Los séniores de la UNED-A Coruña

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Lembranzas. Recuerdos. Por José Freire


José Freire, alumno del Programa Sénior A Coruña, nos cuenta cómo era la vida de antes; sus recuerdos y añoranzas. Texto relativo a las actividades que se realizan en torno a "La vida de antes".

"Fun pouco a escola. Tiña que traballar. Fun a escola de "Ferrado", non fun a escola pública. De pequeno pasei moitos traballos, éramos oito irmáns. Iba a coidar as vacas e tamén apañaba estrume para estrar as cortes das vacas. Ós 18 anos botéime ó trato do gando; comprar e vender vacas.
Traballei de canteiro; picábanse a pedras para facer as paredes das casas, labrábanse as madeiras para facer os tellados. Tamén fun ás segas. Levaba unha cuadrilla de xente de 5 homes e 6 mulleres, e necesariamente tiñan que ser parexas para o traballo; os homes segaban, e as mulleres ataban o trigo. Unha muller que iba na cuadrilla a maiores era a que amarraba o trigo de xefe. Tamén traballei de poceiro.

Cando se necesitaba un médico, había que buscalo. Chamábase D. Ángel Pasarín. Un día, quixen prender o motor dunha máquina de mallar e soltouse a manivela. Abrín a cabeza e quen me curou foi o Dr. Pasarín, primeiro cuns puntos e logo unha pomada. Foi suficiente.
A roupa que poñíamos era a que facía unha costureira que viña a casa. Era roupa de sair; ir a unha festa ou a un enterro. A outra roupa, a que non era de sair, arreglábama a miña nai, e cando rompía, remendábase.
Nas festas, se querías bailar cunha moza, tiñas que pedir baile. Se estaba bailando con outra parella, ó mellor non dicía que sí, ou non quería bailar contigo. Tamén íbase as casas das mozas, petábase na porta e estabas a falar alí con elas.
Nas festas, levábamos fochos e pachucos; unha presa de palla de centeo, apretábase ben toda xunta, amarrada prendía fume. Todo iso para andar polos camiños e os carreiros e chegar á festa".


No hay comentarios:

Publicar un comentario