Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 5 de junio de 2014

"El Cantábrico besa Lugo", por la alumna sénior Mercedes Cachaza



Alumna sénior: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Xestoso-Momán




"Se a costa Cantábrica é fermosísima toda ela, na praia das Catedrais aínda é máis. Aquí o mar e a terra bícanse debuxando unha paisaxe inigualable, significando un lugar de encontro entre terra, mar. fauna, flora e visitantes de todo o mundo, tódolos días do ano e desde tempos inmemoriables. 

Mercedes Cachaza
O Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), tivo ocasión de visitar unha vez máis esta xoia paisaxística o día 3 de xuño de 2014. Foi o seu Coordinador, D. Luis Angel Rodríguez Patiño quen nos acompañou. A auovía A-8 levounos ata Ribadeo polas alturas a través de diferentes viaductos que deixabn debaixo fermosísimas paisaxes da Terra Cha que lucía o seu máis elegante traxe primaveral combinando tódalas tonalidades de verde co amarelo profundo das xestas no que se deleitaba  gando vacuno, gando cabalar, infinidade de bichiños pequechos observados desde as alturas por variedade de aves propias da zona. Un ambiente idóneo para inspirar a calquera  persoa cunha mínima sensibilidade pola nai natureza. 

O noso primeiro destino foi  a praia das Catedrais. O seu nome xa indica o que a nai natureza se esmera naquel lugar. A beleza natural do entorno impresionounos moito; o esmerado coidado da zona, así como o número de visitantes de diferentes lugares que disfrutaban do lugar un martes de primeiros de xuño, do ano 2014: alemáns, canarios, toledadanos, manchegos, outros moitos extranxeiros.
As Catedrais
 

Un espectáculo que a ninguén deixa indiferente son as mareas que soben a baixan ritmicamente obedecendo á atración existente ente a Terra e a Lúa. Algo máxico. Según figura nuns paneis da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, as mareas móvense arredor duns puntos nodais en sentido contrario ás agullas do reloxio . Estes puntos que afectan á mareas galegas está situados no Atlántico norte. 


Alumnos sénior
A diferencia maxima de altura entre a pleamar e a baixa mar pode supera-los catro metros. A baixamar prodúcese pasadas as seis horas da pleamar. Para maior gozo do Alumnado Sénior de Xestoso, naquel momento a marea estaba baixa e permitíunos gozar a tope dos seus encantos. 

Bordeando a costa e disfrutando da paisaxe e da paisanaxe de privilexio da zona dirixímonos a Foz onde puidemos disfrutar dun relaxante paseo pola beira do mar sentindo a nosa pel acariciada pola brisa mariña que  era moi suave, ó mesmo tempo que a nosa vista se recreaba vendo o mar e os bañistas que del disfrutaban. 

Abundantes paneis informábannos da flora e da fauna da zona así como das minas de caolín.  Todo un escenaio de beleza e riqueza que dá alegríia e benestar á zona. O segunte destino foi Burela onde se respiraba un ambiente mariñeiro de pacífica convivencia entre nativos e caboverdianos que lle daban unha pincelada de cor á paisanaxe urbana. Non visitamos o barco-museo pero uns enormes paneis que decoraban o muro de contención do mar indicábannos o ritmo de vida daquelas xentes ás que tanto lles debemos porque nos abastecen dos ricos e nutritivos  froitos do embravecido Cantábrico.
Luis A. Rodríguez, coordinador Sénior UNED A Coruña
 

A paisaxe costeira manifesta progreso e benestar coas súas casiñas unifamiliares telladas de lousa, os seus hórreos entre glegos e asturianos , as súas casas de indianos e a súa arquitectura relixiosa típica que eleva en oración os seus esbeltos campanarios. Durante todo o percorrido fomos seguindo o itineraio do Ferrocarril de Via Estreita deitado á carón do Cantábrico, algo así como o Transiberiano Español.. 

A temperatura moi agradable de 21 graos e o bo ambiente entre compañeiros xunto con todo o resto fixeron que esta viaxe fora enriquecedora aínda que podería ser mellor se nos puidera acompañar o noso benquerido Profesor, ó que en todo momento levamos no corazón. Agradecemos dun xeito moi especial a dedicación do noso Coordinador nun día moi especial para el: cumpría anos. Felicitámolo de todo corazón o mellor que soubemos, tal como se merece."




martes, 3 de junio de 2014

Lembranzas-Recuerdos. María del Carmen Rodríguez Bañobre, alumna sénior, cuenta cómo es la elaboración artesanal del lino


Elaboración del lino

Alumna sénior: María del Carmen Rodríguez Bañobre
Aula: Momán


"Empecei a ir coas vacas desde os 6 anos. Aos 12 xa levaba conmigo a roca e o fuso para fiar a lá, facía os calcetíns para todos os da casa. Con 14 anos andaba nos traballos maiores:segar, sachar, andar nas fias. De día traballamos e de noite xuntábamonos nunha casa, un día para cada unha, para preparar a lá, facer as tiras para as colchas de trapos, usábamos trapos vellos, preparar os fíos do liño.
 
