Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 27 de febrero de 2014

Los sénior de la UNED A Coruña aprenden Grafología


Esta tarde, de 16:30 a 18:30 horas, tendrá lugar una clase de Grafología, enmcarcada dentro de las actividades didácticas programadas. Estará enfocada principalmente a la escritura de los mayores; aprendizaje, evolución y deterioro de la escritura así como desde el punto de vista neuromotriz, donde se transforma por las circunstancias  personales  y  ambientales  del  escribiente.

La encargada de impartir la clase será Carmen Vercher,  Criminóloga,  perito calígrafo Judicial  del Tribunal  Superior  de  Justicia  de  Galicia  y  experta  examinadora  de documentos  y  grafismos.

Durante la jornada se expondrán las distintas aplicaciones  técnicas  que  pueden  ayudar  a conservar la estimulación cognitiva,  con el objetivo general de mejorar o al  menos  ralentizar  la  involución,  mantener  la  calidad  de  vida  del usuario, sus familiares y cuidadores.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Campaña de recogida de alimentos promovida por los sénior de A Coruña

Rodríguez Patiño, en declaraciones hechas en torno a esta campaña y con el objeto de dinamizar el comercio local, ha puntualizado que el dinero que se reciba, estará destinado a comprar alimentos en las pequeñas tiendas de la comarca, no en grandes superficies comerciales de ciudades.

jueves, 20 de febrero de 2014

Alumnos sénior en Bergantiños, visitando el dolmen de Dombate





Felipe Senen y el coordinador de la Sénior coruñesa, viajaron hasta Cabana de Bergantiños para ver el dolmen de Dombate y aprender su historia; conocer al pintor naif Manuel Lema Otero o saber del poeta Eduardo Pondal que inmortalizó el dolmen, en la creación del poema "Queixumes dos pinos".

Alberto Balboa Naranjo, alumno del aula de Xestoso relataba en su crónica lo vivido:

"En ruta al dolmen de Dombate pasamos por O Carrizal, donde habitan "los moinantes", gente asociada a las ferias, que tiene sus furgonetas y un respeto superior a los mayores, en especial a las mujeres, aspecto similar a la cultura gitana. Otra caracteristica de la zona es la separación de fincas con laureles, igual que hacen en algunos lugares de las islas británicas; luego en otros lugares separan con recalcos (diferencia de altura entre fincas).




Dolmen de Dombate



Merece mención especial la cantidad de cabeceros y horreos, que simbolizan riqueza. Edificación hecha con inteligencia para guardar el maíz o distintos granos. Son altos para evitar la humedad, tienen piedras que sobresalen para evitar los roedores, huecos para ventilar y en sus extremos superiores, poseen cruz y "falo", a modo de protección y reproducción.

Pasamos por el Pazo Torre do Allo uno de los más antiguos de Galicia, que posee un hermoso parque y fué propiedad de Victor López Seoane y actualmente lo ha comprado la Diputación de A Coruña. Cerca se encuentra la iglesia del S.XVI y un lindo cementerio parroquial. Cruzamos Baio donde se realiza la fiesta del lino. 

Todos estos lugares tienen campo de romerias que en los festejos dan oportunidad de unión y alegría; además los habitantes se caracterizan por ser muy amantes de sus huertas.

Al llegar al centro arqueológico de Combate se encuentra un crucero muy antiguo, que tendrían que haber puesto dentro del recinto para estar protegido. La novedad del Centro es una neocámara donde se pueden apreciar las pinturas retículadas donde sobre fondo blanco, predominan el rojo y el negro. En una reproducción exacta hay copias de cerámicas y utensillos confeccionados en piedra, los originales están en el Castillo de San Antón.



Alberto Balboa Naranjo, alumno sénior aula de Xestoso


El dolmen de Dombate fué construido hacia el 3.700 a.c. y se clausuró hacia el 2.700 a.c. Son similares a las pirámides de Egipto en cuanto a la función de enterramiento, pero además eran marcas de la comunidad sobre un determinado territorio. Tiene un pasillo de entrada orientado al Este para que entrara el sol, con figuras de piedra, un núcleo central, y hay un muro de piedras sueltas alrededor que forman la coraza. Hay una zanja; fuera de la coraza hay círculos con piedras alrededor, para hacer actos rituales con hogueras. A pocos metros del dolmen hay una caja pequeña que encontraron con carbón que es anterior a éste.

