Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 5 de abril de 2016

"La vida de antes" por Carmen Gómez Pernas





Nacemento

Eu acórdome cando naceron os dous irmáns. Veu unha veciña a axudar a miña nai, era a parteira. Colleu os críos e non sei ben se os lavou. Envolveunos nun trapo e púxollos ó seu lado.

A continuación, cociñou as sopas de pan con manteiga.

Ós nenos que éramos máis maiores, saíamos fora, non podíamos estar alí, pero mirábamos por donde podíamos.

Lémbrome cando bautizamos a nena máis nova. Choraba moito e o cura, doulle chocolate; un chocolate moi negro e oscuro. A mín levábame a vida, "se mo dera a mín" -pensaba- comía nel máis axiña.
 Traballo no campo
Empecei na escola con sete anos, máis ou menos, alá por un mes de novembro. Antes había que sementar o trigo e o centeo; xuntar material para estrar as cortes no inverno; apañar feixes de toxos para facer lume na leira para quentar o forno e facer o pan; e había que esperar a que a nosa nai fixeira as media de lá e os zoqueiros tiveran listos os zocos.

Iba co meu avó a "lindar" as vacas, con nove anos. Logo morreu, entón íbamos os meus irmáns e máis eu, pero sempre un de cada vez. Estábamos sós. Cando chegaba os meses de marzo e abril, había que empezar a quedar polas tardes; chamar as vacas para labrar as terras; lindar as vacas no monte ou deixalas pola corda nalgún campeiro.

Cando chegábamos sa escola, o primeiro que tíñamos que facer era mudar a roupa, para non manchala. Quitar as zocas para que estiveran sempre limpas. 

Feito iso, voltába o traballo. Darlle a "encaldada" ás vacas na corte; cocer os nabos e as patacas para os porcos; carretar a agua do río con un pao longo e nos extremos, dous caldeiros cheos de auga no hombro...así tres ou catro viaxes, según fixera falta para cociñar. Para beber íbamos á fonte, que estaba máis lonxe, aínda.

Se había que quedar na casa, sempre nos tocaba as cativas. Miña nai dicía que os homes "tiñan que saber máis para ir á mili". As mulleres, éralles de máis proveito aprender a coser.

Traballar na costura
Recordo os tempos de cando fun coser. Iba a andando desde Xermade. Facíamos desde sábanas, abrigos, roupa interior, etc. Comíamos en durmíamos nas casas nas que cosíamos. Estaba na miña casa o fin de semana, nada máis.

Cavar ó monte
Recordo cando meu pai viña cun grupo de cavadores, para cavar no monte. Sementar o fruto. Cando viñan, había que levarlles comida á roza. Sempre se compraba un queixo grande "de Castilla" para eles, e se ó final sobraba, era para nós.


Alumna sénior: Carmen Gómez Pernas









No hay comentarios:

Publicar un comentario