Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 1 de diciembre de 2015

Crónica da primeira xornada do curso "Recuperando o monte", en Toxosoutos, Lousame.




CURSO UNED SÉNIOR, “RECUPERANDO O MONTE” 

TOXOSOUOTOS – LOUSAME - UNED SÉNIOR A CORUÑA

CRÓNICA DA PRIMEIRA XORNADA. "CASTAÑAS E CASTIÑEIROS. TODA UNHA RIQUEZA"




"No curso que se está a celebrar na aula de Toxosoutos da UNED Sénior A Coruña, naceu esta idea de ir atopándonos cada pouco para, arredor de diversos temas ir coñecéndonos persoas que compartimos inquedanzas, ilusións, propostas, problemas, apostas, futuro, vidas... e recuperar o encontro, a construción colectiva, o coñecemento compartido, a experiencia como coñecemento…




Nesta primeira etapa propuxémonos lanzar unha serie de encontros arredor da riqueza do monte, como espazo multiproductivo de futuro e tamén como espazo multifuncional.

Iremos desenvolvendo quedadas en semanas sucesivas. Esperamos que nos sirvan para facernos conscientes e copartícipes da riqueza tamén de experiencias que se está acumulando no noso país por parte de persoas sinxelas que apostan pola utopía de recuperar os montes, para algo mais alá dos lumes ou da entrega a empresas que nos veñan a salvar deles
Iniciamos esta andadura o día 7 de novembro, no que compartimos duas experiencias:
A de Ramiro, que tén un viveiro, O Pomariño, no concello de A Capela, no que leva anos traballando para recuperar variedades de froiteiras do noso país, entre outras de castiñeiros.
Contounos das variedades de castañas mais ricas e ancestrais, dos nomes, das terras ónde se dan mellor, dos coidados, dos enxertos, dos problemas sanitarios dos soutos, das posibilidades que os castiñeiros e a súa froita non poden brindar nesa riqueza inmensa que sempre os montes supoñen.



A de Inés, Suso, Ramón e a súa familia, que hai uns cantos anos que decidiron facer algo nos seus montes, en Melide.
Plantaron unha toxeira con castiñeiros e tamén micorrizaron nesa parcela cogumelos, Boletus edulis.
Pasaron anos e a toxeira é un souto no que compartiron con nós a experiencia, as técnicas, os traballos, as alegrías e as atencións que lle prestan, ademáis dos ricos froitos.


E por último tamén queremos reseñar a experiencia de compartir o xantar cos productos e alimentos que cadaquén trouxo mentras nos confesábamos “de quen viñamos sendo”.














No hay comentarios:

Publicar un comentario