Su construcción necesitó organización y técnica para mover piedras de gran tamaño; del mismo modo la Diputación ha realizado un edificio como introducción al tema y otro gran edificio de madera y cristal para proteger al dolmen."




 







En tierras asturianas


Fue a mediados de febrero cuando nuestros sénior viajaron a tierras asturianas. Mercedes Cachaza Platas, alumna del aula de Paderne relata la experiencia:




"Era o día 12 de febreiro do ano 2014, cando a Uned Sénior de Xestoso se dirixía a Asturias polo Camiño Norte acompañada polo Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño.


Seguindo a rota do Ferrocarril de Vía Estreita, como se dunha viaxe turística se tratara; nada máis entrar en territorio asturiano xa se notaba a diferencia da paixase galonada por casas de indianos, paneras nas casa de labranza, verdes e extensas pradeiras poboadas de vacas, ovellas e moitos cabalos, ríos farturentos debido ás choivas dos días pasados, onde os pescadores poderían face-lo seu agosto supoñendo que fora tempo de pesca.  As montañas mostraban o seu gorriño de branca neve que lles daba un toque de especial beleza.


Xa na capital do Principado, fixemos a primeira parada no Complexo Prerrománico de Santa María do Naranco, situada na aba meridional do monte ó que lle debe o seu nome: un antigo pazo de dous pisos de dimensións considerables (20x6x9) declarado Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 1985.


Santa María del Naranco


No cumio do monte había unha imaxe que ben podería representar un Sagrado Corazón, pero a lonxanía non permitía velo con claridade.


Ó lonxe os picos nevados poñíandlle cor invernal á paisaxe, aínda que o astro rei nunca nos abandoou, Unha estampa perfecta: sol no val e neve na montaña. ¡Unha preciosidade, un regalo para a vista e un pracer para o corpo!.


O segundo centro de interese estaba na capital do Principado: Oviedo, onde visitamos a Santa Igrexa Basílica Catedral Metropolitana de San Salvador de Oviedo, de estilo gótico situado nun antigo solar dun complexo prerromano do século IX; que foi construída entre os séculos XII-XVI ; por eso contén varios tipos de estruturas: Prerrománica na Cámara Santa, declarada Patrimonio Mundial da Humanidade onde  se atopan: a Cruz da Victoria e dos Anxos,  a Caixa das Ágatas e a Arca Santa que contén o SANTO SUDARIO. 




Catedral de Oviedo









Ó outro lado da ampla Praza estaba unha escultura adicada á novela de Leopoldo Alas Clarín: A Regenta que foi  publicada en 1854 en Barcelona producindo un verdadeiro escándalo, sobre todo en Oviedo. O bispo de turno publicou una pastoral en contra por que trata da emacipación da persoa a través da cultura, incluiía a muller. Por eso fixo unha crítica mordaz aducindo razón relixiosas.




Ó día seguinte tocaba: Covadonga no Monte Auseva. 


Covadonga é un lugar con raíces históricas onde contan as crónicas que foron vencidas as tropas musulmanas grazas a intervención da Santina que estivo a favor de Don Pelaio. A verdade é que o lugar prestábase: os que estaban polo lado de abaixo tiñan moitas posibilidades de perde-la batalla porque a orografíaa do terreo era propicia.

Na entrada podemos observar como os Leóns do Pasatempo de Betanzos desexaben volver ó seu lugar do orixe, pero non sei porque me parece que non lles van dar permiso. De vez en cando teremos que ir alí para facerlles una visita.

Na esplanada  éguense varias edificacións.


A parte das razón históricas, o lugar goza dunha extraordinacia beleza por pertencer ó Parque natural dos Picos de Europa: 64.000 Hectáreas  de terreo formado por montañas o numerosa covas que dan lugar ó nacemento de numerosos regatos formando una paisaxe laberíntica con afiados cumes poboados de matorrais, pradeirías, e abundante vexetación: faia, carballo, castaños, pino, budio; onde viven e conviven  insectos, anfibios, reptís, corzos, cervos, raposos, lobos, osos, pitas do monte, aguia real, buirtre leonado, azor e outros; aínda que tan só se deixou ver un raposo que circulaba a toda velocidade en canto viu a presenza de humanos.


No cumio, a 1100 metros de altura: insatalacións para o turismo invernal e dous preciosos e xélidos lagos: Enol e Ercina que se nos presentaron vestidos de gala con neve debaixo dos nosos pés e sol para acariciarnos o noso rostro. Desde alí divisáabanse os pobos de montaña así como as cabanas dos pastores onde se resgardan e fan os sabrosos queixos que fermentan nas covas.



En el lago









Pola tarde tocaba Villlaviciosa e a súa industria máis destacada: a sidra e outras variedades derivadas da mazá. Loxicamente non podía faltar a desgustación  coa coseguinte publicidade e consumo. Todo moi ben estudiado.


Ó día seguinte esperábanos Gijón que nada máis entrar xa nos recordou á Zona de Riazor de A Coruña pola súa semellanza coa igrexa de San Pedro que se correspondía coa das Escravas de a Coruña.


Pero o máis importante de Gijón non é a súa semellanza con Riazor, senón  O Museo do Pueblo Asturiano, a súa Feira de Mosstras, a Univerdidade Laboral e o seu casco antigo por onde pasa o Camiño do Norte e onde podemos encontrar a Casa de Jovellanos. Gaspar Melchor de Jovellanos  que naceu naquela cidade o día 5 de xaneiro do ano 1744 e despois de 67 anos de dilatada e productiva vida, faleceu en Pravia no ano 1811.





A Praza do Marqués onde se atopan o vetusto Palacio de Revillagigedo do século XVIII onde se fan exposicións  temporais e o monumento ó Rei Pelaio.



A poucos metros encóntrase a Casa do Concello e un pouco máis adiante as escavacións dos BAÑOS ROMANOS na entrada da igrexa de San Pedro.



Para remata-la viaxe, una paradiña en Cudillero, pobo mariñeiro que nos ensina a daministarnos cando temos poucos recursos, tal é o caso do terreo edificable daquel pintoresco lugar.


De volta en Galicia: nubes, choiva e portas abertas onde chegamos algo cansados per felices e contentos."


Viaje realizado en colaboración con el Ayuntamiento de Paderne:










martes, 11 de febrero de 2014

Inaguración del segundo cuatrimestre y entrega de diplomas


Fue durante la mañana del lunes 11 de febrero en Paderne. Los sénior de A Coruña tuvieron la oportunidad de recibir los merecidos diplomas que acreditaban la superación del primer cuatrimestre de este curso académico 2013/2014. 
Al acto, presidido por la directora del Centro Asociado en A Coruña, Susana Blanco Miguélez,  acudieron distintos representantes de los Ayuntamientos colaboradores y el coordinador del Programa, Luis Ángel Rodríguez Patiño.

Alumnos de la asignaura de Música y el Coro de la UNED Sénior, amenizaron la jornada con sendas interpretaciones.


Actuación del Coro de la UNED Sénior


Reflexión de la jornada por Mercedes Cachaza, alumna del Aula de Paderne:

"Hoxe o alumnado da Uned Sénior de Xestoso estivo de festa maior: recibiu os diplomas correspondentes ó primeiro cuatrimestre do curso 2013-14. 
O acto tivo lugar nun local social da parroquia de Quintás no Concello de Paderne, A Coruña. Asistiron a Ilustre Señora Dona Susana Blanco como directora do Centro Asociado de A Coruña, o coordinador da Uned Sénior D. Luis Ángel Rodríguez Patiño e representantes políticos dos concellos  integrantes da Uned Sénior de Xestoso.

A programación do día de hoxe foi a seguinte:

  • Presentación do acto polo coordinador
  • Proxección de vídeos 
  • Entrega de diplomas a cargo de  tódalas autoridades alí presentes.
  • Alumnado de Música actuou para tódolos presentes tocando e cantando o Himno da Universidade e outras cancións  galegas.
  • Remataouse deste xeito coa programación oficial para compartir un xantar de confraternidade, amenizando a sobremesa o Coro da Uned Sénior.

Foi un día moi festivo no que compartimos mesa, mantel e convivencia grazas a  unha  Uned Sénior única e exemplar no medio rural galego."


Alumnos sénior en la comida posterior al acto oficial






lunes, 10 de febrero de 2014

Viaje a Asturias de los sénior de A Coruña



Días: 12, 13 y 14 de febrero de 2014.



Bandera de Asturias

En colaboración con el Ayuntamiento de Paderne:




Programa:

12 de febrero
  • Salida
  • Mañana: visita a Pola de Siero
  • Tarde: visita a Oviedo

13 de febrero
  • Mañana: visita a Cangas de Onís
  • Tarde: Visita a Covandonga

14 de febrero
  • Mañana: visita a Gijón
  • Tarde: visita a Cudillero
  • Regreso



miércoles, 5 de febrero de 2014

Los sénior de la UNED A Coruña celebran la inaguración del segundo cuatrimestre


Será en Paderne el lunes 10 de febrero, en el local social de Quintas con el programa oficial de actos que sigue: 


12.15 horas. Recepción de alumnado y las autoridades asistentes.

12:30 horas. Intervenciones
  • César Longo Queijo, Alcalde – Presidentedel Ayuntamiento de Paderne, hará la presentación del curso.
  • Susana Blanco Directora do Centro Asociado de la Uned en A Coruña.
  • Luis Angel Rodriguez Patiño, coordinador del programa Sénior en la UNED A Coruña.

13:00 horas. Proyección de un video sobre el Ayuntamiento de Paderne.

13.15 horas. Proyección del video "A Aldea do Poeta" sobre la figura de Díaz Castro, dirigido por Carlos Nine.


lunes, 3 de febrero de 2014

Los sénior celebran el día de la Paz


El 29 de enero, los alumnos sénior de A Coruña festejaron el día de la Paz. La cita era en Paderne y la jornada se desarrolló con la lectura de comunicados y la celebración de distintos actos.
Es por este motivo que tres alumnas sénior han querido rendir un especial homenaje con la publicación de sus reflexiones.






Alumna: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Paderne
Reflexión publicada en GaliciaDixital



Alumna: Mª Lourdes Pérez Freire
Aula: Paderne



"A Paz significa harmonía, ausencia de conflito. Pero, onde está a harmonía?.

Hai conflitos por todas partes. Guerras, con miles de vidas truncadas e millóns de persoas desprazadas dos seus países e lugares de residencia, vivindo hacinadas en campos de refuxiados en condicións infrahumanas. Por que ocorren as guerras? Non son por motivos relixiosos, como nos queren facer crer. As guerras prodúcense por intereses económicos e de dominio dos territorios, codiciados pola súa riqueza en materias primas ou outros produtos. Aos que as provocan non lles importa a morte de miles de seres humanos nin a destrución de toda a súa forma de vida.
Aparte das guerras, tantos millóns de persoas sobrevivindo, cada día, en condicións de auténtica miseria, sen o máis elemental para poder saír adiante: falta de alimentos, auga potable, saúde, educación, etc., etc. Tantas e tantas persoas desprazadas do seu medio porque as grandes multinacionais lles ocupan a súa terra para explotacións de agricultura industrial, que a eles non lles beneficia en nada, e por enriba, non son sostibles medioambientalmente. Mentres isto ocorre, miles de persoas morren de fame no mundo.
E aquí, arredor de nós. 

