a hixiene e a comodidade. Pero, eu penso que a cousa non está resolta, nin moito menos, pois a contaminación medioambiental empeorou bastante. Contaminamos un volumen de auga excesivo. Cada día os manantiais están máis contaminados, cando hai moitos anos, era raro que o estiveran.

Outro recordo que gardo da auga doce era o ruido que producían os goteiras do tellado ao caer sobre os cacharros que se poñían para recollelas. Sobre todo, de noite, cando te metías na cama. Ese goteo continuo e monótono, nas noites de inverno, era un pouco depresivo.

Outra cousa que recibiamos con moita ilusión era a neve. Cando, nos invernos, te levantabas pola mañá, e estaba nevado. Era unha novidade. O cambio da paisaxe, e xogar con ela. O que máis faciamos eran bolos de neve. Ao ser pendiente a aldea, empezabas facendo unha bóla, que ía rodando polos arredores abaixo, o seu propio peso aportaba máis neve, que se ía incorporando á bóla, que se ía facendo máis grande cada vez e xa non podiamos movela do pesada que se facía.

Os cristais de xeo tamén nos daban moito xogo, que se formaban nas puzas, nas noites de xeada. Cando iamos para a escola, competíamos dalgunha maneira a ver quen atopaba o máis grande.
Finalmente, quero poñer de manifesto a miña preocupación por que a auga doce limpa non poida estar ao alcance de todos os habitantes do mundo, e que tantos millóns de persoas non poidan dispoñer dela, por culpa das inxusticias e o despilfarro doutros, inncluídos nós mesmos."


Lourdes Pérez Freire, alumna sénior en un artículo sobre el agua dulce para Galicia Dixital.







No hay comentarios:

Publicar un comentario