"Eu cando era pequena viñen a esta escola de Momán. Tiña que camiñar de dous a cinco kilómetros ata a miña casa e voltar. Empecei cando tiña seis anos. A mestra chamábase Dona. Luisa. No mediodía íamos comer a casa, o resto do tempo estábamos na casa e axudaba a pastar as vacas para facer a labranza. Daquela usábamos zocas e polo mediodía os veciños facíamos xuntanzas para xogar un pouco.Sacaba auga dun pozo cun cubo e axudaba a partir leña e carretala. Eu axudei ós meus pais en todo ó que podía.De pequena tiven a tos ferina e tiven que ir a un médico As Pontes. Non me lembro do tratamento que tiven que tomar, o que sei é que o médico díxolles ós meus pais que me sacaran a tomar a sombra ós pinares porque era moi bo. O sol facíame moito mal. Muxía unha vaca e con ese leite empapaban unha sábana branca na que me envolvían, e así, o día seguinte estaba curada.Cando me cortaba iba a coller follas de malva e había que pasalas polo lume e aplastalas nas mans para que estiveran ben blandas e poñelas enriba da ferida. Envolvíase nun trapo para que parase de sangrar. Tamén recordo que para baixar o zucre, collían follas de nogueira e facíase infusión".
martes, 7 de octubre de 2014
Lembranzas. Recuerdos. Por Mari Cruz Paz
Etiquetas:
Crónicas,
Lembranzas,
Recuerdos,
UNED A Coruña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
PRECIOSA HISTORIA DE VIDA DE LEMBRANZAS.sodesÚNICOS seguide escribindo esto é cultura popular compartida.Gracias,alumna da UNED de EDUCACIÓN SOCIAL.Flor lópez.
ResponderEliminar