Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 19 de diciembre de 2013

El Centro Asociado UNED A Coruña le desea Felices Fiestas






Los sénior de A Coruña felicitan la Navidad



Desamos que tengáis unas muy felices Navidades un Próspero 2014.




Visita a Lugo. "As Penas de Rodas" y Belén de Begonte


El martes diecisiete de diciembre, los séniores de A Coruña visitaron las "Penas de Rodas", construcción de piedra de origen romano ubicadas en el municipio lucense de Outeiro de Rei. Lugar cargado de simbolismo y leyendas que no deja indiferente a propios y extraños. La especial ubicación de los elementos y su disposición, han llevado a estudiosos a formular múltiples hipótesis sobre su constucción.





Los sénior admirando As Penas de Rodas

Imagen del grupo delante de la construcción



Nuestros séniores visitaron también el Belén que el municipio de Begonte, en la provincia de Lugo. Visita obligada cada año por estas fechas. Los encargados de elaborar esta obra de arte navideña no dejan nada al azar. Cada año renuevan creatividad colocando piezas diferentes, de forma que cada visita es una experiencia única.


Belén de Begonte


Crónica de la visita a Rodas y Begonte en palabras de uno de los alumnos sénior:

"O día dezasete de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor D. Felipe Senén López, realizamos unha viaxe para visitar as Penas das Rodas e o Belén de Begonte. 

De camiño,  pasando á altura de San Alberte, unha paraxe moi bonita,  o noso profesor comentounos que a este santuario tamén foi levado o seu amigo e poeta Manuel María, a quen o santo lle debeu protexer dunha maneira especial, pois, no futuro, falaría moito e ben. Máis adiante, tamén se nos mencionou ao escultor Víctor Corral. 

Antes das Penas das Rodas, cruzamos o río Ladra, afluente do Miño. A súa beira, está a casa-restaurante dun emigrante, coleccionista de radios. Posúe un interesante museo destes aparatos. Pasamos polas aldeas de Román e Gayoso, terras de moi bos canteiros. Nós poidemos apreciar algunhas das súas obras: casas, algunhas caleadas e outras repicadas, panteóns e fermosos  cruceiros. As Penas das Rodas son dúas grandes pedras de granito, esféricas, en equilibrio sobre dúas rochas, unha ao lado da outra, labradas pola Natureza. Segundo a lenda, unha das penas ten ouro, símbolo da riqueza, e a outra alquitrán. Nunha rocha do lado, hai un poema de Manuel María alusivo a estas pedras:
           
            (...)
            Non sodes, non, cantería,
            ouh penas de encantamento
            ¡Temo que calquera día
            vos poida levar o vento
                       
  
Investigacións  recientes descubriron que, no solsticio de verán,  os raios de sol que pasan entre as pedras coincide cunhas marcas, e chegouse á conclusión que é un Círculo Lítico, Círculo Lítico de Donalbai. Estudiosos da Deputación de Lugo realizan unhas rutas pola zona, explicando a teoría das Penas de Rodas.
  
Máis tarde, visitamos o Belén de Begonte, un dos máis famosos de Galicia. O noso profesor explicounos que a tradición dos Beléns foi traída por San Francisco. Sobre o ano 1.200, veu de peregrino a Santiago, e a el se deben os beléns e as viacrucis. Outro belén moi famoso é o de Ourense, que é obra de Arturo Baltar.
  
O Belén de Begonte nace no Nadal de 1.972, creado por D. José Domínguez Guizán, párroco de Begonte (que tamén foi párroco de Xestoso), ao lado de quen estaba José Rodríguez Varela, alma mater do belén. As figuras en animación representan escenas da vida diaria, mezcladas con reproducións da arquitectura popular galega, e todo con efectos sonoros e luminosos. No ano 1.976, amplíase a superficie e o número e tamaño das figuras. 

