Los séniores de la UNED-A Coruña

viernes, 11 de marzo de 2016

Los séniores de la UNED A Coruña, siempre con la mujer




El pasado 8 de marzo, los séniores de la UNED A Coruña, como viene siendo habitual en los últimos años, se reunieron para conmemorar el Día Internacional de la Mujer Trabajadora. Fecha elegida para emponderar el papel de la mujer en pro de la igualdad de derechos frente al hombre.

Los alumnos más expertos de esta Universidad, en el encuentro que tuvo lugar en las habituales instalaciones en el Ayuntamiento de Paderne, rindieron su especial homenaje a la mujer con lecturas, cantos, música y baile. Una llamada a la humanidad para reconocer los derechos del 52% de la población mundial.






Mercedes Cachaza Platas, habitual plumilla y cronista en este colectivo, quiso reflejar con sus palabras, el sentir de todos los alumnos un día tan especial.





Mercedes Cachaza
"Desde que chegou o ser humano a este mundo, chegou sexuado con ámbolos dous xéneros: femenino e masculino. Así debía de ser para perpetuar a especie, complementándose mutuamente.

Foron pasando moitos días, moitos anos, moitos séculos e ata milenios, nos que a muller pasou tan silenciosamente pola historia que non contaba estadísticamente, non tiña dereito a votar, estaba subordinada ó marido, non estaba legalmente capacitada para administra-los seus bens, etc, etc.

Tiveron que pasar cousas moi fortes para que se fixera pública a súa existencia e aínda é hoxe o día que queda moito por facer. Pero pasiño a pasiño vaise abrindo camiño con moito esforzo grazas ó seu tesón, á súa valentía e ás súas enormes ganas de ser unha persoa con automía e liberdade.

E tamén –por que non dicilo- ó sentido común de moitos homes que teñen moi clara a dignidade da muller como ser humano que é. As Nacións Unidas tamén se fan eco desta situación e intentan poñer remedio a tantas e tantas inxustizas que discriminan en sentido negativo a máis da metade da humanidade.

En moitos países e para moitas persoas, o Día Internacinal da Muller, aínda é un día como outro calquera. Non pensa outro tanto o Alumnado da UNED Sénior da Galicia rural.

Este Alumnado integrado por persoas de ámbolos dous sexos, leva moitos anos loitando por eliminar esta lacra que tantos sufrimento inxustificado leva causado.

Alumno durante la lectura

Por eso nos reunimos cada ano –presididos polos noso coordinador don Luis Ángel Rodríguez Patiño- para manifestar unha vez máis as nosas queixas neste sentido poñendo en común as aportacións que temos ó noso alcance. Nesta ocasión reunímonos en Paderne para homenaxear á muller con lecturas, cantos, música e baile: solidarizándonos con tódalas mulleres que tanto sofren inxustamente por discriminación de xénero.

Desde estas liñas, facemos unha chamada á toda a Humanidade para que entre todos sexamos capaces de recoñecer os dereitos do cincuenta e dous por cento da poboación mundial.

Levamos ás nosas casas esta mensaxe e tamén queremos transmitila a cantas persoas teñan algo que aportar ó repecto, principalmente ás autoridades civís e relixiosas para que tomen as medidas necesarias que eliminen males tan graves como:
  • A explotación sexual de nenas e mulleres.
  • A falta de liberdade para todas aquelas mulleres sometidas a calquera tipo de escravitude en calquiera lugar de mundo. 
  • O analfabetismo feminino.
  • O impedimento a postos de responsabilidade por razón de xénero.
  • Os atrancos que pon a Igrexa Católica para o acceso da muller á carreira eclesiástica.
  • A discriminación salarial en relación co varón en moitos postos de traballoo no mundo laboral privado
  • O aillamento ó que se ven sometidas as mulleres en moitas culturas.

Solicitamos urxentemente a quen corresponda p
ara que as mulleres poidan acceder a postos de responsabilidade según as súa preparación e capacidades sen discriminación por razón de xénero. Para que as mulleres sexan tratadas con respeto e consideración en tódolos campos da vida, como persoas que son.

Resumindo: para que homes e mulleres, mulleres e homes poidamos convivir en paz disfrutando desta vida en boa compañía. Por eso confiamos que este día pase á historia canto antes para ben de toda a humanidade. Será un signo de auténtica madurez humana. Mentras non se cumpra, seguiremos insistindo. Qué remedio!"

Alumna: Mercedes Cachaza Platas
UNED Sénior A Coruña



No hay comentarios:

Publicar un comentario