Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 27 de noviembre de 2017

Fina Calvo, alumna sénior, reflexiona en torno a la violencia machista





Josefina Calvo Sánchez
"Boas tardes a todos.

Dende a fundación desta gran familia que é a UNED Sénior da Coruña, agora espallada por todo o medio rural, vimos reivindicando este día con todo o noso pesar. Esta lacra machista que penso que cada ano está a aumentar. É inxusto e incríble que os nosos gobernantes non sexan quen de parala cun castigo exemplar, demostrando a todos que a vida só Deus no la debe quitar.

Que máis ten que pasar para que se tomen medidas para parar esta sin razón que a tanta xente lle rompe o corazón? Moi preto daquí, arriba de Bandoxa, na aldea de Rodeiro, un pai matou ó seu fillo só por vingarse da sua ex. Eu coñezo ós seus pais, son xente encantadora e pregúntanse: “Cómo o noso fillo puido facer iso? Matar o seu propio fillo, o noso neto”.

E que fan os pais nun caso deses? Quedan destrozados para toda unha vida. A tristura de non voltar a ver o seu neto, ó que estaban esperando cheos de ledicia cando ía a visitalos. Ó que voltarán a ver é ó seu fillo, pero que van sentir cando o miren? Rabia, impotencia, indignación... Pero é o seu fillo, ó que trouxeron ó mundo e criaron con cariño e con todo o seu amor e agora vense nesta triste situación.

E a nai dese meniño, con traballo bó e fixo, traballando cara ó publico, e que aínda hoxe é o día que non pode exercer? Despois de todo iso a vida xa se acabou coa morte do seu fillo. Os avós, unha nai e o resto da familia, destrozados para toda unha vida. Qué lle pasa á humanidade? Cada pouco atentados en calquera parte do mundo. Non se respeta a ninguén, nin á xente nin ás leis, cada un vai ó seu aire, coma agora os cataláns que queren sair de España.

É importante na vida e algo fundamental estudiar unha carreira, ir á universidade, pero iso non abonda, se non hai humanidade. Non hai carreira máis valiosa por máis custosa que sexa, nin que axude tanto á xente que ter un bó corazón, ser unha boa persoa, axudar a todo aquel que precise a nosa axuda sen pedirlle nada a cambio nin mirar a sua raza nin tampouco a sua cor, porque dentro do seu peito tamén ten un corazón, e se é boa persoa non fai falla outra razón.

En tódolos atentados, que por desgracia tamén están a aumentar, hai xente que non pensa na sua vida, só pensa en axudar. Sacan terra e cascallos coas suas propias mans e síntense orgullosos se poden salvar a alguén. Esa é a carreira máis importante da vida de toda persoa que teña un bó corazón.

Hai desastres naturais que a maior parte deles son causados pola man do home que tanto quere saber e coa natureza non se pode competir, porque é máis sabia que a man de ningún home, por moitas carreiras que teña, por iso se revela contra a humanidade, demostrando que ninguén pode máis ca ela.

Por iso algunha carreira debería estar prohibida. Que estudien para mellorar o mundo mais non para o empeorar. Estudiar para ir á lúa... Que se lles perde alí? Están a corromper a atmosfera e así aumentan os terremotos, os volcáns e riadas e así morre tanta xente e outra queda desgraciada. Sin casas nin comida, vendo como os seus fillos morren de fame.

E o máis triste de todo, os que desaparecen, que nin as suas familias os poden soterrar nin saber onde foron parar. Este mundo está corrupto, só conta o poder, os cartos o egoismo e a maldade. Se o veciño ten un bo coche o meu a ser mellor aínda que na casa o pase peor, porque hai que aparentar.

Por iso todos nós, os do concello de Paderne e tódolos que se queiran unir a nós, loitaremos xuntos pola igualdade, o compañeirismo, a amizade e comprometémonos a educar os nosos fillos e netos na igualade, no respecto e no cariño para que eles algún día vexan un mundo máis unido.

Debemos aprender do noso coordinador Don Luís, que se enfronta a quen sexa. Dí a misa na estrada e axuda moito ó rural, que se non fora a UNED a meirande parte de nós non nos coñeceríamos nin formaríamos esta gran familia que vai aumentando por todo o medio rural e cada curso que comeza recoñecemos que é estupenda e fenomenal.

Por iso todos unidos seguiremos loitando pola igualdade, a tolerancia e a boa amizade e porque esta gran familia que somos os da UNED siga aumentado. Con saúde e moita alegría agradecer a tódalas persoas que están colaborando pra que esta fermosa labor que creou Don Luís, xa hai algúns anos, siga aumentando".



 Texto: Josefina Calvo. Alumna Sénior





No hay comentarios:

Publicar un comentario