Cada ano, o Belén é visitado por unas corenta mil persoas. A exposición do Belén compleméntase con outras manifestacións culturais moi interesantes, como exposicións de pintura, fotografías, cerámica, etc. 

Como sempre, foi unha viaxe moi interesante, e nós estamos moi agradecidos a quen nos dá a oportunidade de vivir estas experiencias."



Visita a Madrid y Toledo



El pasado 12 de diciembre los sénior de A Coruña visitaron Madrid y Toledo en colaboración con el Ayuntamiento de Monfero:



En la capital de España pudieron disfrutar del barrio de Moncloa, allí ver el edificio del Ejército del Aire, Princesa, Preciados, Alcalá,  la Gran Vía Madrileña y el Museo del Prado.  Edificios como el del Banco de España, Cuartel General del Ejército, Puerta de Alcalá, Museo Thyssen, Ministerio de Sanidad o Agricultura, Fuentes de Cibeles o Neptuno o la misma estación de Atocha.

La villa de Madrid con todo su esplendor y magnitud.

Plaza de Oriente, Teatro Real, Palacio Real, Catedral de Santa María de la Almudena la Puerta de Sol.

Ya en Toledo pudieron admirar, una vez traspasado el acceso obligado por la Puerta Nueva de la Bisagra, la Casa Museo del Greco, San Juan de los Reyes, La Catedral, el Alcázar o el puente de San Martín.

Algunas de las fotografías del viaje:








Leer crónica completa del viaje que una de las alumnas sénior ha tenido la amabilidad de redactar:


"Era o día 12 do mes 12 do ano 2013 cando o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña),  acompañado polo seu Coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño, se dirixía o centro do Reino de España para visitar Madrid e Toledo. En canto nos adentramos na real vila de Madrid, xa divisamos á nosa esquereda o edificio que alberga a UNED, onde cada un de nós ten alí a súa ficha académica.

Conforme ía avanzando o noso autobús aparecían diante dos nosos ollos lugares tan significativos como “A Moncloa” e o Exército do Aire, para adentrarnos xa no centro disfrutando de todo canto vían os nosos ollos polas diferentes  rúas: Princesa,  Gran Via, Preciados, Alcalá, Paseo del Prado, Avenida Cidade de Barcelona, pasando a introducirnos na M-30 que vai dirección a Andalucía e Toledo; pero nós quedámonos en Pinto onde nos agardaban para hospedarnos comodamente.

O que máis nos chamou a atención ó cruzar Madrid, foi a  arquitectura de edificios tan emblemáticos como o Banco de España, o Cuartel Xeral do Exército, a Porta de Alcalá que divisamos ó lonxe, o museo Tysen, o Ministerio de Sanidade, o Ministe rio de Agricultura, as fontes de Cibeles e Neptuno, a Estación de Atocha que nos trouxo á mente tristes recordos e a continuación  o Parque de Enrique Tierno Galván, aquel alcalde madrileño tan querido pola súa sencillez e entrega ós madrileños.

Cadrounos de cruzar Madrid nunha hora punta na que os  escolares de tódals idades saían dos seus respectivos colexios e dábanlle vida e alegría xuvenil á cidade.

Chegamos a Pinto ás seis da tarde cunha temperatura bastante agradable de 12º e un  cálido recibimento no hotel que tiñamos reservado.


Ó día seginte tocaba visitar Madrid.  

O autubús deixounos no parking da Praza de Oriente e ó saír á superfície o primeiro que vimos foi o legado dos Austrias: a Praza de Oriente e os  edificios emblemáticos do entorno. 
Esta praza estaba sumamente animada, posiblemente máis que noutro día claquera porque o Teatro Real ofrecía unha programación especial para os nenos de Madrid. Era todo un auténtico formigueiro de nenos de tódalas idades. 

Respirábse alegría e vitalidade.

O Pazo Real ou Pazo de Oriente, que é a residencia da Súa Maxestade o Rei  para cerimonias de estado. A súa construcción remóntase ó século IX cando o reino musulmán de Toledo quixo construír unha edificación defensiva que despois usaron os reis de Castela. Sufriu un incendio no ano 1734 e foi no reinado do rei Felipe V cando se construiu en pedra e ladrillo, desde 1738 ata 1755, para establecerse alí o rei Carlos III no ano 1764. Todo el é un conxunto histórico-artístico de primeira magnitude pero entre a súas dependencias destaca  O Salón do Trono.

Detrás do Pazo está o xardín do Campo do Moro que data do reinado de Felipe II e nel atópase a Real Armería. A onde se poden encontrar desde armas mediaevais ata as de Carlos V e Felipe II.


A Catedral de Santa Máría Real da Almudena, (Patrona de Madrid) construída entre os século XIX-XX en tres estilos arquitectónicos: neoclásico polo exterior, neogótico por dentro e neorrománico na cripta. Foi consagrada por Xoán Paulo II o día 15 de xuño de 1993. Ten a orientación norte-sur polo feito de formar parte da estructura arquitectónica do  Palacio Real.

O Teatro Real, que é o teatro de ópera de Madrid, considerado o máis importante non só de España senón tamén de Europa. Esta situado fronte ó Palacio Real na praza de Oriente. Inaugurouse en 1850. Está considerado como ben de interese cultural do Patrimonio Histórico Español coa categoría de Monumento Histórico, publicado no BOE con data 3 de setembro de 1993.

A Porta do Sol  foi onde fixemos unha pausa para contemplar o Km 0 das estradas radiais de España. Pero o seu edificio máis destacado é a Casa de Correos que logo foi sé da Dirección Xeral de Seguridade e na actualideade é a sé do goberno da Comunidade Autónoma de Madrid que está vixiado pola estatua ecuestre de Carlos III, o “Rei Alcalde”.

Neste edificio atópase o famosos reloxio das badaladas de fin de ano. O que foi construído e doado por José Rodríguez de Losada, no século XIX. Concluimos a visita pola rúa Arenal para dirixírmonos ó autobús que nos recollería para levarnos ó hotel.

Pola tarde tocaba visitar Toledo.

Entramos pola Porta Nova de Bisagra construída en tempos do emperador Carlos V quen decidiu a remodelación do Alcázar e máis quixo que a cidade tivera unha fermosa porta de acceso á mesma.

Pero Toledo ten outras portas: Porta do Sol construído na época do Arzobispo Tenorio (1335-1399), considerada como a máis formosa do Mudéxar español: un bo exemplo de harmonía e fortaleza, Porta do Cambrón ou Porta dos Xudíos que a  partir do século XII daba acceso ó populoso arrabalde  de Xudería Toledana. Ten unha bela imaxe de Santa Leocadia, mártir e  patrona da cidade.

Entre os seus monumentos destacan: San Xoan dos Reis, que mandaron construír os REIS CATÓLICOS, como templo votivo e panteón real. É de estilo gótico inspirado no mudéxar local. A Casa Museo do Greco, aínda que se sabe que o Greco vivíu no Palacio do Marqués de Villena situado no que hoxe é o paseo do Tránsito e casas colindantes. O que hoxe coñecemos como Casa do Greco, eran os pazos do Tesoureiro do rei D. Pedro que pasaron despois a mans da duquesa Dona Aldonza de Mendoza, duquesa de Arjona

A Catedral de estilo gótico. Ten unha planta das máis amplas da Cristiandade: 120 m de largo por 60  m de ancho e 33 m de altura na nave maior. No oco da base da Torre mocha existe unha capela mozárabe que foi a sala Capitular ata que o cardenal Cisneros, mandou construír a actual e en 1504 destinouna ó culto conforme ó venerable rito hispano. Na corpo central do altar está o óculo que comunica a luz ó Sagrario, rodeándoo os catro arcanxos cos seus respectivos atributos: Rafael, Gabriel, Miguel e Uriel. Na sacristía e salas anexas conta conha riqueza pictórica de incalculable valor: o tesouro catedralicio. O retábulo maior é unha auténtica preciosidade formada por 15 grandes grupos escultóricos feitos en madeira de alerce ou lárice  dos piñeirais de Ávila.

Non podemos esquecer outro datos de interese como son O Enterro do Conde Orgaz, notario maior de Castela, nobre de estirpe toledana que faleceu em 1323 despois de levar unha vida piadosa e facer xenerosas doazóns a institucións relixiosas. Conta a lenda que os asistentes ó enterro contemplaron como baixaban do ceo Santo  Agustín e Santo Esteban  que colleron o cadáver e colocárono na tumba mentres se oían unhas palabras que dicían:

“TAL GALARDÓN RECIBE, QUIEN A DIOS Y A SUS SANTOS SIRVE”

Esta obra cumbre da pintura é Patrimonio da Humanidade.

A Ponte de Alcántara,  de orixe romana, conservada polos visigodos, escenario de distintas loitas para reducir os rebeldes toledanos,  reconstruída por ABD-RAHMAN III ata que o efecto das contunuas choivas  durante catro meses seguidos no ano 1257, aconsellou que ALFONSO X “O SABIO”, mandara reparala e refrozala. No 1961 rescatouse  porta do centro; as outras foron demolidas para face-la estrada en 1864.

A Ponte de San Martín que data de antigo, quedando en ruinas no ano 1203 ata que o arcebispo Tenorio levou a cabo a súa consolidación no ano 1368, pero cando estaban cerrando o arco central, decatáronse que non tiña solidez e houbo que volver a facela a instancias de muller do arquitecto; unha decidida muller modelo de esposas que salvou a honra e o prestixio do seu marido.

Outros museos: o de Santa Cruz o de Talavera. E o Alcázar cos seus museos, que foi utilizado polos romanos como Pretorio reedificado polo rei Afonso VI cando conquisotu a cidade;  pero foi o rei toledano Alfonso X “ O Sabio” quen no século XIII levantou a fachada do este cos seus torreóns que aínda subsisten. Nunha das súas estancias subetrráneas estivo Dona Branca, infortunada esposa de Pedro I “O Cruel”

En realidade foi Carlos V quen o convertiu en Pazo Real; pero cando se trasladou a Corte a Madrid, serviu de aloxamento a personaxes rexios. En 1810, os franceses incéndiarono ó remata-la Guerra da Independencia. En 1846 establécese alí a Academia de Infantería e no ano 1936, coa Guerra Civil Española, quedou mutilado.

Hoxe en día conserva os tristes recordos do asedio. Unha colección de Arma branca coa evolución desde o coitelo de sílex ata as famosas espadas de aceiro toledano. Outra colección de armas de fogo desde os inicios da pólvra ata as modernas armas automáticas. Unha mostra de trofeos, recordos e uniformes da nosa presenza en África. Obxectos históricos e unha extensa colección de medallas.

Na viaxe de retorno poidemos contemplar de novo: a Estación de Atocha, os Museo do Prado, as fontes de Cibeles e Neptuno, o animado que estaba ao Paseo de La Castellana, a Biblioteca Nacional, a Praza de Colón, escenario de recentes acontecementos de relevancia, o Museo de Cera, a Embaixada do Parlamento Europeo ben vixiada cos cámaras de seguridade, o Museo das Ciencias que ten unha cúpula que me lembrou a nosa Casa das Ciencas na Coruña, o paseo de La Habana, e o estadio Bernabeu que lle subiu o tono a alguns.

Rematámo-la visita cun paseo polo parque do Retiro de tempos de Felipe IV que nun principìo estaba cheo de palacetes para recreo da realeza; pero a guerra de Independencia e máis tarde a Guerra Civil, acabaron cos palacios e pasou a uso do pobo. Nel pódese disfrutar dos seus amplos paseos onde os madrileños e visitantes, poden tomar un respiro, do estanque, da estatua do Anxo Caído, da Casa das Vacas hoxe coñecida como Pazo Velázquez, do Pazo de Cristal e da súa rosaleda.

