Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 3 de abril de 2014

La ciudad de la la Cultura recibe a nuestros alumnos de la UNED Sénior A Coruña


La visita a la ciudad de la Cultura, ayer uno de abril, se realizó con motivo de la exposición Agua Doce, sita en las citadas instalaciones ubicadas en el Gaiás.

Crónica de la jornada contada por un alumno del programa sénior en A Coruña:


"Hoxe, día un de abril do 2.014, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados do noso profesor D. Felipe Senén López, visitamos, na Cidade da Cultura, a exposición Agua Doce. O noso profesor, durante a viaxe, xa nos foi introducindo en aspectos relativos ao tema, que nos axudaron moito á hora de comprender a marabillosa explicación que nos dou o guía.





No Gaiás, visitamos as diferentes plantas que acollen a exposición, acompañados por un guía que nos explicou, de forma moi clara e comprensible, todo o relacionado co que alí se amosa. Que só un tres por cen da auga do planeta é doce, e que só podemos aproveitar o un por cen, pois o outro dous por cen atópase nos casquetes polares. A auga é o que fai singular o noso planeta.

Na planta soto, estaba todo o relativo ás correntes subterráneas. Bitrubio, arquitecto romano, afirmaba nun dos seus libros, que, á hora de levantar unha cidade, o máis importante era o tema da auga. Detectar as correntes subterráneas. A cultura termal procede da época romana. Augas do subsolo con propiedades curativas.

Contemplamos o cadro da fonte da etena xuventude. A parte máxica da auga. Os geisers. A cloaca máxima de Roma. Un gravado de Piranesi. Un camafeo de imitación das Burgas que representa a Venus tomando o baño. Ilustracións do que Dante describe na Divina Comedia, dun autor braseleiro. Obras de enxeñería, como a gran cisterna de Estambul. Pezas de cerámica grega para levar auga.

Un espazo dedicado á cultura balnearia. Don Enrique Peinador en Mondariz xuntaba a moitos persoeiros: Dona Emilia Pardo Bazán, Castelao, etc. Os peinadores eran as moedas que se utilizaban dentro do Balneario de Mondariz.
Outra sala dedicada aos ríos principais do planeta, como o Nilo, o Nixer, en África. O Amazonas, o río máis caudaloso e máis longo do mundo. A principal reserva de auga doce do mundo. Na súa desembocadura, cabería Galicia. A súa vez, debaixo del, discorre a corrente subterránea máis grande do mundo. Todo isto é responsable da selva da superficie. O Ganxes, en cuxo delta viven oitenta millóns de persoas, etc... A carta xeométrica de Domingo Fontán. Foi tan importante que, menos as autoestradas e o Ave, toda a rede viaria galega está trazada baseándose nesta carta xeométrica.

En Europa, o Rin, o Volga, o Danubio. O Rin e o Danubio están unidos por unha canle. O Yangtse, a gran vía de Asia. O Mississipi, unha conca fundamental na historia dos Estados Unidos. Para nós, é a cuna da música americana.

A cultura da auga con estampas xaponesas, que foi importante para a arte mundial nos últimos douscentos anos, cunha gran sensibilidade pola paisaxe. Estas estampas forman parte do ocio e da educación visual dos xaponeses.



John Constable, o gran pai da paisaxe. Isto ocorre a partir do século XVIII. Pintaba os ríos, os lagos, as catedrais, sen saír de Suffolk, do seu condado.

Outro espazo dedicado ao intento do home por civilizar a auga, aos contenedores da auga. Esa idea de levar a auga canda un. A cerámica ten esa finalidade. O acueducto de Segovia, grande obra de enxeñería da época romana. As disputas pola auga. Os mapas que se levantaban para poder mediar nestas disputas. O tribunal das Augas de Valencia.

Oskar Kokoschka, pintor expresionista, autor do cadro da ponte de Waterloo. Outro cadro de Pérez Villaamil, pintor ferrolán, unha ponte na cidade de Fraga.

E, a última planta dedicada á metereoloxía, que aínda segue estando moi cerca da crenza. Prever o tempo é unha aproximación. En todas as culturas, a través de divinidades e de outros ritos, se intentaba invocar á chuvia ou o seu cese. Contemplamos obras relacionadas cos diferentes fenómenos atmosféricos. O arco da vella, de Bello Piñeiro, a neve, cadros procedentes de Austria, de Franz Sedlacek. A batalla nos Cárpatos, da primeira guerra mundial de Alfred Basel. A neve, a chuvia, o raio, de David Hockney (tres litografías).



A metereoloxía é hoxe unha ciencia. Porén, os artiluxios seguen sendo bastante arcaicos. O tempo predise coa observación a través de satélites, termómetros, barómetros, pluviómetros, etc.

Todo o proceso da auga é tan importante para nós que gastamos moito en buscala noutros planetas.
Foi moi interesante esta exposición. Só botamos de menos todo o relativo á contaminación da auga, pois disto non se nos falou nin vimos nada, e tamén como unha gran parte da poboación do mundo non ten acceso a auga potable. Tampouco aparece na exposición."



No hay comentarios:

Publicar un comentario