Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 30 de mayo de 2017

Visita a Mondariz y Combarro


Estamos en la recta final del curso y nuestros séniores apuran las últimas clases. En esta ocasión, Felipe Senén López Gómez, profesor de Historia de Galicia, encabezaba la penúltima de las visitas culturales: Mondariz y Combarro.









Imágenes realizadas por alumnos del Programa Sénior UNED A Coruña.

 

lunes, 29 de mayo de 2017

Clase de Botánica en Xestoso





 

Botánica, rama de la Biología y ciencia que que se ocupa del estudio de las plantas. Clase impartida por Marian Sánchez Rodríguez, dentro del Programa Sénior en el Alto de Xestoso, para todos los alumnos matriculados en ese municipio.






 

En estas clases se trabaja la Botánica desde una perspectiva medicinal y comestible. Se recogen las plantas de la zona, según el sistema tradicional y se clasifican según su uso; el modo en qué sirvieron y sirven para aderezar la comida; infusiones terapéuticas, desinfectantes ... entre otros usos.




Imágenes realizadas por los alumnos en la clase de Botánica.



viernes, 26 de mayo de 2017

Aprendiendo psicomotricidad en clase de la mano del Dr. Marcelino Mosquera, desde Momán





Alumnos de la UNED Sénior, matriculados en Momán, recibieron, durante la jornada de ayer, una clase de psicomotricidad de la mano de su profesor en Medicina, el Dr. Marcelino Mosquera. 





La psicomotricidad, cuestión de vital importancia entre los mayores; fudamentada en la socialización; relación entre las personas participantes en el aula y sentimiento de pertenencia a un grupo. 



 





 

Mosquera les enseñó trabajos con trazos con el objetivo de mejorar la coordinación dinámica de los miembros superiores, así como a trabajar la estructura espacial: habilidades manipulativas y praxia fina. La idea general es enseñar este recurso como una herramienta terapéutica en la tercera edad. 








Imágenes realizadas por alumnos de la UNED Sénior A Coruña.

jueves, 25 de mayo de 2017

Josefina Calvo, alumna da UNED A Coruña, reflexiona en torno a emigración con motivo da celebración do día das Letras Galegas








Carlos Casares
"Hoxe, coma outros anos, estamos todos xuntos, homenaxeando a lingua da nosa terra, día que este ano se adica ó ilustre Carlos Casares. Terra na que nacemos e nos criaron os nosos proxenitores, e na que a maior parte de nós traballamos duramente con moi poucos recursos e unha chea de escaseces.


Por iso moitos de nós, con gran sentimento, decidimos marchar dela buscando mellor futuro, aínda que é un prezo moi alto o que hai que pagar a cambio, deixando familia e amigos, os recordos da infancia, que se levan moi dentro na alma.

No traballo, na rúa, no supermercado, no autobús, en calquera sitio que estivéramos, por moito que olláramos, a ninguén da nosa xente atopábamos, e á hora de xantar pensabas…qué estarán comendo na miña casa? Entón dicías: Qué prezo tan alto teño que pagar porque en Galicia non podo traballar sen ter que emigrar.

Gracias a tódolos galegos e galegas, que aínda que con moito pesar, polo mundo tiveron que marchar. É por todos eles que a nosa lingua é coñecida por todos eses lugares do mundo e que deixaron a Galicia moi alta no pedestal.

Tan alta como merece, porque na nosa Galicia case que temos de todo. Temos patacas e leite, temos froitas e legumes, temos carne e temos peixe. O que lle falla a Galicia son uns bos gobernantes para que ningún dos seus fillos marche polo mundo adiante.

Galicia, tan verde e fermosa, os teus prados, montes, ríos, vales e mares…están a mirar como os seus paisanos se teñen que alonxar deixando un anaquiño de seu corazón naquela terra que os viu nacer, onde corrían libremente xogando con seus amigos, dos que agora se teñen que alonxar.

E se algún día poden voltar, será a ledicia máis grande que poidan levar. Porque cántos galegos morreron e morrerán no extranxeiro sen nunca poder retornar, coa tristura tan grande, pensando na súa familia á que nunca voltarán a mirar.

E aínda que nós non podemos facer moito por cambiar as cousas, hoxe todos xuntos, os da UNED Sénior da Coruña, poñemos o noso graíño de área pra que a nosa Galicia e o noso idioma siga a medrar e os fillos e netos que a sigan a falar.

O protagonista do Día das Letras Galegas de este ano é Carlos Casares, fíxolle un pequeño escrito a un rapaz chamado Lorenzo, no que eu me inspirei para escribir o seguinte:

Lorenzo era un rapaz que tiña moitas galiñas, e tódolos días acodía ó galiñeiro a recoller os ovos. Un día atopouse cun ovo azul e extrañado, non sabía que facer con él, decidíu metelo nunha cestiña. Alí estivo un tempo, ate que un día Lorenzo sentíu algo raro e achegouse á cestiña. Viu unha galiña azul cuns pitiños vermellos polo lado dereito, e entón pensou: vouna levar coas outras pra ver cómo se portan. Todas se levaban moi ben.

Pero un día chegoulle unha noticia de que tiña que matar a galiña que senón ía a Garda Civil buscarlla porque non se podía ter unha galiña azul. Lorenzo, moi triste, falou cós vecinos, e todos lle dixeron: non te preocupes que non che van quitar a galiña, que xa se nos ocorreu unha idea, imos pintar as nosas todas de azul e cando veña a Garda Civil non vai saber cal é a túa. Así o fixeron. Quen non tiña galiñas foinas mercar e unidos todos puxéronse a pintar. Cando apareceu a Garda Civil tivo que marchar e a galiña de Lorenzo segue a cacarexar. Por iso se hai unión non existe a destrucción".




Alumna: Josefina Calvo Sánchez
UNED A Coruña


 

miércoles, 24 de mayo de 2017

Celebrando as Letras Galegas


Hoxe é o día. Algo máis de cen alumnos séniores da UNED A Coruña das distintas localides do Programa: Guitiriz, Xermade, Monfero, Aranga, Paderne e outros concellos, celebran en Guitiriz, distintos actos de homenaxe ás Letras Galegas con música en galego e lecturas dos alumnos.







lunes, 22 de mayo de 2017

Saberes e Sabores, desde Lousame


Alumnos y alumnas matriculados en el Programa Sénior del Ayuntamiento de Lousame, conquistaron paladares durante la celebración del último encuentro de cosecha local en Rois. Supervisados por su profesora Carme Freire, conmemoraron la festividad de San Cidre -patrono labrador- con una exposición en la localidad de Rois, de los productos elaborados de forma artesanal y confeccionados durante las clases de Saberes e Sabores.









 Imágenes realizadas por los alumnos de Lousame.


jueves, 18 de mayo de 2017

En Allariz

Encarando la recta final de este curso y con el mismo espíritu inquieto que en octubre, los séniores de la UNED A Coruña se trasladaron, el pasado martes 16 de mayo, a tierras ourensanas. Guiados por el profesor de la asignatura de Historia de Galicia, el arqueólogo Felipe Senén López Gómez, pudieron conocer en primera persona, el origen, historia y cultura que envuelve el Ayuntamiento de Allariz. A lo largo de un recorrido a pie por su casco histórico, conocieron todo el conjunto histórico-artístico, reconocido en el año 1994 con el Premio Europeo de Urbanismo.





Imágenes realizadas por los alumnos del Programa Sénior UNED A Coruña.


















 

miércoles, 17 de mayo de 2017

Homenaxe a lingua galega no día adicado ó escritor Carlos Casares, por Mercedes Cachaza Platas










Mercedes Cachaza Platas
Alumna Programa UNED Sénior A Coruña




Portada de Cantares Gallegos

"Desde que o 17 de maio de 1963 se celebrou o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro; xa levamos 54 escritores homenaxeados pola súa obra a favor da lingua e cultura galegas. Un promedio de máis de trece escritores por provincia; o sesenta e tres por cen foron homes e tan só o trinta e sete por cen foron mulleres
As mulleres escriben menos porque teñen outras proridades e porque a sociedade está estructurada como está, pero co tempo cambiará. Ten que cambiar porque non se pode desperdiciar tanto potencial feminino.

Pouco a pouco iremos construíndo un mundo máis equilibrado entre ámbolos dous sexos. Como debe ser! De feito, hoxe en día dánselle estudios tanto ós varóns como ás mulleres, cousa que noutros tempos non se facía. Pero –sabemos todos moi ben- que aínda queda moito camiño por recorrer. Pasiño a pasiño, iremos abrindo camiño.


Carlos Casares 1.jpg
Carlos Casares
Este ano toca homenaxear a un home, un ourensán de renome mundial chamado: Carlos Casares Mouriño, que naceu en Ourense a mediados do século pasado e faleceu fai tan só quince anos en Vigo. Realmente a terra galega e a súa propia lingua son fonte de inspiración para moitas persoas, en xeral para tódolos galegos bos e xenerosos como reza o noso benquerido Himno galego.

Non só ós lectores galegos, senón a persoas de todo o mundo porque as súas obras son traducidas a diferente idiomas No caso de Carlos Casares Mouriño, trátase dun home que nos deixou un legado moi amplo e variado:

Portada de Vento Ferido
Escribiu narrativa para adultos e tamén para nenos: dez libros para adultos e once para nenos, ademais de numerosos ensaios, artigos periodísticos e tamén algo sobre o humor. O seu primeiro libro, Vento Ferido, que contén relatos breves sobre a violencia e o fatalismo; publicouno cando tiña 26 anos, pero antes xa cursara estudios de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e xa fixera de lector en varias universidades europeas.

Pero a súa verdadeira traxectoria profesional foi como catedrático de Instituto, como escritor, como político e como editor vinculado á Editorial Galaxia; realizouna en Vigo. Unha persoa moi culta e moi coñecedora da élite das Letras Galegas como: Vicente Risco, Otero Pedraio, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez, dos que nos deixou as respectivas biografías.

Foi tamén Membro da Real Academia Galega da Lingua e Presidente do Consello da Cultura Galega, ademais de deputado polo Partido Socialista de Galicia nas eleccións de 1981.

Persoas así, honran un pobo e dan a coñecer a súa identidade. Por iso homenaxeamos unha persoa destas características cada 17 de maio.

Pero na realidade, aínda hai moitas persoas que por ignorancia pensan que o galego só serve para andar pola casa e que non trascende límites nin fronteiras máis aló da terra galega. Aínda existen moitas persoas que prefiren poñerlle un nome extranxeiro ós seus descendentes, antes que un galego.


Desgraciadamente aínda hai quen pensa que a nosa lingua é unha lingua para ignorantes e paletos, cando os ignorantes e paletos son aqueles que pensan así. A ignorancia é moi atrevida. Cando comprenderemos que a ignorancia non está nas linguas? A ignorancia está na falta de educación das persoas!

Tamén hai quen pensa que non sabe falar ben o galego porque non o estudiou ou porque non se fala igual en toda Galicia. Quen non tivo acceso ós estudios, non os tivo en ningunha lingua. Expresarase en linguaxe vulgar sexa cal sexa a lingua que use. Pero a lingua é patrimonio de todos, tanto das persoas con estudios, como das que non tiveron acceso a eles.

Todos, absolutamente todos, temos necesidade de comunicarnos, maioritariamente a través da fala, pero tamén a través da escrita. Que unha mesma cousa se diga dunha maneira en Lugo, doutra en Ourense, outra en Fisterra e outra en Pontevedra, non ten nada de malo; todo o contrario.

Son palabras sinónimas, é decir, significan o mesmo. Eso chámase sinonimia. É unha riqueza da linguaxe. Unha riqueza, nunca unha pobreza, como pensan algúns.


