"Ao longo da historia da humanidade as persoas fomos perfecionando as técnicas de cultivo e o aproveitamento dos recursos para obter alimentos de xeito sostido no tempo e no territorio.
Desde mediados do século XX, esa experiencia acumulada foi prácticamente substituída por outras técnicas que significaban unha grande cantidade de producción de alimentos, concentrada en explotacións de tipo industrial e dependente do petróleo e das multinacionais a nivel mundial.
Máis, en moi pouco tempo, ditas técnicas evidenciaron ser pouco sostibeis, xa que se produciron mermas importantes de recursos básicos como a auga, a fertilidade dos solos, as sementes…. ademáis de non solucionarse a fame no mundo.
A finais do mesmo século XX xurdiron movementos e voces en todo o mundo que, ademáis de denunciar a insostibilidade e as consecuencias para o futuro do planeta e da humanidade desas prácticas, puxeron en valor os saberes labregos como coñecemento universal e científico de técnicas para recuperar a alimentación como un dereito das persoas que ademais non pode acabar co resto do planeta: xurdeu o que coñecemos como agroecoloxía, na súa dimensión non só de coñecementos de técnicas de agricultura ecolóxica, senón tamén na dimensión máis humana, máis da economía das persoas, da sostibilidade ambiental e social…
Na nosa terra, Galicia, o coñecemento, a valoración e a recuperación de saberes labregos arredor das hortas faísenos imprescindible para poder tamén recuperar a sostibilidade social, económica, ambiental, cultural…do noso territorio.
Hai moitas persoas empeñadas nesta tarefa e neste curso trataremos de contribuir nela, recollendo ademáis dito coñecemento para compartilo".
Mª. do Carme Freire Cruces
Labrega e enxeira agrícola
Obxetivos do curso:
1. Recopilación e plantación na horta de Toxosoutos, sede da UNED Sénior da Coruña en Lousame, de variedades de hortalizas da comarca, coa finalidade de transmitir coñecemento e formar a novas persoas.
2. Elaboración de material escrito e fotográfico para o inicio dunha publicación colectiva da UNED Sénior, “Saberes e Sabores”.
3. Inicio dun "Diccionario Comarcal Labrego".
Requisitos previos
Ter ganas de compartir saberes.
Ter ganas de participar nos obxetivos do curso.
Ter ganas de participar nos obxetivos do curso.
Contidos teórico-prácticos:
- Nocións de Botánica na hora.
- Plantación e coidados das diferentes hortalizas.
- Plantas silvestres aproveitables.
- Plantas medicinais e aromáticas das nosas horas.
- Plagas na horta.
- Enfermedades na horta.
- Elaborados e preparados para a saude na horta.
- Elaborados e preparados da nosa horta para a saude humana.
- A horta de primaveira.
- Repoducion de hortalizas de variedades da comarca.
- Xestionar a auga na horta. Regos.
Metodoloxía:
Xunguindo tres aspectos para:
Xunguindo tres aspectos para:
- Procurar que afloren os saberes e as experiencias individuais que todas as persoas temos acumuladas.
- Compartir ese coñecemento individual e poñe-lo a disposición colectiva.
- Valorar e decatarnos de que así foi como até os días de hoxe se foron transmitindo saberes científicos e populares, rescatando a idea de universalidade da Universidade.
Técnica de aprendidaxe:
1. SESIÓNS EN AULA-HORTAS da comarca, pertencentes ao alumnado e/ou á veciñanza, nas que vaiamos desbrozando o programa e os obxetivos.
2. VISITAS A HORTAS E PROXECTOS VITAIS DA COMARCA, de persoas que non sendo alumnado sí estean dispostas a compartir con outras persoas dúbidas, respostas posíbeis e experiencias.
3. CHARLAS/MESAS REDONDAS CON PERSOAS, que nos amplíen as nosas dúbidas ou nos abran camiños de saber.
4. GRABACIÓNS/FOTOGRAFIAS/BLOG de todo o que facemos, para poder ir elaborando as publicacións colectivas obxetivo do curso.
5. INVESTIGACIÓN E COLABORACIÓN, con outras persoas, entidades e organismos que teñan feito traballos no mesmo senso do curso.
Imparte:
Mª. do Carme Freire Cruces. Labrega e enxeñeira agrícola.
Horario:
Martes, en horario de mañán ou tarde, a acordar co alumnado.
Duración:
14 semanas, de marzo a xuño.
Locais:
Aulas e hortas do Mosteiro de Toxosoutos de Lousame.
Aulas e hortas do Mosteiro de Toxosoutos de Lousame.
Hortas do alumnado do curso.
Hortas doutras persoas da comarca. Bibiografía:
AUBERT, Claude. EL HUERTO BIOLÓGICO. Ed. Integral. Barcelona. 1997.
BUENO, Mariano. EL HUERTO FAMILIAR ECOLÓGICO. Ed. Integral. Barcelona. 2006.
BUENO, Mariano e outro. AGENDA DEL HUERTO Y EL JARDIN ECOLÓGICOS. Ed. Integral. Barcelona. 2004
CORDEIRO, Xesús e outros. A NOSA HORTA. Ed. Xerais. Vigo.1998
GROS, Michel. LUNARIO 2014. Ed. Artús Porta Manresa. Tarragona. 2013
LEFRANCOIS, Sandra e outras. PLANTAS COMPAÑERAS EN EL HUERTO ECOLÓGICO. Ed. La Fertilidad de la Tierra.
NUÑEZ RAJOY, A. (Coordenador). APUNTES DE HORTICULTURA. Ed. Consellería de Agricultura. SEA. Santiago. 1996
POULIQUEN, Xan. HORTA ECOLÓXICA NA GALIZA. Bahía Edicións. A Coruña. 2005
ROSELLÓ, J. i oltra. CÓMO OBTENER TUS PROPIAS SEMILLAS. Ed. La Fertilidad de la Tierra. Tafalla. 2002.
SEYMOUR, John. LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE. Ed. Blume. Montmeló. 1996
STRAWBRIDGE, Dick e James. LA GUIA COMPLETA PARA UNA VIDA AUTOSUFICIENTE. TÉCNICAS TRADICIONALES Y ÚLTIMOS AVANCES. Ed. Blume. Barcelona. 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario