Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 15 de mayo de 2014

Los séniores y su especial homenaje a Xosé María Díaz Castro con motivo del Día de las Letras Gallegas


Ayer miércoles, era la fecha fijada para el homenaje que los sénior de A Coruña, tenían previsto realizar en una masterclass sobre Xosé María Díaz Castro, con motivo de la celebración del Día de las Letras Gallegas.

Luis Ángel Rodríguez Patiño, coordinador del Programa Sénior en la UNED A Coruña, el profesor de Historia, Felipe Senén y el profesor de Música, estuvieron acompañados durante la jornada de dos amigos del escritor Díaz Castro: Alfonso Blanco Torrado y Raúl Rio.
Aula de Xestoso


Los sénior leyeron textos de Xosé María Díaz y se presentó el vídeo "A Aldea do poeta", realizado para tal ocasión. La música estuvo presente durante la actuación de nuestros sénior.


Aula de Momán





Mercedes Cachaza, alumna sénior de Xestoso, Aula de Paderne y habitual articulista de opinión en Galicia Dixital, nos da las claves de la jornada.


"A Uned Sénior de Xestoso, presidida polo seu coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, tres dos seus profesores, e dous amigos do escritor Xosé María Díaz Castro, celebrou o   Día de las Letras Gallegas do presente ano. A parte da relevancia do escritor homenaxeado, hai que resaltar que resultou un acto moi participativo e polo tanto moi sentido e moi ben vivido por tódolos asistentes, que foron moitos. 
O Coordinador tomouse o traballo da organización e coordinación que resultou moi acertada, e o profesor de Historia levou o fío da celebración con sabedoria e sinxeleza como fai habitualmete. 
Mercedes Cachaza

Os profesores de Música levaron a parte musical e festiva do acto; coa colaboración excelente do alumnado de Música, cantando e tocando varias cancións sen descoidar o Himno da UNED Sénior de Xestoso, creado polo propio Alumnado e tamén –como non podía ser doutro xeito-: o Himno Galego que foi cantado en dúas ocasións. 



Unha representate do Concello de Guitiriz tamén fixo acto de presencia por ser a persoa homenaxeada veciña do mesmo. 

Interviñeron tamén dous amigos do poeta: Alfonso Blanco Torrado e Raúl Río, que nos fixeron unha semblanza do escritor de primeira man, resaltando a súa valía ó mesmo tempo que a súa sinxeleza: un galego universal que pasou case desapercibido entre os seus veciños. 
Paradoxas que ten a vida: ninguén é profeta na súa terra. Para estas cousas sempre son mellores os de fóra que os da propia casa. Xa se sabe: “cuña da mesma madeira...” 

Tamén nos presentaron un vídeo titulado: “A aldea do poeta” no que interviñan principalmente os seus amigos: Alfonso e Raúl, xa citados. 
Se estivo moi acertada a intervención de tódolos anteriormente citados, non foi menos a numerosa participación do alumnado coas respectivas lecturas: unhas do propio poeta, outras sobre a canción de Nimbo de Lus que fixeron no Instituto de Guitiriz, recitadas por varias alumnas de Paderne e unha de Cambás e outras creadas polo propio Alumnado como foron as lecturas de tres alumnas de Paderne: 
Mª Lourdes Pérez Freire sobre: “A importancia da língua galega” 

Josefina Calvo Sánchez sobre a “A nosa língua desde o berce”. 
E unha servidora, Mercedes Cachaza Platas cun escrito titulado: ¿Perdónasnos Galicia? 
Entre todo fixemos un acto entrañable en homenaxe ó noso veciño Xosé María Díaz Castro, á terra que nos dá vida, ás nosas xentes, á nosa cultura galega, á nosa lingua e á nosa identidade. 


En dúas palabras: “fixemos país", que deso se trata".





No hay comentarios:

Publicar un comentario