Mentres non aprendamos a superar estes e outros prexuízos, mentres non apredamos a valorarnos como pobo galego que somos, mentres no aprendamos a facer respetar a nosa lingua como sinal de identidade propia deste pobo tan noble como é o galego, ... Haberá moito que facer! Pero Roma non se fixo nun día.

Neso andan os entendidos; pero é cousa de todos. No que a nós nos corresponde, seguiremos apoiando o noso idioma, porque nós somos galegos de pura cepa. Nacemos en galego, vivimos en galego, e non renegamos a nosa identidade por nada do mundo.

Faremos todo o posible para que a nosa lingua se cultive cada día máis e mellor ata que o noso idioma estea normalizado a tódolos niveis, como era en tempos do rei Alfonso X “O Sabio” que mesmo o utilizou nas Cantigas de Santa María.

Miniatura de Cantigas de Santa María


Porque a lingua galega foi a primeira que escoitamos no colo da nosa nai, e a que usamos habitualmente coas persoas que máis queremos, a que levamos no sangue. Para nós é a máis tenra, a máis dóce, a máis interesante, a que máis queremos e á que máis lle debemos.

Nós, principalmente a xente da aldea, somos os portadores desta riqueza tan grande que lle dá carácter e identidade propio á nosa terra. Tamén sabemos outras linguas. Claro que si! Só faltaría! Non rexeitamos nin despreciamos ningunha. Cantas máis saibamos, mellor. Pero por encima da nosa, ningunha, se nós non defendemos o noso: quen nolo vai defender?

Por eso estamos hoxe aquí apoiando que se respete a nosa lingua como sinal básico de identidade do pobo galego e como patrimonio inmaterial de todos. Porque defende-lo noso idioma, é defendernos a nós mesmos"


Mercedes Cachaza Platas




miércoles, 10 de mayo de 2017

Clase de Historia de la mano del profesor Felipe Senén, en la conjunto monacal pontevedrés San Xoán de Poio



uned sénior a coruñaGuiados por el profesor de Historia del Arte, Felipe-Senén, medio centenar de alumnos de la UNED Sénior de A Coruña, se adentraron -durante la jornada de ayer martes 9 de mayo- en los mitos, la historia, el arte y la funcionalidad monacal del conjunto pontevedrés de San Xoán de Poio. Atendiendo a las diferencias renacentistas, barrocas y neoclásicas de este conjunto arquitectónico, así como a la singularidad de su fuente claustral que servió de modelo para otras urbanas. Recordando además la leyenda de Santa Trahamunda que tanto ha influido en la literatura y en el arte y el papel del mercedario galleguista Rei Soto.

*Imágenes realizadas por alumnos del Programa UNED Sénior A Coruña.


UNED SÉNIOR A CORUÑA

UNED SÉNIOR A CORUÑA
 UNED SÉNIOR A CORUÑA

uned sénior a coruña
 uned sénior a coruña

uned sénior a coruña













lunes, 8 de mayo de 2017

La visita de los séniores a la exposición de Urbano Lugrís, en los medios


La pasada semana comentábamos la visita de los séniores a la exposición del pintor y escritor Urbano Lugrís, ubicada en una de las salas de Afundación. Diario de Ferrol y El Ideal Gallego se hacen eco de estas habituales masterclass, capitaneadas por el profesor de Historia de Galicia, Felipe Senén López Gómez.



Diario de Ferrol, sábado 6 de mayo de 2017

Ideal Gallego, lunes 8 de mayo de 2017



jueves, 4 de mayo de 2017

En la exposición del pintor y escritor Urbano Lugrís






El martes 2 de mayo, un grupo de cincuenta alumnos de la UNED Sénior A Coruña,  tuvieron su habitual clase de Historia del Arte de Galicia, tutorizada por Felipe Senén -en esta ocasión dedicada al pintor y escritor Urbano Lugrís González- en la misma exposición que la Fundación ABANCA en A Coruña. "Paredes Soñadas", era el título del recorrido expositivo, donde el profesor, abordó la forma y el fondo que caracteriza a este singular "surrealista atlántico".


 


 























Imágenes realizadas por los alumnos sénior.