"A UNED Sénior da Galicia Rural celebra por primeria vez o “Día do Libro”. Será mañá día 20 de abril de 2016, en Guitiriz.
Para a inmensa maioría do alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural, o libro é un gran descoñecido. En idade infantil non tivo moitas oportunidades de disfrutar del, e ó longo da vida adicouse a outros menesteres.
Pero como para aprender nunca é tarde, agora disfruta aprendendo coa vista e co oído a través das viaxes culturais e das sabias explicacións dos nosos benqueridos profesores.
Todos desexaríamos saber máis do que sabemos, pero poñerse a estudiar é outro cantar.
Lendo, dialógase cos sabios, pero ter que estudiar ten o seu prezo; por algo os estudiantes sudan para sacar boas calificacións.
Á nosa idade son moi poucas a persoas que se poñen a estudiar en serio. Nós non pertencemos a ese colectivo. Nós aprendemos doutra maneira menos comprometida e máis divertida sen que ninguén nos pida contas a remate de curso.
Hoxe en día podemos ler libros nese apartiño pequeno que chamamos móbil. Tamén en tabletas e en ordenadores.
O libro segue sendo una ferramenta moi mportante. Hai libros de tódalas materias: xeografía, literatura, medicina... de todo.
Todos teñen moitísima importancia, pero non todos son mundialmente coñecidos.
Aínda que nós non somos persoas moi ilustradas nas letras, o que si temos é a carreira da vida e damos pé para que outros escriban o que nós vivimos e tamén llelo agradecemos.
Agadecémoslles que se lembren de nós porque os labregos aínda que non saibamos moito de letras, somos os que sacamos a fame do mundo".
Extracto de un escrito de la alumna sénior Merceces Cachaza,
con motivo de la celebración del Día del Libro.
Celebración del Día del Libro
Fecha: 20 de abril de 2016
Lugar: Guitiriz
Programa: Actuaciones y lecturas dedicadas al poeta y escritor, Manuel María