"Hoxe, día 28 de abril, os alumnos e alumnas da UNED Sénior de Xestoso, acompañados polo noso profesor, Felipe Senén López, fixemos unha viaxe a Pontevedra, para visitar o pazo e a finca de Lourizán, e o Santuario de San Benitiño de Lérez.
Imagen: Tourgalicia |
Chegando ás terras do Salnés, Felipe falounos desta rica comarca, regada polo río Umia, terra do Albariño e do tinto Espadeiro, próxima a Pontevedra. Ao fondo, o monte Lobeira, ao lado de Vilagarcía. Cerca o pazo Baión, onde as “nais coraxe” conseguiron que contratasen a rapaces afectados pola lacra da droga, para traballar nos seus viñedos.
Xa, chegando á capital, outro espazo, a Illa das esculturas; algunha de Paco Leiro. Unha braña inundada polo río Lérez, que o concello de Pontevedra dedica á arte das esculturas, cun labirinto de pedra, un bosque de árbores de pedra, bancos de pedra con poemas labrados en varios idiomas. Porto Santo, coa casa de Colón.
Foi esta da ría de Pontevedra unha zona moi rica no pasado: ameixas, berberechos, ostras, etc. Pero, nos anos sesenta, montouse aquí a celulosa. Se tan sequera se fixera o ciclo completo, coa correspondente fábrica de papel... Á dereita, o colexio de Placeres, do Sagrado Corazón. O porto de Marín. De aquí parten mercadorías para todo o mundo. Antigamente, había un tranvía desde Pontevedra a Marín, que era case como un barrio da capital
Xa, chegando á capital, outro espazo, a Illa das esculturas; algunha de Paco Leiro. Unha braña inundada polo río Lérez, que o concello de Pontevedra dedica á arte das esculturas, cun labirinto de pedra, un bosque de árbores de pedra, bancos de pedra con poemas labrados en varios idiomas. Porto Santo, coa casa de Colón.
Foi esta da ría de Pontevedra unha zona moi rica no pasado: ameixas, berberechos, ostras, etc. Pero, nos anos sesenta, montouse aquí a celulosa. Se tan sequera se fixera o ciclo completo, coa correspondente fábrica de papel... Á dereita, o colexio de Placeres, do Sagrado Corazón. O porto de Marín. De aquí parten mercadorías para todo o mundo. Antigamente, había un tranvía desde Pontevedra a Marín, que era case como un barrio da capital
|
Chegamos a Lourizán, pazo e finca que foi do ministro Montero Ríos. E, antes de iniciar un paseo polos xardíns e aledaños do palacio, Felipe fíxonos unha introdución xeral, tanto do antigo propietario, como de todo o relativo a este fermoso lugar. Así, explicounos que Montero Ríos nacera en Santiago, no 1.832, onde se lincenciou en dereito, e morreu en Madrid no 1.914. Foi un importantísimo xurista e político galego, partidario da separación entre Igrexa e Estado, mesmo defensor do matrimonio civil. E buscou este lugar de Lourizán para vir descansar no verán. Unha finca de cincuenta e catro hectáreas, dedicadas a xardín e arboredo, con especies exóticas, como algún cedro, álamos, secuoias, palmeiras raíñas, magnolias, camelios, fentos arbóreos, rododendros, etc. E tamén especies autóctonas, como carballos, castiñeiros, bidueiros, faias, abeleiras, laranxeiras, limoeiros, olivos, vides, etc.
Pois, nesta finca, no século XV, xa existía unha granxa. Logo, no Século XIX, foi adquirida por Eugenio Montero Ríos, cun fermoso pazo, ao estilo francés, e que a convertiu na súa residencia de verán. Unha gran mansión, con amplísimas dependencias, onde se reunía a elite da sociedade daquel tempo. Nos seus salóns, negociouse o tratado de París. É unha edificación de estilo modernista, que foi deseñada polo arquitecto Genaro de la Fuente, discípulo de Antonio Palacios. Edificio asentado nun solar ben ubicado, nunha especie de anfiteatro, que mira á ría de Pontevedra. É digna de mención a ampla escaleira de pedra, da fachada principal. Grandes ventanais. Estatuas de mármol de Carrara, que imitan ás da antigüidade clásica, mesmo a algunha de Miguel Ángel. Dentro, fermosísimos zócalos e artesonados de madeira. Nalgún tempo, pinturas de Ovidio Murguía formaron parte da súa decoración. Pérgola feita en ferro fundido, tomando modelos de París, cunha gran mesa de pedra, debaixo dos vellos magnolios. Esta é a época dos quinqués, das lampadas de cristal veneciano. Algúns dos seus mobles están no museo de Pontevedra.
Despois desta ampla introdución, iniciamos o percorrido polo xardín, e Felipe foinos explicando todo ó noso paso. Un fermosísimo invernadeiro de ferro e cristal, que a algúns de nós recordounos os de Kew Gardens, nas aforas de Londres. O hórreo, de pedra, de estilo pontevedrés, de oito estallas. A eira, a palleira, o paseo de magnolias. As cisternas, con conducións tipo túnel, para recoller a auga. Un observatorio metereolóxico. Chan moi fértil, cunha climatoloxía excelente. As diferentes fontes históricas, a da cuncha, a dos tres canos, co lavadeiro, a dos espellos, adornada con vidros de colores. Rocallas con pedra e formigón, imbricado na natureza. Isto é unha característica do Romanticismo. A porta de entrada ao xardín fundida en París.
Imagen: Tourgalicia |
Esta finca, hoxendía, pertence á Consellería de Medio Ambiente, que, xunto coa Universidade de Santiago, levan a cabo traballos de investigación sobre especies forestais e tamén se atopa aquí a escola de capataces forestais.
Un lugar paradisíaco, mirando á ría de Pontevedra, pero co puñal da Celulosa cravado na fronte. E o deterioro do seu fermoso pazo, que parece que non lle importa a ningunha das institucións que o rexentan. U-los fondos para restauralo? Non estarán enterrados na Cidade da Cultura? Se isto fose, por exemplo, Escocia, estaría ben coidado, cobrarían por visitalo e habería unha tenda á saída. Reflexionamos todos, coa axuda do noso profesor.
Finalmente, fomos rezar (algúns) a San Benitiño de Lérez, onde poidemos contemplar a imaxe auténtica a través dunha reixa. Un mosteiro edificado no ano mil setecentos. Por aquí pasaron o Padre Sarmiento e o Padre Feixó. Situado nunha zona alta, desde onde se contempla moi ben o río Lérez, a liña do ferrocarril. Ao fondo, a Illa das esculturas. A igrexa posúe un claustro do século XV. Pero, existen restos máis antigos, en pedras incrustadas na parede. Fachada simple, de finais do Barroco, que se aproxima ao Neoclásico. Detrás do monte, Campolameiro.
Como sempre, un privilexio poder viaxar e aprender con Felipe Senén."
Crónica escrita por un alumno sénior UNED A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario