Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 17 de junio de 2014

María Moure Oteiza, encargada de impartir la clase de Plantas Medicinales a nuestros sénior






María Moure Oteiza


"En Galicia hai poucas evidencias da Medicina nos primeiros séculos da Era Cristiana.

Gran parte da obra inédita do Padre Sarmiento, xa no século XVIII, se atopa no mosteiro de Samos (Lugo). Interesouse moito polos usos e nomes populares das herbas. No século XX destaca nada menos que Álvaro Cunqueiro. Era fillo dun farmacéutico de Mondoñedo. Pasaba moito tempo na botica do seu pai, que lle ensinou a utilidade das herbas medicinais. As personaxes do seu libro Escola de Menciñeiros están basadas nos curandeiros que coñeceu na farmacia. Porque nas aldeas galegas sempre houbo a quen acudir para curar algún mal, normalmente se trataba de mulleres, aínda que ás veces eran homes. Recibían distintos nomes según a zona, como sabias, meigas ou curandeiros. Os médicos Lis Quibén e Pérez Hervada, por citar algúns exemplos, publicaron libros sobre a Medicina popular galega. Hoxe hai libros, como o de Rigueiro Rodríguez e tres autores mais, titulado: “Guía de plantas medicinais de Galicia”, que, ademais das súas propiedades farmacolóxicas, tamén cita algúns usos populares das plantas.

O meu interés polas herbas medicinais débese a varias causas; o meu abó Xesús e á súa farmacia, o meu interés pola Natureza e distintos traballos de investigación previos ó do Caurel.

Sobro do Caurel; é unha serra do SE de Galicia, perto dos Ancares e do Cebreiro. É unha comarca formada por moitas aldeíñas. Ten unha variedade de herbas, unha riqueza botánica espectacular. Pola situación que ten, en parte recibe influencia do Norte de Europa (herbas e árbores atlánticos, como faias ou teixos) e en parte, do lado de Quiroga, recibe influencia do Sur (herbas e árbores que se dan na España mediterránea, como aciñeiras, sobreiras ou érvedos). Casi a metade de toda a Flora de Galicia está representada no Caurel, en menos do 5 % da superficie total galega.

Percorrín toda a serra, sempre que podía, a pé, facendo entrevistas á xente. En total vivín alí dous anos. Non houbo curruncho do Caurel que non conocera, nin aldeíña que non visitara, por agochada que estuvera. Eu alí son "María das Herbas" pra todos eles. Son persoas maravillosas, encantadoras, que me axudaron moito. E me siguen axudando. Nunca lles estarei agradecida dabondo por todo o que contribuíro nó libro que estou escribindo. Porque ó final decidín plasmar nun libro toda esa riqueza, tan interesante e tan bonita, pois si non se recolle, ese legado pérdese pra sempre, por transmitirse de forma oral.

Aplicacións xerais das herbas e a súa omparación cos usos no Caurel.

A dominación romana trouxo o uso terapéutico das herbas e das augas medicinais (Baños de Lugo e Ourense). Os musulmáns apenas deixaron á súa pegada. Pero despois do descubrimento da tumba do apóstol Santiago, no primeiro tercio do século IX, naceron os distintos camiños de Santiago, que viñan dende toda Europa. Así xurdiron os mosteiros, albergues e hospitais de axuda ós peregrinos. Temos como exemplos Cebreiro e Portomarín, os mosteiros benedictinos (Samos, Santiago) e os cistercienses (Sobrado, Oseira). Nos grandes mosteiros galegos os monxes coñecían as propiedades das herbas medicinais, como as depurativas, balsámicas ou sedantes. Fabricaban bálsamos, xarabes e ungüentos. Trataban moitos tipos de doenzas, como as fracturas ou as enfermedades do aparato dixestivo, respiratorio, nervioso...

María Moure y Luis Ángel Rodríguez Patiño

Mostras secas:

1- Celidoña (ceruda no Caurel, celidonia en castelán) /Zumo marelo fresco: En xeral, úsase nas aldeas pras verrugas e pros callos. No Caurel, tamén pras feridas. Os libros din que non se debe usar porque é tóxica.

