Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 1 de febrero de 2016

"Saberes e sabores das nosas froitas". Novo curso en Lousame







"Ao longo da historia da humanidade as persoas fomos perfecionando as técnicas de cultivo e o aproveitamento dos recursos para obter alimentos de xeito sostido no tempo e no territorio.

Desde mediados do século XX, esa experiencia acumulada foi prácticamente substituída por outras técnicas que significaban unha grande cantidade de producción de alimentos, concentrada en explotacións de tipo industrial e dependente do petróleo e das multinacionais a nivel mundial.

Máis, en moi pouco tempo, ditas técnicas evidenciaron ser pouco sostibeis, xa que se produciron mermas importantes de recursos básicos como a auga, a fertilidade dos solos, as sementes e variedades…. ademáis de non solucionarse a fame no mundo.

A finais do mesmo século XX xurdiron movementos e voces en todo o mundo que, ademáis de denunciar a insostibilidade e as consecuencias para o futuro do planeta e da humanidade desas prácticas, puxeron en valor os saberes labregos como coñecemento universal e científico de técnicas para recuperar a alimentación como un dereito das persoas que ademais non pode acabar co resto do planeta: xurdeu o que coñecemos como agroecoloxía, na súa dimensión non só de coñecementos de técnicas de agricultura ecolóxica, senón tamén na dimensión máis humana, máis da economía das persoas, da sostibilidade ambiental e social…

Na nosa terra, Galicia, o coñecemento, a valoración e a recuperación de saberes e sabores labregos arredor das hortas de froita faísenos imprescindible para poder tamén recuperar a sostibilidade social, económica, ambiental, cultural…do noso territorio.

Hai moitas persoas empeñadas nesta tarefa e neste curso trataremos de contribuir nela, recollendo ademáis dito coñecemento para compartilo e para recuperar sabores das nosas froitas e saberes do noso entorno".

Mª. do Carme Freire Cruces
Labrega e enxeñeira agrícola







 
Obxetivos do curso:




1. Recopilación e plantación na horta de Toxosoutos, sede da UNED Sénior da Coruña en Lousame, de variedades de froita da comarca, coa finalidade de transmitir coñecemento e formar a novas persoas.

2. Elaboración de material escrito e fotográfico para o inicio dunha publicación colectiva da UNED Sénior "Saberes e Sabores".

3. Inicio dun "Diccionario Comarcal Labrego".

Requisitos do curso:

  • Ter ganas de compartir saberes. 
  • Ter ganas de participar nos obxetivos do curso.



Imparte:

Mª. do Carme Freire Cruces. Labrega e enxeñeira agrícola


Contidos teórico-prácticos:



1.- Introducción
  • Evolución da fruticultura.
  • Diferentes orientacións na producción de froita.
2.-Platanción dunha hora de froiteiras

  • O solo
  • Os abonos de fondo e de mantemento da plantación
  • O rego.

3.- Multiplicación e propagación

  • Semente.
  • Acodo.
  • Estaquiña.
  • Enxertos. Tipos e épocas.
  • Patróns.
  • Variedades locais de froitas a recuperar e propagar para ter froita todo o ano.

4.- Poda. Principios da poda

  • Épocas de poda.
  • Incisións e anelados.
  • Útiles de poda.

5.- Poda de formación

  • Tipos de sistemas de formación: Vaso, palmeta, pirámide, etc.
  • Eixo central.
  • Poda en función das diferentes especies

6.- Poda de fructificación e aclareo de froitos

  • Órganos fructíferos e vexetativos.
  • Poda de fructificación en froitas de pepita.
  • Poda de fructificación en froitas de oso.
  • Aclareo

7.- Problemas sanitarios das froiteiras e os seus tratamentos


  • Plagas
  • Enfermedades
  • Fisiopatías


8.- Colleita e conservación da froita


Metodoloxía do curso:


Xunguindo tres aspectos para:
  • Procurar que afloren os saberes e as experiencias individuais que todas as persoas temos acumuladas.
  • Compartir ese coñecemento individual e poñe-lo a disposición colectiva.
  • Valorar e decatarnos de que así foi como até os días de hoxe se foron transmitindo saberes científicos e populares, rescatando a idea de universalidade da Universidade.

Técnica de aprendizaxe:


1. SESIÓNS EN AULA-HORTAS da comarca, pertencentes ao alumnadoe/ou á veciñanza, nas que vaiamos desbrozando o programa e os obxetivos.

2. VISITAS A HORTAS E PROXECTOS VITAIS DA COMARCA, de persoas que non sendo alumnado sí estean dispostas a compartir con outras persoas dúbidas, respostas posíbeis e experiencias.

3. CHARLAS/MESAS REDONDAS CON PERSOAS, que nos amplíen as nosas dúbidas ou nos abran camiños de saber.

4. GRABACIÓNS/FOTOGRAFIAS/BLOG de todo o que facemos, para poder ir elaborando as publicacións colectivas obxetivo do curso.

5. INVESTIGACIÓN E COLABORACIÓN, con outras persoas, entidades e organismos que teñan feito traballos no mesmo senso do curso.


Horario:

Xoves, de 11:00 a 13:00 horas.

Duración:
14 semanas, de marzo a xuño do 2016.
Locais:

Aulas e hortas do Mosteiro de Toxosoutos de Lousame.
Hortas do alumnado do curso.
Hortas doutras persoas da comarca.



Bibliografía:

· AUBERT, Claude. EL HUERTO BIOLÓGICO. Ed. Integral. Barcelona. 1997.

· BUENO, Mariano. EL HUERTO FAMILIAR ECOLÓGICO. Ed. Integral. Barcelona. 2006.

· BUENO, Mariano e outro. AGENDA DEL HUERTO Y EL JARDIN ECOLÓGICOS. Ed. Integral. Barcelona. 2004

· GROS, Michel. LUNARIO 2014. Ed. Artús Porta Manresa. Tarragona. 2013

· SEYMOUR, John. LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE. Ed. Blume. Montmeló. 1996

· STRAWBRIDGE, Dick e James. LA GUIA COMPLETA PARA UNA VIDA AUTOSUFICIENTE. TÉCNICAS TRADICIONALES Y ÚLTIMOS AVANCES. Ed. Blume. Barcelona. 2013






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Follow by Email