Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 18 de diciembre de 2014

Visita a la Escuela Naval Militar de Marín










"O día 16 de decembro de 2014 a Uned Sénior de Xestoso, acompañada polo profesor Felipe Senén López, dirixiuse a Marín para visitar a Escola Naval Militar da citada vila pontevedresa. O día era plomizo pero permitía divisar todo aquelo que o profesor nos ía explicando para reforzar coñecementos adquiridos en visitas anteriores por aquela zona. Entre outros:que o Museo de Pontevedra é o do máis rico de toda Galicia ou que Montero Ríos velou por Galicia en Madrid e construíu un pazo en Lourizán decorado con cadros de Ovidio Murguía. Actualmente esta finca é propiedade da Universidade de Santiago.

Aprendimos tamén que os reis Juan Carlos I e Felipe VI cursaron estudios na Escola Naval Militar que íamos a visitar e que fixeron as prácticas no buque escola “Juan Sebastián Elcano”.

Hay bibliografía que fala da procedencia galega de Cristobo Colón, da aldea de Porto Santo onde ten una casa que visitamos noutra ocasión.

A illa de Tambo situada fronte á Escola Naval ten una extensión de máis de 241.000 metros cadrados e que a película “Botón de Ancla”, na que tamén interviña o “Dúo Dinámico”, se rodou por alí. (Unha parte do alumnado lembrábaa). Soubemos que o Colexio Sagrado Corazón (Placeres) era un colexio feminino de élite e a relación deste con José Luis Martín Vigil e o seu libro: “Y la vida me sale al encuentro”.A Martín Vigil tamén o coñecíamos algúns dos alí presentes.

Entrando en Marín observamos como a Casa do Concello luce o escudo de Oseira porque Marín dependía de Oseira. A escultura de mariñeiros entrelazados por una rede, obra de Manuel Torres, pintor e escultor natural de Marín. Vimos tamén o complexo residencial anexo á Escola Naval Militar á man dereita, fronte á illa de Tambo, onde noutrora houbo un pequeno mosteiro destruido polo pirata Drake e onde se facían maniobras militares ata non fai moito.

Un pouco máis adiante estaban de veciñas una igrexa católica e unha evanxelista que poñía o seguinte encima da porta de entrada: “Yo soy el camino de la verdad y la vida. Nadie viene al padre si no es por mi”

Un paisaxe cun microclima especial onde medraban limoeiros, laranxeiras e outros vexetais propios dun clima mediterráneo.

Xantamos fronte a una pequena illa na que houbo una ermida adicada a San Crimenso que fixeran no século XIV os que foran a Sevilla.

Ás catro tiñamos a visita concertada na Escola Naval Militar de Marín onde nos recibiron; o Teniente de Navío: D. Antonio Barro, quen nos acompañou e nos guiou con moita cortesía polas distintas dependencias, e a Profesora da Escola Naval e da UNED Sénior de Pontevedra: Dona María José Manzanares, quen nos explicou maxistralmente a historia e a arquitectura do complexo, que cronoloxicamente, seguiría varios pasos:

A cousa comezou co Arcebispo Xelmírez,na Idade Media , co gallo de defenderse das invasións árabes, facéndose un baluarte defensivo. Xa no século XVII coa chegada dos Borbóns, en tempos de Fernando VII constriuse un estaleiro. En 1916 co Plan Mirandoa creáronse destacamentos militares en Marín, Vilagarcía e Vigo.En 1920 aparecen problemas de finaciación para os estaleiros da Armada, pero Jaime Janer, traslada a escola de Tiro de Santa Pola a Marín, falecendo catro anos máis tarde.

Xa en 1937, foi o xeneral Franco, a través de Salvador Moreno, por aquel entón Ministro de Mariña, cando se creou a Escola Naval Militar de Marín.

En 1938 o arquitecto Antonio Cominges Tapias, comezou cos planos, pero foi interrompido polo Teniente de Enxeñeiros Fernández Sau e polo Capital da Armada, o catalán: Jaime Santomá que faleceu en accidente supervisando una obra ; e foi nese momento cando retomou a obra o arquitecto Antonio Cominges.

Xa no interior do Patio de Armas puidemos observar as aulas que daban ó citado patio onde se encontra unh estatua de Asorey adicada a D. Álvaro Bazán, Marqués de Santa Cruz, mariño de Felipe II.

Na parte posterior da escultura pódense ler uns versos de Lope de Vega que refiren as fazañas históricas da época, unha auténtica cruzada relixiosa en defensa do Catolicismo:

EL FIERO TURCO EN LEPANTO

EN LA TERCERA, EL FRANCÉS

Y EN TODO EL MAR EL INGLÉS

TUVIERON DE VERME ESPANTO.

REY SERVIDO Y PATRIA HONRADA

DIRÁN MEJOR QUIEN HE SIDO

POR LA CRUZ DE MI APELLIDO

Y POR LA CRUZ DE MI ESPADA.


Detrás do monumento a Don Álvaro de Bazán, na fachada do edificio posterior podían lerse: “HONOR, VALOR, DISCIPLINA, LEALTAD” que deben se-las virtudes da vida militar.

Saímos do patio de Armas para admirar a fachada principal que dá á Porta Principal onde se atopa a Torre do Reloxio. A Profesora Dona María José Manzanares deunos as explicacións oportunas e a súa relación co Obradoiro.

A continucación dirixímonos cara ó comedor dos garda mariñas que tiña as mesas postas para cea. Unha pulcritude impoluta e unhas sillas de respaldo redondo daban idea de onde nos atopábamos. Pero o máis significativo eran os percheiros da entrada ubicados nun recinto de paredes recubertas con mármore italiano que Musolini lle regalara ó xeneral Franco.

Un pouco máis arriba atopámonos cunha Virxe do Carme, patrona da mariña esculpida por Asorey, dentro dunha venera que mostraba a nai e o fillo con coroas nas que estaban esculpidos sendos escudos de España. O Neno mostraba os brazos en cruz en relación á crucifixión que lle esperaba e das súas mans penduraban dous escapularios do Carme.

Por último despedímonos da amable Profesora que tivo que ausentarse e acompañados polo Teniente de Navío Don Antonio Barro, visitamos o Plano Histórico de Enseñanza, que viña a ser como un pequeno Museo cargado de historia.

E diante da porta agardábanos o remolcador María Pita. E no porto, estas embarcacións:

Nesta escola hai neste momento 420 alumnos dos cales 10 son rapazas que corresponden a unha ou dúas por cada promoción. Preguntado o Teniente polo máis emocionante da súa profesión dixo: -“Navegar a vela”, -“Navegar de noche” e “Compañerismo”. Este garda mariña sentíase como na casa porque é fillo e neto de marinos. Tamén se lle preguntou pola impresión que lle causaba o xénero feminino na Armada e dixo que neste aspecto a Armada era do máis aberto do mundo mundial. E para rematar una terceira apregunta: -¿Qué estudios se precisan para acceder a esta escola?-Bacharelato, unha selectividade alta e una gran preparación física.

Como caía a tarde, demos a visita por rematada despois de despedirnos con moita gratitude do Teniente que nos acompañou ata o mesmo auboús que nos levaría de retorno ó lugar de partida .

Foi una experiencia ben interesante".






MERCEDES  CACHAZA  PLATAS

Alumna da Uned Sénior A Coruña

Aula de Paderne

 

Celebración de la Navidad de los séniores UNED A Coruña. Aulas de Guitiriz, Momán, Xestoso, Cambás y Paderne


"Hoxe, día 17 de decembro, os alumnos e alumnas da UNED Sénior de Xestoso, celebramos a festa de Nadal en Momán. Arredor das doce da mañán, reunímonos todas as persoas que asistimos á clase de música, xunto cos nosos profesores, Fran e Marta. Había xente de Guitiriz, Momán, Xestoso, Cambás e Paderne.
Despois dos ensaios pertinentes, empezamos a actuación á unha da tarde.
Cantamos panxoliñas, en galego e castelán. Participou o coro e músicos, colectivamente, e tamén algún membro de xeito individual. Entre os diferentes vilancicos, fixemos lecturas alusivas ás festas de Nadal, coa finalidade de reflexionar o que significa para cada un de nós esta celebración. Asimesmo, cal debería ser a nosa actitude ante o vendaval de consumo que ten lugar estes días. Se non seríamos máis felices mercando menos cousas, e vivindo estas festas dun modo máis sinxelo e solidario coas persoas que sofren arredor de nós.
Ás dúas da tarde, compartimos un xantar de confraternidade, o cal aproveitamos para conversar animadamente uns cos outros, e coñecernos mellor. Pois, esta boa relación que nos une é o valor máis importante entre os obxectivos que pretende este proxecto colectivo que é a Uned Senior de Xestoso.
Todas estas actividades estiveron presididas polo noso coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño, quen nos dirixiu unhas palabras cheas de afecto e bos desexos para estes días de Nadal e Ano Novo. Tamén asistiron a esta festa outras profesoras que nos dan clases.
Despois de comer, aínda continuou a actuación do coro e músicos, interpretando, agora, diferentes pezas da música popular, acompañando as cancións con gaitas, saxos, bombo, tambor, caixa, panderetas, acordeóns, etc.
Desta maneira, todos xuntos, coordinador, profesores e alumnos, disfrutamos dunha xornada festiva, chea de música, reflexión, ledicia e bos desexos.

Desde a Uned Senior de Xestoso, UN MOI BO NADAL A TODOS E A TODAS!"


Alumno: José Rodríguez Pérez
UNED Sénior A Coruña

martes, 16 de diciembre de 2014

Circuito cultural por la ciudad de A Coruña



"O Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, acompañado polo seu coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño fixo un delicioso percorrido pola moi noble, moi leal e inigualable cidade herculina. Porque é A Coruña, unha das ciudades costeiras españolas cun encanto único e unha beleza digna de admiración. 
Introducímonos na mesma pola Avenida da Pasaxe, divisando á man dereita o porto da Coruña onde –ademais de outros- había atracados dous cruceiros, un deles de dimensións considerables. 
Imagen del grupo en la parada de la Torre de Hércules
Non era a primeira nin a segunda, nin a terceira vez que facíamos una visita panorámica á cidade, pero ben merece  A Coruña ser visitada de vez en cando porque é una cidade dunha beleza espectacular  que sempre ten sorpresas para ofrecer. 
Adentrándonos en Linares Rivas, chegando á Praza de Ourense onde hai una emisora da Cadena Ser, na que o noso coordinador ten un espazo reservado tódolos sábados para falar a a través das ondas de diferentes temas de actualidade.  Continuando a viaxe, á man esquerda quedaban a Fundación Barrié, a Fundación Caixa Galicia, o Obelisco, a Subdelegación do Goberno, -antigo Goberno Civil- e a Marina coas súas famosas cristaleiras coñecida a nivel mundial polas postais   que lle dan a esta cidade o renome de “Cidade de Cristal”.

Á man dereita deixábamos a Delegación do Goberno en Galicia, a Comisaría de Policía, os xardíns de Méndez Núñez, a Deputación, o Teatro Colón, o Palexco e outra vez nos encontramos cun dos cruceiros chamado Queen Victoria, de dimensións considerables, que se mostraba maxestuoso diante dos nosos ollos e despertaba en nós a intención de dar una voltiña polo mundo cando na UNED Sénior de Xestoso nos concedan un ano sabático. 

 
Antes de adentrarnos no Parrote, o coordinador mencinounos a María Pita e a Praza que leva o seu nome, onde se atopa a casa consistorial e onde o visitante pode ler: “Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña ,cabeza, guarda, llave y fuerza y ante mural del Reino de Galicia”.
Seguindo en rota sobre a aula ambulante, lembramos a Dona Emilia Pardo Bazán, o Arquivo, o xardín de San Carlos á man esquerda e á dereita quedaba o novo paseo da Marina, o hotel Finisterre e as instalacions deportivas da Solana; pero a nosa vista dirixiuse cara ó Castelo de San Antón que noutrora fora lazareto e máis tarde prisión para pasar a dedicarse na actualidade a Museo Arqueolóxico moi vinculado ó noso benquerido  Profesor Felipe Senén López e onde tamén está o “Home de Paderne”, que moitos paderneses recordamos con agarimo. 
E xa estábamos no famoso  Paseo Marítimo que bordea toda a cidade que nos levou ata o único  faro romano que se conserva en funcionamento e que ademais é Patrimonio da Humanidade. Ante os nosos ollos estaba a Torre de Hércules: lugar de beleza inigualble e de parada obrigatoria. Un lixeiro e animado paseo acercounos ata o monumento mentres disfrutábamos de amigable compañía ó mesmo tempo que as cámaras fotográficos aproveitan a ocasión para rexistrar a visita do alumnado Sénior de Xestoso a aquel  lugar.  
A Marola mostrábase relativamente apacible aínda que o día era dun plomizo outonal. No horizonte divisábamos toda a ría e varios barcos que seguían impasibles a rota que lle marcaba o seu destino.
O lugar traía á mente do alumnado da Sénior de Xestoso cando o Casón embarancou cubrindo  a cidade  cun tupido velo afumando. O lugar daba moito que ver e moito de que falar. 
Pero … o reloxio marcounos a hora de seguir observando  a Domus, o Complexo Salesiano, o estadio de Riazor e a cidade á man esquerda, mentres á dereita deixábamos o Aquarium Finisterrae, o Orzán e a Praia de  Riazor que artificialmente quedaba un tanto oculta por un enorme  valado de area que alí botaron para que sirva de dique en caso de efurecerse o mar. Non sei que é mellor: “se o remedio ou a efermidade”.
Deste xeito chegamos ata o Milenium mentres o serán se nos botaba encima. 
Ben que nos apetecía continuar polo Paseo Marítimo ata o seu remate, pero era hora de dar volta, cruzando a cidade que xa mostraba orgullosa os escaparates cheos de atractivos regalos de Nadal. 
Nós seguimos camiño porque "Lourenzo" agochado entre nubes, dicíanos  caladiñamente que era hora de retirarse porque de noite "tódolos gatos son pardos". Xa lle gustaría a quen esto escribe, telas palabras axeitadas para expresar as emocións que o circuito de hoxe despertou en cada un dos asistentes. O que si pode dicir é que naquela aula sobre rodas respirábase un ambiente moi grato, feliz  e acolledor. 
Volvíamos felices e agradecidos ós nosos fogares agardando o vindeiro martes que –se todo sae como está previsto- colleremos rumbo a Marín, na provincia de Pontevedra".


