"A Uned Sénior de Xestoso, presidida polo seu coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, celebrou o 19 de novembro de 2014, un acto máis contra a violencia de xénero. ¿Por qué se fai este acto de repulsa contra a violencia de xénero? Pois porque a violencia está á orde do día, e as mulleres que a padecen tamén.
Alumna: Mercedes Cachaza PlatasUned Sénior A CoruñaAula: Paderne
Son mulleres relegadas a un segundo plano.
En certa medida neste mundo dirixido –que non construído- maioritariamente por homes; a inmensa maioría das mulleres estamos máis ou menos relegadas a un segundo plano. Aínda que pareza mentira, estamos discriminadas dende o mesmo momento que vemos a luz; no mundo cristián xa dende o momento que nos inscriben no libro do rexistro, estamos excluídas para ocupar postos de responsabilidade na Igrexa Católica. E no momento de contraer matrimonio canónico tamén se fai discriminación a favor do home. E aínda hai máis, se o matriminio vai mal é máis que difícil anular un matrimonio canónico.
Ultimamente vimos observando que cada vez hai menos matrimonios canónicos.
Desde a Uned Sénior de Xestoso facémonos preguntas como estas:Por que será? Non estarán damasiado dormidos os Pais da Santa Igrexa Católica? Non estarán demasiado agarrados ó poder? Gustaralle este xeito de proceder ó seu Fundador? Non foi una vergonza mundial o espectáculo que vimos moitos de nós cando se consagrou o Altar da Sagrada Familia en Barcelona mirando como aquelas monxas facían de mulleres da limpeza do altar mentres os varóns miraban complacidos?
Menos mal que o Papa Francisco está dando pasos noutro sentido. Él sabe que a Igrexa está necesitada de cambios urxentes.
Pero no Rexistro Civil pasa tres cuartos do mesmo: escaso número de mulleres teñen a oportunidade de acceder a postos directivos por teren que dedicar boa parte da súa vida á maternidade e ó fogar. Tamén son moitas as que se ven privadas dun traballo por conta allea polas mesmas razóns e, moitas das que o conseguen vense despedidas á volta dun permiso por maternidade.
Nin que a maternidade fora delito.
Cando comprenderán os lexisladores a súa importancia? Donde están os dereitos humanos das mulleres e da familia?
Está claro que algo falla no cerebro dos dirixentes que permiten este tipo de inxustizas contra a muller e tamén contra a sociedade en xeral. Afortunadamente, nos traballos públicos esta discriminación hoxe en día non existe.O funcionariado ten os mesmos deberes e dereitos para os mesmos postos.
Como pode observarse, a muller en liñas xerais está relegada a un segundo plano en moitos aspectos da vida cotiá. A violencia coas mulleres exercese de moitas maneiras.
Que pena! Pero cada día son máis as mulleres que conseguen ocupar o posto que lles corresponde grazas ó seu tesón e ó acceso á educación. Os libros son as mellores armas contra o atraso e a discriminación. Grazas ós libros xa se están dando pasos importantes, pero aínda queda moito por facer.
Imaxínanse que cambio daría o mundo se soubéramos valorarnos como persoas diferentes pero igualmente dignas? Imaxínnanse canto melloraría a humanidade se cada quen ocupara o posto para o que está capacitado indistintamente do xénero ó que pertencera? Imaxínanse o que melloraría o noso páis envellentado se houbera una verdadeira atención á maternidade e á familia? E… Qué dicir cando moitas mulleres e algún home se ven privadas da propia vida despois de sufrir un longo calvario?
Esas persoas están na cúspide da pirámide da violencia.
Pero existen outras moitas inxustizas que non saen á luz pública pero que necesitan enmendarse canto antes, empezando por una educación axeitada no fogar.
Na Uned Sénior de Xestoso somos conscientes desta situación, e por eso dedicamos este día a reflexionar sobre esta lacra social para que desapareza canto antes. Afortunadamente entre nós non existe ningún tipo de discriminación. Somos persoas o suficientmente maduras para sabérmonos respetar e convivir pacificamente. Estamos hoxe aquí para solidarizármonos coas mulleres relegadas a un segundo plano para que alcancen canto antes a súa emancipación como seres humanos que son.
Chegado ese día, poderase dicir que o mundo ten calidade humana porque estará verdadeiramente humanizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario