Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 29 de septiembre de 2014

Lembranzas. Recuerdos. Por Erundina Souto




"Eu empecei a escola con seis anos. Tiña que camiñar medio kilómetro para ir e mesmo para voltar a miña casa. Acudía a escola cando me manbaban porque non podía ir tódolos días, tiña que axudar na casa coas vacas e coas ovellas. Recordo un día que estaba facendo os exercicios, en nese momento caeu unha zoca no chan e fixo un pouco de ruido. A mestra enfadouse e fíxome levantar, ir a un lado, sacar as zocas e deixalas alí. Tiven que estar sentada descalza. Daquela había que estudar o Catecismo de memoria. As miñas compañeiras e eu sempre nos esquecíamos, e a mestra castigábanos sen comer.
Cando fun máis maior tiña que traballar na casa. Carretar a auga para os animáis e para a casa. Había que ir ó río por ela e a traía nunha sella na cabeza. Ós 15 anos axudaba a muxir as vacas que daquela se muxían a man. Teño ido apañar a herba no medio do trigo e facíamos feixes para darlles ós animais. Tamén cando era tempo de apañar o trigo, segabámolo, recollíamolo e poñíamolo en feixes, despois viñan as máquinas a mallalo.
Eu padecín moito das amígdalas e poñíanme inxeccións de penincilina. Facía gárgaras con auga, sal e limón pero non me gustaba nadiña. De tan grandes que tiña as amígdalas, o médico pensou que tiña difteria, acordou que tiña que ir á farmacia e pedir o tratamento dela pero na botica confundíronse e déronme inxeccións para o tétano.
Cando tiñamos catarro e para prevenilo, íase á leira dos nabos, e collíase unha cabeza grande, quitábase todo o que tiña dentro, enchíase de zucre e con iso, tomábamos una cullerada tódolos días. Tamén se dicía que a flor do toxo era boa para o fígado e a visícula. Antes coas flores se facían infusións."

No hay comentarios:

Publicar un comentario