Los séniores de la UNED-A Coruña

viernes, 24 de octubre de 2014

Lembranzas. Recuerdos. Por Secundino López


"Dos comezos da Parroquia de Momán"



"Teño oído ao meu avó, que llo contara outro veciño máis vello. Como comenzou a parroquia de Momán. Empezou con seis casas e chegou a doce. Segundo conta un libro que hai na Biblioteca de Santiago, e figura como o lugar máis antigo Poupariña e Otro.

Alí estaba a primeira igrexa, a Capela de Acibeiro, hoxe en día non queda nada en pé. Tampouco se sabe o ano de construcción, aínda que no archivo da igrexa parroquial hai documentos onde constan que posiblemente fose feita no ano 1600. Posiblemente estivese inscrito nunha pedra que habían no Campo da Feira, na casa de Ricardo. A pedra estaba escrita, pero un cura de aquí, Don Alfonso Pampín, non chegou a saber que era o que poñía, agora esa pedra desapareceu.

Cóntase que facían a procesión desde o lugar de Acibeiro ata a casa de CasBouza cerca de onde está hoxe a igrexa parroquial, de San Mamede de Momán. Debe de haber uns tres quilómetros de distancia. durante un largo período de tempo, de noite aparecía o Santo no lugar onde está hoxe a igrexa. Eso era porque a algún lle interesaba ter alá a igrexa e recurría a esta estratexia para facer coma se fose un milagro, o final fíxose ahí a igrexa, porque Acibeiro, estaba moi lonxe e queríana tracer cerca de onde vivían todos os veciños e por eso recurriron a ese "milagre".

Os santos que había eran moi antigos e non se conserva ningún poque vendeunos o cura, incluso a Cruz parroquial, que era fea pero de moito valor. 
San Bartolomeu tiña o demo preso por unhas cadeas e estaba de pés. Enriba del tiña un coitelo moi grande. San Mamede tiña a roupa corta, á altura do xeonllo e a Virxe dos Dolores un corazón moi grande con sete espadas. Os de agora fixéronse a imitación dos antigos, pero moito máis airosos e modernos.

As procesións facíanse descalzos e de xeonllos, para que se cumprisen as promesas que tiñan prometido.

Calquera domingo do ano os parroquianos levaban ofrendas en forma de productos da casa: queixo, lacón, uñas, ovos, pitas, conexos... era unha ofrenda ós animais. O final da misa o sacritán facía as poxas: poñíase un prezo de salida e íbase subindo ata que chegaba un momento que o precio máis algo levaba a peza, os cartos recaudadados ían para o peto do cura...algunhas veces, cando lle interesaba, tamén poxaba."


No hay comentarios:

Publicar un comentario