Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 25 de febrero de 2016

"La vida de antes", por Amelia Beceiro







"Chámome Amelia Beceiro Fernández. Nacín un 23 de xullo do ano 1936 no lugar da Ponte da Pedra, en Vilachá, Monfero.

Meus pais foron moi traballadores e chamábanse Manuel e María. Meu pai era ferreiro. Facía case todo tipo de bisagras para portais, arreglaba as rodas dos carros; rodas de madeira recubertas dun aro de ferro que se iba gastando de moito usar; poñíalles outro aro novo. Facía tamén arados, fouciños e outras cousas.

Tamén tíñamos vacas e terras con millo, patacas...Eu axudaba a miña nai no que podía. 

Cando chegou o tempo de ir para a escola, a miña nai preparábame, lavábame, vestíame e poñíame as zocas de madeira, que era o calzado que se utilizaba daquela. Íbamos moitos nenos xuntos. 


Había un mestre para os nenos e outro para as nenas. Os mestres eran moi bos, pero as veces, daban cunha vara de madeira nas máns.

Cando salín da escola fun aprender a coser cunha rapaza que se chamaba Ramona. Íbamos coser polas casas, levando a máquina na cabeza con zocas polos camiños. 

Despois aprendín a calcetar e tiven unha máquina de tricotar. Facía vestidos, faldas, xerseis... 

Tamén tiña tempo para ir ás festas, eso sí, a pé, non había coches.

Casei e seguín consendo e calcetando. Tiven nenas aprendendo. Eu ensináballes.

Tiven dous fillos moi bos, un chámase Javier e outro Francisco. quéremne moito".


Amelia Beceiro Fernández
Alumna sénior UNED A Coruña 

No hay comentarios:

Publicar un comentario