Este é un breve repaso de que puidemos observar nunha viaxe curta no tempo pero ben aproveitada. Ademais dos coñecementos adqueridos, é de destacar o compañeirismo, a harmonía e a correcta conducta do alumnado da Uned Sénior de Xestoso que sabe estar onde queira que sexa.


Así dá gusto. ¡Grazas á  Uned Sénior da Galicia Rural na Coruña"





jueves, 12 de diciembre de 2013

La alcaldesa de Melide recibe a los alumnos del programa Sénior de la UNED-A Coruña




El martes 10 de diciembre, la alcaldesa de Melide Ángeles Vázquez recibió a los alumnos Sénior de A Coruña, capitaneados por su coordinador, Luis Ángel Rodríguez y por el profesor del programa,  Felipe Senén.

El acto oficial tuvo lugar en el salón de sesiones del Ayuntamiento y fue abierto por su regidora que recordó a los presentes la situación geográfica de Melide como centro estratégico de cruce de caminos y su papel en el Camino de Santiago. Vázquez priorizó en su exposición las necesidades y bienestar de los melidenses y se mostró abierta a proyectos que mejoren la vida de sus conciudadanos.


Acto de recepción oficial en el Salón de Sesiones del Ayuntamiento de Melide


El coordinador de la UNED Sénior en A Coruña, Luis Ángel, apuntó la posibilidad de crear un Aula y potenciar así los recursos humanos de Melide y mencionó la buena disposión que la directora del centro asociado, Susana Blanco, mantiene en este proyecto.

Felipe Senén, ofreció a todos los presentes una exposición de la historia del lugar remontándo el relato al rey Alfonso VII.

Para cerrar el turno de intervenciones, el propio alumnado sénior no quiso perder la ocasión para confesar los muchos beneficios que reporta este programa para cada uno en particular y para el rural gallego, en general.

Finalizada la recepción oficial, el grupo se traslado al Museo Terras de Melide donde tuvieron la oportunidad de disfrutar de la exposición activa en las instalaciones: pinturas murales, sarcófagos funerarios del siglo XV, capileles medievales, o una gran colección de monedas y relojes, entre otros objetos expuestos.




El grupo Sénior de A Coruña a la entrada del Ayuntamiento de Melide


Sin duda un acto donde se aunaron sinergias y donde el futuro, estuvo muy presente con ese proyecto de Aula Sénior.

¡Enhorabuena!.


Acceder a la noticia del Ayuntamiento de Melide  aquí.

martes, 10 de diciembre de 2013

Diario de Ferrol sigue de cerca a los sénior




La publicación comenta la entrega de diplomas a varios alumnos de la Sénior que participaron en el programa de "Cuidador de dependientes a domicilio". El encargado de hacer la entrega fue Tomás Rodríguez, alcalde de Xermade.





Imagen de la noticia recogida por Diario de Ferrol




Ver más sobre este tema.





miércoles, 4 de diciembre de 2013

Agenda de actividades de los sénior para diciembre



Recepción oficial en el Ayuntamiento de Melide por la alcaldesa Ángeles Vázquez

  • Día: 10 de diciembre de 2013
  • Lugar: Concello de Melide
  • Hora: 16:30 horas


Festival de Navidad

  • Día: 18 de diciembre de 2013
  • Lugar: La Gurita
  • Hora: De 13:00 a 17:30 horas

Jornada-Taller Artesanía con cuero

  • Día: 20 de diciembre de 2013
  • Lugar: Momán
  • Hora: de 11:00 a 17:30 horas


Viaje cultural a Madrid y Toledo

  • Días: del 12 al 14 de diciembre de 2013