"Nacín en Guitiriz, parroquia de Villares. Empecei na escola con seis anos porque estaba cerca da casa. Era cousa de rapazas. Cando tiña oito anos cambiaron a escola de sitio, non lonxe da casa de forma que podía comer nela. Tiven dúas mestras. Primeiramente ensinaban as letras, as vocais, e logo, ensinaron a escribir.
Ós rapaces que empezaban novos, dábanlle os cachos das pizarras que se rompían, cando empezaban o caderno, tiñan un tinteiro para mollar a pluma, que se cambiaba "o cabillo" que era a punta da pluma, unida ó mando pola calza.
Gustábame leer e escribir.
Éramos moitos nenos na escola e tiveron que facer máis escolas.
Había tres graos, cando chegabas ó terceiro, xa sabías moito.
Miña nai ensinoume a ler nuns libros que se chamaban "Guía" e os "Mosaicos" eran libros de cartas moi antigos.
Na casa botábase o liño. Eu iba mondar as herbas e tamén axudaba a arrincalo. Despois o ripaban e en feixes levábano ó río cunhas pedras enriba para que non se escapara.
Logo de nove días sacábase e poñíase nun prado a clareo uns días. Logo distribuíase en manoxos pequenos e mazábase logo de restregalo para sacarlle a casca.
Tiña que quedar solto coma o cabelo. Entón fiábase e facíanse "meas" ou madeixas.
Co liño facíanse prendas de vestir: camisas, chaquetas, saias de candil, mandilóns, etc. As colchas eran de trapo e facíanse no tear.
O xantar era sempre o mesmo: caldo e leite; leite e caldo. Polas festas había carne. Os xamóns, los lacóns e a cachola do porco iban ás feiras para cacer unhas pesetas. Cando se facía unha tortilla, distribuíase en racións, cada un comía o que lle tocaba. A tortilla facíase con poucos ovos, había que botar fariña de millo para que ligara."
Sara Calvo
Alumna sénior UNED A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario