Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 15 de septiembre de 2014

Inaugurado el curso 2014/2015


El jueves 11 de septiembre, tuvo lugar el acto de Inauguración de curso de la UNED Sénior A Coruña. En esta ocasión el lugar elegido fue Monfero y tal como nos relata Merceces Cachaza, alumna del Aula de Paderne: "la felicidad invadió el encuentro entre alumnos, profesores y miembros colaboradores del Programa". El alcalde de Monfero, la directora de la UNED A Coruña Susana Blanco, el profesor e historiador Felipe Senén López Gómez y Luis Angel Rodríguez Patiño, su coordinador, fueron los responsables de dar paso, de forma oficial, al curso que ya comienza.


Imágenes del acto de Inauguración de Curso 2014/2015
"Desde sempre, os séniors foron madrugadores. Neste caso tamén madrugaron para proceder á inauguración do curso 2014-15 na Uned Sénior de Xestoso, adscrita á UNED de A Coruña.

Nesta ocasión tocáballe ó Concello de Monfero na provincia de A Coruña correr coa organización; e fíxoo moi ben no pavillón deportivo do C.P.I. “Virxe da Cela", un lugar de encontro de nenos, adolescentes e séniors, moitos deles encadeados por lazos de sangue. Tamén estabamos alí algunhas persoas que noutrora exercemos alí mesmo a docencia por eso as vibracións eran para nós moi familiares e entrañabes.
Un lugar onde conflúen moitas enerxías positivas, e por eso nos encontramos moi cómodos arroupados polas autoridades académicas e políticas coordinadas polo propio coordinador da Uned Sénior de Xestoso, Luis Angel Rodríguez Patiño. Ademais do coordinador, interviñeron o alcalde da localidade Benjamin, a directora da UNED en A Coruña, Susana Blanco e o profesor Felipe Senén López Gómez.

O coordinador mostrouse moi orgulloso do alumnado tan peculiar que ten esta UNED Sénior, creada por inicitiva súa; que se ben é certo que lle dá moitos quebradeiros de cabeza, tamén é ben certo que as satisfaccións supéranos con creces. Por eso segue ó pé do canón loitando co mesmo entusasmo do primeiro día para seguir ampliando o radio de acción tanto no medio rural como no urbano.

Cedeulle a palabra ó alcade de Monfero quen nos deu unha lección sobre o comportamento neuronal do cerebro dos séniors e mostrouse contento por vernos dispostos a conservalo no mellor estado posible. Tampouco podía faltar a intervención do profesor de Histoira de Galícia da UNED Sénior de Xestoso, Felipe Senén López Gómez que aínda estaba entusiasmado pola recepción da “navalla de Manuel María” uns días antes.

A contInuación, tomou a palabra a directora da UNED que non está menos orgullosa da creación desta Univesidade Sénior neste momento no que ela está comezando xa o terceiro mandato como Directora desta institución académica en A Coruña: Unha experiencia piloto que xa leva seis anos en marcha e que pode ser unha semente que dea bos froitos tamén noutras provincias onde a UNED está implantada. Tamén acompañaba a diretora do C.P.I “Virxe da Cela” e as autoridades políticas dos concellos onde está presente a UNED Sénior de Xestoso. Todo un exemplar logro de coordinación entre todos.

Para ammeniza-la celebración, o Alumnado da clase de Música interpretou en primeiro lugar o himno da UNED de Xestoso, composto polo propio alumnado, seguido de tres actuacións musicais; que deron paso a un exquisito xantar de confraternidade servido por unha empresa do lugar.

Varias actuacións musicais a cargo do alumnado de Música puxeron o broche de ouro; quedando oficialmente inaugurado o curso 2014-15 que comezaremos no vindeiro mes de outubro. Ademais da inauguración, tivo lugar o reencontro despois das vacacións estivais e sentímonos todos moi felices de poder vernos e abrazarnos de novo.

Todo esto grazas á UNED Sénior de Xestoso. ¡Que non cansen as forzas de tódalas persoas que facemos posible esta original idea! ¡Por moitos anos!"

Texto: Mercedes Cachaza Platas
Alumna Aula: Paderne

No hay comentarios:

Publicar un comentario