El 11 de marzo los sénior de la UNED A Coruña se reunieron para celebrar el día Internacional de la Mujer. La jornada contenía distintos actos: la intervención de Felipe Senén, profesor de Historia, que proyectó su visión de la mujer del rural y su papel, una mesa de trabajo con el propósito de debatir sobre el tema y la actuación del coro formado por alumnos sénior.
El coro de los sénior durante su intervención |
El profesor Felipe Senén |
La mesa de trabajo compuesta por alumnas senior, profesor y coordinador |
A propósito de la jornada, dos alumnas del proyecto Sénior nos ofrecen sendas reflexiones sobre el día Internacional de la Mujer.
Alumna: María Lourdes Pérez Freire
Aula: Paderne
María Lourdes Pérez |
"O día da muller traballadora non ten que ser só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano. Xa sabemos todos que, cando se lle dedica un día a algunha causa, é porque non está sendo tratada con xusticia.
A muller traballadora non é soamente aquela que desempeña a súa actividade fóra da súa casa; é tamén a que, desde primeiras horas da mañá, traballa sen descanso no seu fogar para sacar a súa familia adiante, e facendo malabarismos para que lle cadren as contas, e aos seus non lles falte o máis indispensable. Por enriba, a estas mulleres, chamadas “amas de casa”, ningunha institución lles recoñece oficialmente o seu traballo, nin cotizan á Seguridade Social, nin teñen dereito a unha pensión. Por esta situación, aos poderosos debíalles caer a cara de vergonza.
E se carecen do recoñecemento das institucións, moitas veces, desgraciadamente, tamén lles falta o apoio da súa familia, especialmente da súa parella. Expresións tan desafortunadas como: “E ti, que fas todo o día?” “Quen trae o pan á casa son eu”, están á orde do día.
Por outra banda, as poucas mulleres que consiguen un traballo fóra da súa casa teñen que desempeñar unha dobre xornada laboral, dentro e fóra do seu fogar. E sofren, ademais, outra descriminación, que, realizando a mesma actividade que os seus compañeiros varóns, reciben un salario inferior.
E xa non falemos de determinados empresarios, que se negan a contratar mulleres porque van estar embarazadas, van ter permiso de maternidade, van ter que faltar ao traballo por ter algún neno enfermo, etc. Sen recoñecer todos os beneficios que a maternidade e a crianza dos fillos aporta á sociedade.
E que dicir de todas as mulleres do terceiro mundo, que, moitas veces, elas soas sacan aos seus fillos adiante, en condicións infrahumanas, de falta de hixiene, de educación, de sanidade e de todos os recursos mínimos necesarios para ter unha vida digna. Ademais, os problemas de pobreza extrema que sofren moitos millóns de persoas no mundo, afectan, especialmente, ás mulleres.
Esta situación cambiaría se viviramos nun mundo máis xusto que, como non existe, é unha meta que temos que alcanzar entre todos e todas. Se o conseguiramos, xa non teriamos que celebrar máis o día da muller traballadora, pois os seus dereitos seríanlle recoñecidos todo o ano."
Alumna: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Paderne
Mercedes Cachaza |
"O día oito de marzo é
o día Internacional da Muller, pero na Uned Sénior de Xestoso, este ano
celebrámolo o día 11 por razóns de organización interna. Facémoilo cun encontro de tódolas
aulas da Uned Sénior na parroquia de Momán
que pertence ó concello de Xermade na
provincia de Lugo.
Alí, co noso
Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño e cos nosos benqueridos profesores; todos xuntos, facemos unha serie
de reflexións en torno á celebración que nos une. Eu como muller e como alumna da Uned Sénior de Xestoso na aula de Paderne, A Coruña, tamén quero face-la miña humilde aportación, sobre algúns aspectos.
Eu nunca comprenderei por que a humanidade foi facendo discriminación de
sexos ata chegar á situación actual.
Tampouco comprendo
por que ten que haber un día internacional da mulller e non un día
internacional do home.
¿Non estamos ambos representados no día Internacional dos Dereitos Humanos?
Penso que nunha sociedade civilizada xa vai sendo hora de que nos sintamos como dúas caras da mesma
moeda.
Unha moeda, non é moeda se non ten unha cara e unha cruz. Pois coa humanidade
pasa o mesmo; todos somos persoas. E para os que nos chamamos cristiáns deberíamos pensar que viñemos a
este mundo cun determinado sexo para cumprir unha determinada misión igualmente importante, que desde sempre
estivo na mente do Creador.
Pero unha cousa é pensar e outra actuar.
Para pensar útilizámo-la lóxica, a capacidde de razoar; pero á hora de
actuar … ¿Qué utilizamos?
¿Por qué se fai discriminación no mundo laboral dependendo do xénero da
persoa traballadora?
Hai traballos que son propiamente masculinos e outros propiamente
femininos; pero tamén hai outros que se poden realizar independentemente do
sexo ó cal se pertenza. Os trabalos nin
masculinizan, nin feminizan; sencillamente dignifican á persoa que sabe
realizalos correctamente con amor e responsabilidade.
Na Uned Sénior temos
unha gran responsabilidade que cumprir, porque sómo-los maiores e estamos no
punto de mira de todos cantos son máis novos que nós. Por eso temos a obriga de se-lo mellores. E ímolo intentar con tódalas nosas forzas porque a humanidade
necesítanos urxentemente."
No hay comentarios:
Publicar un comentario