Los séniores de la UNED-A Coruña

miércoles, 24 de febrero de 2016

"La vida de antes", por Mª. del Carmen Rodríguez Bañobre




"Empecei a ir coas vacas desde ós 6 anos. Ós 12 xa levaba conmigo a roca e o "fuso" para fiar a lá: facía os calcetíns para todos os da casa.

Con 14 anos andaba nos traballos maiores: segar, sachar ou andar nas fías. De día traballábamos e de noite xuntábamonos nunha casa, un día para unha; otro para outra, para preparar a lá; facer a tiras para as colchas de trapos. Usábamos trapos vellos, ou preparar o fíos do liño.

A elaboración do liño é moi laboriosa. Seméntase no mes de abril. Ás tres semanas hai que quitarlle as herbas malas, hay que ir sentada encima del para aplastar a terra ben. Ás nove semanas mírase que a semente estea amarela para arrancalo, despois disponse en manoxos e arrástrase pola ripa, que é unha tabla pequena que ten dentes e arranca a semente. Esta bagaña ou semente, ponse nun rincón no cuarto dous ou tres días remexéndoa de cando en vez para que non quenza porque se non, pudre. Despois pode secarse ao sol, e críbase para quitarlle a casca, es así quedar limpa.



O liño ponse en lotes pequenos, lávase no río, onde fai unha poza e métese dentro dela, poñéndolle pedras encima para que non saia da auga. Ten que quedar completamente cuberto para que lle pudra a casca. Estar alí metido vinte e un días. O casco duro vai por dentro, é coma unha caña, por fora vai a fibra que é o propio liño.

Logo desto hai que poñelo ao sol e estendelo finiño para que se seque, soía poñerse donde se segaba o trigo porque as pallas que quedaban levantábano e secábase mellor.

Unha vez seco colócase en manoxos pequenos, contrapeado (mitade da raíz vai hacia un lado e a outra hacia o outro lado) e átase pola metade co propio liño.

Aproveitase cando se coce o pan, e despois de sacalo, meténse os manoxos de liño no forno ata o día seguinte. Entón amazótase, entre catro trablas e outras tres que son as que a oprimen, hai que ter en coidado para que non se rompa a fibra, primeiro ponse ó largo e despois un pouco ó través, ata quitarlle o cascarón.


Máis tarde ponse cada manoxo en forma de ovillo e deixase ata que se volva a cocer. Despois de sacar os bolos, vólvese a meter no forno durante todo o día. Despois táscase nunha tabla de pé, que se coloca nun banco, movendo o liño para quede ben limpo. Este traballo facíase polas noites e reuníanse todos as veciñas, cada unha na súa casa.

Logo hai que ripalo no restrelo, que é un peine de clavos de ferro, ó contrario da ripla que ten dentes de madeira para quitarlle a semente. Despois fíase na roca e no fuso, ensalibando todo o fío para que quede encerado, e ponse xa en madeixas para o seu uso na costura.

Despois as madeixas hai que cocelas no pote. Por dentro do pote métese todo o seu redor e no fondo da palla de trigo para que non se queime, se se lle engade outra palla, tenxe o liño. Enxabónanse moi ben con auga e cócense un día enteiro. Unha vez cocido o liño é moi resistente, pero se non se coce rompe moi fácilmente. E despois de todos estos pasos, xa está preparado para usalo.

É un traballo moi excravo ó que lle hai que adicar tempo. Aínda hoxe conservo na casa liñaza para sementar, pero non teño ganas de voltar repetir ese pesado traballo. Xa estou xubilada, a disfrutar!!"


Mª. del Carmen Rodríguez Bañobre
Alumna sénior UNED A Coruña








No hay comentarios:

Publicar un comentario