"O
meu nome é Emilio Vidal González. Un humilde agricultor nacido no
concello de Aranga, concretamente nunha pequena aldea chamada O Couce,
na parroquia de Cambás.
Imagen: Pixabay |
Cando
eu nacín, acolá polo ano 1942, non estábamos nos mellores anos do
franquismo, era época de miserias que os da miña idade recordábamos
aínda hoxe.
Como
quen di, nacín traballando. Fun á escola aproximadamente ata os 12 anos
para aprender o básico. Cando chegaba da escola comía algo e xa me
poñía a traballar, iba ós toxos para estrar as cuadras dos animais, coas
vacas para o monte ou collía o arado e as vacas e alá me iba arar as
terras.
Como
éramos sete irmáns, todos tíñamos que colaborar e buscamos a vida para
poder comer. Por iso, con dezaseis anos empecei a traballar de canteiro e
aínda que non me gustaba moito, polo menos gañaba algo. Logo, con
dezaoito anos, fixen o servizo militar en Ferrol, e inmediatamente ó
acabar, fun deses tantos galegos emigrantes. Galegos con morriña
dispostos a deixar a terra en busca dunha vida mellor. Estiven dous anos
en Suiza, traballando nunha fábrica de vidro.
Imagen:Pixabay |
Á
volta caseime e quedeime na casa con meus pais para traballar
definitivamente na agricultura. Esperábame unha vida dura; de motio
traballo e chea de disgustos; pensando que iba a ser peor, por que hoxe
en día fan as máquinas todo, Cando antes éramos nos os que facíamos o
traballo duro como cavar os montes e moitas outras cosas."
No hay comentarios:
Publicar un comentario