Crónica escrita por un alumno sénior de la UNED A Coruña 

lunes, 15 de diciembre de 2014

Un alimento por alumno









Alumnos de la UNED Sénior A Coruña, entregaron a la Cocina Económica de Ferrol, un lote de alimentos; comprados con la recaudación de la campaña iniciada hace unas semanas y alimentos que ellos mismos quisieron aportar.

Campaña que quisieron llamar "Un alimento por alumno" y que ya están pensando en repetir.


martes, 9 de diciembre de 2014

Mo-Vémonos

Los séniores de la UNED A Coruña, comienzan el programa Mo-Vémonos, a modo de complemento a sus actividades y clases teóricas. En palabras de Javier, el monitor responsable de este nueva actividad:
"Estas clases de ximnasia no rural desenvólvense os mércores dende as cinco ata as seis e media da tarde. E nesa hora e media hora, realizan movementos de quentamento e aerobic con coreografías a un ritmo que podan seguir estes maiores. Posteriormente, traballan a mobilidade de tódalas xuntas: brazos, pernas, costas, ...pesas e botelliñas de auga cheas de area a modo de mancuernas. Finalmente, as sesións rematan con exercicios no chan de correción postural e últimos estiramentos. As clases sempre se estruturan mesmo xeito, aínda que algunhas veces entramos máis en exercicios de cardio e outras noutros exercicios de mobilidade."

Lo cierto es que este grupo no para de sorprendernos. Ya insistimos en más ocasiones que su energía es incansable y sus ganas de aprender, ilimitadas. ¡Bien por ellos!

jueves, 4 de diciembre de 2014

De visita al Museo Pedagógico de Galicia


"Onte, día 3 de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Sénior de Xestoso, en compañía do noso profesor Felipe Senén López, visitamos o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia.

Primeiramente, subimos ao Monte do Gozo, onde observamos o estado de abandono no que se atopa o recinto. Logo, as estatuas ao peregrino, dende onde se divisan as Torres da Catedral.


Monte do Gozo
Seguidamente, visitamos o MUPEGA, sede actual inaugurada en outubro do 2004. Desta maneira, retomouse a iniciativa museística de 1.926, como un centro territorial galego, especializado en materia educativa.
 A finalidade do Museo Pedagóxico de Galicia é a promoción, recuperación, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia. Deste modo, preténdese, tendo en conta sempre o pasado, traballar no presente e coa mirada posta no futuro. É, ademais, unha maneira de honrar a todas as persoas que, de modo sinxelo e en condicións moi duras, fixeron posible a historia da educación na nosa comunidade.
Nas diferentes plantas, observamos xogos e xoguetes antigos, mobiliario, material didáctico, o mundo infantil, as Escolas de alén do mar, o sistema educativo, sala de investigadores, solaina de educadores e mesmo aulas de diferentes épocas, dende a Restauración; a República, o Franquismo, o Posfranquismo, ata a actualidade.
Moi significativo da escola de aqueles tempos é o famoso cadro a “Escola de Doloriñas”, do cal hai unha reprodución no museo.
Museo Pedagóxico de Galicia
O MUPEGA realiza exposicións temporais relacionadas cos distintos ámbitos da educación e da pedagoxía en Galicia. Ademais de potenciar e incentivar a innovación pedagóxica.
Na actualidade, ten lugar unha exposición para conmemorar os dez anos da súa creación, con gran cantidade de textos e imaxes alusivos a todas as actividades e acontecementos relativos ao funcionamento do museo neste período de tempo.
A algúns de nós, alumnos e alumnas da Uned Sénior de Xestoso da Aula de Paderne, fíxonos ilusión ver a un mestre, veciño noso, nun dos materiais audiovisuais, concretamente, Eloy Río Miño, que acaba de falecer.
Como sempre, unha visita moi interesante".


Crónica realizada por uno de los alumnos séniores
Uned Senior de Xestoso.