2- Cereixas de corriola (Caurel, froito do Tamus communis L.): Corriolas é como se lles chama no Caurel ás enredadeiras. Alí dábanse fregas das boliñas vermellas (outono) maceradas en alcohol ou augardente pro reuma e pras pulmonías, porque queiman e fan entrar en calor. E así temos comentarios como: “planta mui calurosa, mete calorías” ou “é igual que si tuveras lume no corpo”. Os libros non falan delas.

3- Fiuncho (fiollo no Caurel, hinojo en castelán)/ Infusión da rama: En xeral e no Caurel úsase coma dixestivo e pros gases. En moitos sitios de Galicia bótase a cocer cas castañas polo seu cheiro a anís.

4- Llantén (Herba de Sete Costas no Caurel): Chámanna así polas nerviacións que se distinguen nas follas. En xeral e no Caurel: a auga de coce-las usábase pra úlcera de estómago e pra botala nas feridas e inflamacións, porque desinfecta.

5- Malva (follas e raíz): En xeral e no Caurel: a auga de coce-las tomábas e pra facer anda-lo vientre e botábase pra ablandar granos e bultos.

6- Néveda /Infusión das follas: en Bergantiños e noutros sitios de Galicia bótase na auga de coce-las castañas. Uso medicinal: dixestiva, como a manzanilla. No Caurel, ademais, en tortilla pras lombrices dos nenos e pros dolores de parto.

7- Ombligo de Venus (capelexo no Caurel)/ follas en verde machacadas ou quitándolle a teliña de fora: En xeral e no Caurel: feridas (coma cicatrizante) e pros granos e bultos, pra ablandalos.

8-Seoane (dedalera en castelán): a herba que ten máis nomes en Galicia: Estalote (Bergantiños)/ estoupón, estoupalló, entre outros, no Caurel: Nunca se debe usar na casa, pois a folla ten un dos tónicos cardíacos mais potentes que hai.

Momento de la clase


Mostras amosadas en fotos:

1- Hipérico (Pericón no Caurel, Herba de San Xoan) Auga de coce-la rama: Din que cura o corpo e a alma: Pro corpo: feridas e queimaduras. Pra alma: pra depresión, pra dormir e pros nervios en xeral. No Caurel pro reuma, poñían fomentos con panos quentes onde doía.

2- Ruda/rama: Aínda que se usaba en moitas aldeas de España, os libros din que é mui tóxica. No Caurel: "A ruda todo-los males cura". Por dentro: a infusión pro dolor de barriga das mulleres. Por fora: o aceite de freíla: pro dolor de oídos e de moas. En moitos sitios de España din que escorrenta o mal de ollo.

3- Sabugueiro (saúco en castelán): Os libros din que toma-la infusión das frores é boa pro catarro e tamén botala nas inflamacións. No Caurel tómase pro catarro e facíase o viño de sabugueiro (exprimindo ou cocendo as boliñas maduras) pra botar nas feridas e nos ollos malos. Ten significado máxico no Caurel e no resto de Galicia e de España: no Caurel, usábase pro mal de ollo (cruces nas portas) e pro ramo de San Xoan, como veremos. Alí a unha vaca mala se lle facía cruces cunha variña de sabugueiro por riba e polos lados pra que curase.

4- Xanzá (Genciana): é a planta raíña do Caurel. Alí usaban a auga de coce-la raíz pra todo e hoxe en día aínda a teñen na casa. Por dentro: pra tensión, pra pulmonía, pra fiebre…Por fora: pra botar nas feridas e mazados, pro dolor de moas,…Os libros din que só é boa pra abri-lo apetito, é decir, que é unha herba aperitiva, porque é mui amarga.


Ritos do San Xoan:

Ramo de San Xoan (nas portas e fiestras das casas). No Caurel: ramos de sabane, xesta, sabugueiro…”Pra escorrenta-las meigas”.

Pra lavar a cara a mañán de San Xoan: fiuncho, rosas, menta (varios tipos), romeiro e, en xeral, calquera herba aromática. Póñense á aserenar ó ar libre nunha palangana da noite pra mañán."

No hay comentarios:

Publicar un comentario