Alumna sénior: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Xestoso-Momán
"Se a costa Cantábrica é fermosísima toda ela, na praia das Catedrais aínda é máis. Aquí o mar e a terra bícanse debuxando unha
paisaxe inigualable, significando un lugar de encontro entre terra, mar. fauna,
flora e visitantes de todo o mundo, tódolos días do ano e desde tempos
inmemoriables.
Mercedes Cachaza |
O Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), tivo ocasión de
visitar unha vez máis esta xoia paisaxística o día 3 de xuño de 2014. Foi o seu
Coordinador, D. Luis Angel Rodríguez Patiño quen nos acompañou. A auovía
A-8 levounos ata Ribadeo polas alturas a través de diferentes viaductos que
deixabn debaixo fermosísimas paisaxes da Terra Cha que lucía o seu máis
elegante traxe primaveral combinando tódalas tonalidades de verde co amarelo
profundo das xestas no que se deleitaba
gando vacuno, gando cabalar, infinidade de bichiños pequechos observados
desde as alturas por variedade de aves propias da zona. Un ambiente idóneo para
inspirar a calquera persoa cunha mínima
sensibilidade pola nai natureza.
O noso primeiro destino foi a praia das Catedrais. O seu nome xa indica o
que a nai natureza se esmera naquel lugar. A
beleza natural do entorno impresionounos moito; o esmerado coidado da zona, así
como o número de visitantes de diferentes lugares que disfrutaban do lugar un martes
de primeiros de xuño, do ano 2014: alemáns, canarios, toledadanos, manchegos,
outros moitos extranxeiros.
As Catedrais |
Un espectáculo que a ninguén
deixa indiferente son as mareas que soben a baixan ritmicamente obedecendo á
atración existente ente a Terra e a Lúa. Algo máxico. Según figura nuns paneis
da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, as mareas móvense arredor
duns puntos nodais en sentido contrario ás agullas do reloxio . Estes puntos
que afectan á mareas galegas está situados no Atlántico norte.
Alumnos sénior |
A diferencia maxima
de altura entre a pleamar e a baixa mar pode supera-los catro metros. A
baixamar prodúcese pasadas as seis horas da pleamar. Para maior gozo do
Alumnado Sénior de Xestoso, naquel momento a marea estaba baixa e permitíunos
gozar a tope dos seus encantos.
Bordeando a costa e disfrutando da paisaxe e da
paisanaxe de privilexio da zona dirixímonos a Foz onde puidemos disfrutar dun
relaxante paseo pola beira do mar sentindo a nosa pel acariciada pola brisa mariña
que era moi suave, ó mesmo tempo que a
nosa vista se recreaba vendo o mar e os bañistas que del disfrutaban.
Abundantes
paneis informábannos da flora e da fauna da zona así como das minas de
caolín. Todo un escenaio de beleza e
riqueza que dá alegríia e benestar á zona. O segunte destino foi Burela onde se
respiraba un ambiente mariñeiro de pacífica convivencia entre nativos e
caboverdianos que lle daban unha pincelada de cor á paisanaxe urbana. Non
visitamos o barco-museo pero uns enormes paneis que decoraban o muro de
contención do mar indicábannos o ritmo de vida daquelas xentes ás que tanto
lles debemos porque nos abastecen dos ricos e nutritivos froitos do embravecido Cantábrico.
Luis A. Rodríguez, coordinador Sénior UNED A Coruña |
A paisaxe
costeira manifesta progreso e benestar coas súas casiñas unifamiliares telladas
de lousa, os seus hórreos entre glegos e asturianos , as súas casas de indianos
e a súa arquitectura relixiosa típica que eleva en oración os seus esbeltos
campanarios. Durante todo o percorrido fomos seguindo o itineraio do Ferrocarril
de Via Estreita deitado á carón do Cantábrico, algo así como o Transiberiano
Español..
A temperatura moi agradable de 21 graos e o bo ambiente entre
compañeiros xunto con todo o resto fixeron que esta viaxe fora enriquecedora
aínda que podería ser mellor se nos puidera acompañar o noso benquerido
Profesor, ó que en todo momento levamos no corazón. Agradecemos dun xeito moi
especial a dedicación do noso Coordinador nun día moi especial para el: cumpría
anos. Felicitámolo de todo corazón o mellor que soubemos, tal como se merece."
No hay comentarios:
Publicar un comentario