Non fai falta ir a África ou a outros lugares do terceiro mundo. Ben cerca, temos case seis millóns de parados. Miles de familias nas que na súa casa non entra un euro. Como se pode vivir desta maneira? Persoas que foron expulsadas dos seus fogares por non poder pagar a hipoteca. Xubilados con pensións de miseria que teñen que pagar os seus medicamentos e non teñen.
Por outro lado, están os amos do mundo, que seguen a amasar fortunas, fabricando os produtos que venden en países onde os traballadores e traballadoras viven unha auténtica escravitude. Despois, estes ricachóns danlle uns cantos millóns a algunha organización de caridade e xa lles queda “a conciencia tranquila”. Xa cumpriron. O que practica a caridade é o que comparte o que ten; non o que dá o que lle sobra.
Logo, temos os banqueiros, a troika, o fondo monetario internacional, o banco central europeo, os mercados, etc. En fin, o poder, que está provocando que a riqueza se concentre, cada vez máis, nuns poucos, e a inmensa maioría da poboación sexa cada día máis pobre. 
Están tamén toda unha restra de corruptos que, co beneplácito do poder, amasan fortunas, malversando fondos públicos e outras lindezas. Estos son os que arruínan a economía, e non a xente normal que vive a diario do seu traballo.
E cando as persoas se manifestan para amosar a súa repulsa contra todos estes atropellos, dinlles que son violentos, case terroristas. A verdade é que non sei como non hai aínda máis conflitos. No fondo, é que somos xente de paz, e tamén que as familias, solidariamente, comparten o pouco que teñen cos seus fillos, netos e demais persoas necesitadas. Se non, a violencia xa estaría servida. Pois, se a xente é tratada con violencia polo poder, tamén responderá con violencia.
Non pode haber Paz se non hai xustiza. Polo tanto, procuremos a xustiza para termos a paz."






Alumna: Josefina Calvo Sánchez
Aula: Paderne


"Hoxe, a UNED Sénior de Xestoso, estamos celebrando o Día da Paz.

 ¡Que ben soa esa palabra e que ben a gusto nos sentimos cando no noso entorno temos paz e harmonía!
A Paz, que tanto desexamos todos os que loitamos por ela, porque no mundo hai moitas persoas que a precisan con gran urxencia. Que están pasando tantas calamidades, fame... fame de tantas cousas... de comida, de compaña, de traballo, de comprensión, de cariño..., que se senten tan baleiros, que non teñen ilusión por nada na vida. Mentres, os que teñen todo iso e moito máis, miran para outro lado e ignoran o sufrimento dos demais.

Acaban de pasar as festas navideñas. Nas nosas casas, houbo comida, bebida e agasallos para todos. Os Reis Magos trouxeron moitas cousas, sobre todo, para os máis pequenos, que comezan a abrir regalos e, ao final, só xogan cun ou dous, como moito, e para a miña humilde opinión, iso é un despilfarro por parte dos seus proxenitores, cando miles de nenos coma os nosos morren de fame e non teñen nin un só xoguete.

¿Non sería máis humano que houbera máis igualdade?. ¿Que todo o mundo tivera o preciso para vivir?. ¡Cantas toneladas de comida se tiran e canta xente morre de fame ao ano!. ¿Por que non se controla iso?. Porque falla a organización e que dentro de nós lata un nobre corazón.

Conseguindo todo iso, poderemos comezar a falar de Paz. Mentres ese momento non chega, na UNED Sénior, seguiremos todos unidos, demostrando a todo o mundo que nunca nos renderemos, e que sempre estaremos apoiando as boas causas, loitanto contra as inxusticias, e que estamos todos de acordo en que hai que acabar con elas, para construir un mundo mellor para os nosos fillos e netos, que o teñen moi complicado o día de hoxe.

E tamén quero dar as gracias ao fundador da UNED Sénior de Xestoso, ao cura D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, xa que, sen el non sería posible que nos coñecéramos este grupo de persoas que tan ben nos levamos, e compartimos comidas e xuntanzas, viaxes, anécdotas, ensaios, nos que tocamos e cantamos e, ás veces, tamén nos trabucamos, porque somos humanos e non hai ninguén perfecto. Pero, dos erros tamén se aprende. Rimos e divertímonos, loitamos e unimos as nosas forzas para facer un mundo mellor.

E que a UNED Sénior, por onde queira que vaia, destaque pola súa sencillez, humildade e polo seu bo facer, para axudar ao máis débil, e seguir os pasos do seu fundador. E con iso xa podemos estar satisfeitos."