Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 3 de noviembre de 2014

Crónica de un nuevo destino: Almería y Granada









Mercedes Cachaza

Alumna sénior: Mercedes Cachaza Platas

Aula: Paderne

UNED Sénior A Coruña




"Do vinte ó vintecatro de outubro de 2014, a Uned Sénior de Xestoso, acompañada polo seu coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, fixo unha viaxe a terras de Almería e Granada.

O primeiro día cruzamos España de norte a sur, comprobando unha vez máis a variedade da súa paisaxe e dos seus medios de vida ben diferentes, que fan de España un país medianamente rico e variado. Unha vez ben instalados nun cómodo hotel de catro estrelas, puidemos descansar para emprende-la viaxe cara a Almería aquela tarde; onde tivemos dúas horas para visitala por libre.

Ó día seguinte collemos cara a Granada pola estrada do interior cruzando vales e montañas escarpadas do Sistema Penibético, coa Serra Nevada ó fondo; chegando a Granada ó mediodía.

Despois de xantar con bocadillos que nos prepararan no hotel, pasamos a visita-los xardíns da Alhambra que estaban divinos nun día de sol radiante, onde tivemos ocasión de facer algunhas fotos. Había –como é habitual- multitude de visitantes que gozaban e disfrutaban daquela marabillosa paisaxe.

Nós fixemos unha visita rápida sen saber moi ben a que se debía tanta présa cando na entrada tiñamos catro horas para a visita que podería ser gozosa e descansada para o alumnado da Sénior de Xestoso, pois había abundancia de sombras e bancos para deleitarse ante tanta marabilla. Pero a verdade é que ó cabo dunha hora xa estaba fóra a maioría e por non facela esperar, unha minoría abreviamos a visita.

Acto seguido emprendémo-la viaxe de retorno sen que nos deran a oportunidade de facer, aínda que tan só fora unha curta visita panorámica á cidade de Granada. Facer tantos quilómetros para gozar tan pouco dunha cidade tan histórica como Granada, fíxosenos moi pouco a moitos.

Imágenes del viaje



Na viaxe de volta leváronnos pola costa onde nos cansamos de ver mar de plástico da infinidade de invernadoiros a unha banda, en contraste co Mediterráneo pola outra.
Na axenda do día seguinte houbo variedade de gustos, aínda que a maioría foi ó famoso Parque Temático e descubriu algúns trucos das películas do Oeste que se rodan alí. Resultoulles divertido para moitos que incluso foron protagonistas de según que escenas. Outro grupo dirixiuse a Almería porque quería gozar dunha capital pequena pero con historia, visitando detidamente a Alcazaba e a zona centro observando a mistura de xentes e culturas que por alí habitaron, habitan e circulan.

Con esto deuse por rematada a programación para esta viaxe, retomando o camiño de volta ó día seguinte con moito cansancio no corpo, pero co convencemento de que non hai terra nin xente como a nosa.
Se esto servira para mellora-la autoestima do alumnado da Uned Sénior de Xestoso, xa tería un obxectivo cumprido. Aparte está a convivencia moi cordial, respírase bo compañeirismo. Outro obxectivo conseguido.

Todo esto, grazas a cantos facemos posible estas experiencias, porque aquí, todos somos importantes. Sen a colaboración de todos e cada un, esto non sería posible."

No hay comentarios:

Publicar un comentario