El 11 de marzo los sénior de la UNED A Coruña se reunieron para celebrar el día Internacional de la Mujer. La jornada contenía distintos actos: la intervención de Felipe Senén, profesor de Historia, que proyectó su visión de la mujer del rural y su papel, una mesa de trabajo con el propósito de debatir sobre el tema y la actuación del coro formado por alumnos sénior.
 |
El coro de los sénior durante su intervención |
 |
El profesor Felipe Senén |
 |
La mesa de trabajo compuesta por alumnas senior, profesor y coordinador |
A propósito de la jornada, dos alumnas del proyecto Sénior nos ofrecen sendas reflexiones sobre el día Internacional de la Mujer.
Alumna: María Lourdes Pérez Freire
Aula: Paderne
 |
María Lourdes Pérez |
"O día da muller traballadora non ten que ser só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano. Xa sabemos todos que, cando se lle dedica un día a algunha causa, é porque non está sendo tratada con xusticia.
A muller traballadora non é soamente aquela que desempeña a súa actividade fóra da súa casa; é tamén a que, desde primeiras horas da mañá, traballa sen descanso no seu fogar para sacar a súa familia adiante, e facendo malabarismos para que lle cadren as contas, e aos seus non lles falte o máis indispensable. Por enriba, a estas mulleres, chamadas “amas de casa”, ningunha institución lles recoñece oficialmente o seu traballo, nin cotizan á Seguridade Social, nin teñen dereito a unha pensión. Por esta situación, aos poderosos debíalles caer a cara de vergonza.
E se carecen do recoñecemento das institucións, moitas veces, desgraciadamente, tamén lles falta o apoio da súa familia, especialmente da súa parella. Expresións tan desafortunadas como: “E ti, que fas todo o día?” “Quen trae o pan á casa son eu”, están á orde do día.
Por outra banda, as poucas mulleres que consiguen un traballo fóra da súa casa teñen que desempeñar unha dobre xornada laboral, dentro e fóra do seu fogar. E sofren, ademais, outra descriminación, que, realizando a mesma actividade que os seus compañeiros varóns, reciben un salario inferior.
E xa non falemos de determinados empresarios, que se negan a contratar mulleres porque van estar embarazadas, van ter permiso de maternidade, van ter que faltar ao traballo por ter algún neno enfermo, etc. Sen recoñecer todos os beneficios que a maternidade e a crianza dos fillos aporta á sociedade.
E que dicir de todas as mulleres do terceiro mundo, que, moitas veces, elas soas sacan aos seus fillos adiante, en condicións infrahumanas, de falta de hixiene, de educación, de sanidade e de todos os recursos mínimos necesarios para ter unha vida digna. Ademais, os problemas de pobreza extrema que sofren moitos millóns de persoas no mundo, afectan, especialmente, ás mulleres.
Esta situación cambiaría se viviramos nun mundo máis xusto que, como non existe, é unha meta que temos que alcanzar entre todos e todas. Se o conseguiramos, xa non teriamos que celebrar máis o día da muller traballadora, pois os seus dereitos seríanlle recoñecidos todo o ano."
Alumna: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Paderne
 |
Mercedes Cachaza |
"O día oito de marzo é
o día Internacional da Muller, pero na Uned Sénior de Xestoso, este ano
celebrámolo o día 11 por razóns de organización interna. Facémoilo cun encontro de tódolas
aulas da Uned Sénior na parroquia de Momán
que pertence ó concello de Xermade na
provincia de Lugo.
Alí, co noso
Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño e cos nosos benqueridos profesores; todos xuntos, facemos unha serie
de reflexións en torno á celebración que nos une. Eu como muller e como alumna da Uned Sénior de Xestoso na aula de Paderne, A Coruña, tamén quero face-la miña humilde aportación, sobre algúns aspectos.
Homes e mulleres, mulleres e homes ...¿Non somos todos persoas?
¿Concíbese unha humanidade onde non haxa persoas de ámbolos dous sexos?
¿E un home máis importante que unha muller ou unha muller máis importante que un home?
¿Non somos todos enxendrados da mesma maneira?
¿Non nacemos todos do mesmo xeito? ¿Non temos todos unha nai e un pai?
Eu nunca comprenderei por que a humanidade foi facendo discriminación de
sexos ata chegar á situación actual.
Tampouco comprendo
por que ten que haber un día internacional da mulller e non un día
internacional do home.
¿Non estamos ambos representados no día Internacional dos Dereitos Humanos?
Penso que nunha sociedade civilizada xa vai sendo hora de que nos sintamos como dúas caras da mesma
moeda.
Unha moeda, non é moeda se non ten unha cara e unha cruz. Pois coa humanidade
pasa o mesmo; todos somos persoas. E para os que nos chamamos cristiáns deberíamos pensar que viñemos a
este mundo cun determinado sexo para cumprir unha determinada misión igualmente importante, que desde sempre
estivo na mente do Creador.
Pero unha cousa é pensar e outra actuar.
Para pensar útilizámo-la lóxica, a capacidde de razoar; pero á hora de
actuar … ¿Qué utilizamos?
¿Por qué se fai discriminación no mundo laboral dependendo do xénero da
persoa traballadora?
Hai traballos que son propiamente masculinos e outros propiamente
femininos; pero tamén hai outros que se poden realizar independentemente do
sexo ó cal se pertenza. Os trabalos nin
masculinizan, nin feminizan; sencillamente dignifican á persoa que sabe
realizalos correctamente con amor e responsabilidade.
¿Por qué se dan casos
de ter un soldo diferente por un mesmo traballo según que o realice un home ou
unha muller? ¿Ten algún sentido
como non sexa discriminar?
¿Facemos un mundo
máis feliz discriminando?
A min eso non me cabe
na cabeza. Non entendo por que
se tivo que chegar a esta situación. Celebramos este día
para reivindicar ¿Qué?
¿O traballo e tamén
os traballos das mulleres, que son tan antigos como a historia da humanidade? ¿Qué terá que facer a
muller para que se lle recoñezan?
Nestes tempos estamos asistindo a manifestacións que nos indican que
algo non vai ben. A min dáme moita pena e a veces sinto vergonza allea que se teña que
chegar a semellantes extremos.
Eu sei que é posible unha convivencia harmoniosa e saudable nas
relacións entre persoas de diferente sexo. De feito eu sempre estiven
rodeada de cabaleiros cos que me sentín e me sinto moi cómoda.
Nos matrimonios que trato tamén se dan unhas relacións moi humanas e
síntome moi cómoda na súa compañía. Admiro os homes que saben como tratar ás mulleres e viceversa. Admiro ás persoas que saben portarse como persoas sexan do sexo que
sexan. ¿Por que hai persoas que non saben comportarse?
Quero pensar que ninguén o fai por maldade, máis ben debe ser cousa de
educación. A educación é fundamental para todo. O ideal é que a persoa sexa educada desde a máis tenra infancia para
convivir sabendo o lugar que ten que ocupar en cada circunstancia da vida: como
amiga, como compañeira, como parella, como xefa ou como subordinada.
Algún día chegará en
que sexa así. Mentres tanto seguirmos
celebrando este día para concienciar e sobre todo para dar exemplo ás xeracións
que veñen detrás.
Na Uned Sénior temos
unha gran responsabilidade que cumprir, porque sómo-los maiores e estamos no
punto de mira de todos cantos son máis novos que nós. Por eso temos a obriga de se-lo mellores. E ímolo intentar con tódalas nosas forzas porque a humanidade
necesítanos urxentemente."