A elaboración do liño é moi laboriosa .Seméntase no mes de abril. Ás tres semanas hai que quitarlle as herbas malas, hai que ir sentada encima del para aplastar a terra ben. Ás nove semanas mirase que a semente estea amarela para arrancalo, despois disponse en manoxos e arrástrase pola ripa, que é unha tabla pequena que ten dentes e arranca a semente. Esa bagaña ou semente, ponse nun rincón no cuarto e deíxasedous  ou tres días remexéndoa de cando en vez para que non quenza porque senon pudre, despois pose a secar ao sol e críbase para quitarlle a casca e así quedar limpa. 

O liño ponse en lotes pequenos, lávase no río, onde se fai unha poza e métese dentro dela, poñéndolle pedras encima para que non se saia da auga, ten que quedar completamente cuberto, para que lle pudra a casca, está alí metido vinteun  días.

Imagen: lino
Fuente: wikipedia
O cascoduro vai por dentro, é coma unha caña, por fora vai a fibra que é o propio liño. Logo desto haino que poñer aosol e estendelo finiño para que se seque, soía poñerse donde se segaba o trigo porque as pallas que quedaban levantábano e secábase mellor.Unha vez seco colócase en manoxos pequenos, contrapeado (mitade da raíz vai hacia un lado e a outra hacia o outro lado)e átase `pña metade có propio liño. Aproveitase cando se coce o pan, e despois de sacalo, métense os manoxos de liño no forno ata o día seguinte. Entón amazótase, entre catro tablas e outras tres que son as que a oprimen, hai que ter coidado para que non se rompa a fibra, primeiro ponse ó largo e despois un pouco ó través, ata quitarlle o cascarón. Máis tarde ponse cada manoxo en forma de ovillo e deixase ata que se volva a cocer.

Despois de sacar os bolos, vólvese a meter no forno durante todo o día. Despois táscase nunha tabla de pé, que se coloca nun banco e víase movendo o liño para que quede ben limpo. 

Este traballo facíase polas noites e reuníanse todos as veciñas cada día nunha casa. Logo hai que ripalo no restrelo, que é un peine de clavos de ferro, ó contrario da ripla que ten dentes de madeira para quitarlle a semilla.

Despois fíase na roca e no fuso, ensalibando todo o fio para que quede encerado, e ponse xa en madeixas para o seu uso na costura. Despois as madeixa hai que cocelas no pote.

Por dentro do pote métese todo o seu redore no fondo palla de trigo para que non se queime, se se lle vota outra palla tinxe o liño. Enxabónanse moi ben as madeixas e botánselle moita cinza para que blanqueen, cúbrense moi ben con auga e cócense un día enteiro. 
 Unha vez cocido o liño é moi resistente, pero se non se coce rompe moi facilmente. E despois de todos estos pasos, xa está preparado para usalo. 

É un traballo moi escravo o que lle hai que adicar moi tempo. 

Aínda hoxe conservo na casa liñaza para sembrar, pero eu non teño xa ganas de voltar repetir ese pesado traballo, xa estou xubilada, a disfrutar!!!!!"

 

jueves, 29 de mayo de 2014

Nueva ruta: Poio y la isla de A Toxa



Este martes nuestros séniores rondaron el sur de Galicia. El tiempo, como en casi toda la península no acompañó, es cierto, pero tampoco entorpeció en demasía las pretensiones de este grupito de intrépidos universtarios, ávidos de conocimientos.

De camino al Monasterio Mercedario de Poio, los séniores hicieron su primera parada en el visitado hórreo que domina el paisaje, símbolo inequívoco de dominio agrícola de la zona, en otros tiempos. Sumergidos en las instalaciones monacales, pudieron contemplar la Capilla de Santa Trahamonda, el Claustro de las Procesones -en el preciso momento de repique de campanas; eran las doce en punto de la mañana- y el Claustro del Crucero. Para completar el recorrido, pudieron acceder a la Iglesia; presidida por un retablo barroco.

Imágenes de la visita
Finalizada la clase de arte in situ, toca visitar el pueblo Combarro, conocido por los numerosos hórreos y cruceros que los lugareños cuidan con especial espero. Situado a 7 kilómetros de Sanxenxo, este pequeño pueblo marinero ha sido declarado bien de interés cultural como Conjunto Histórico y como Sitio Histórico.

A Lanzada

Sanxenxo y la playa de A Lanzada fueron los siguientes puntos de interés. Esta última, donde los sénor pudieron admirar su Capilla y el arenal que en época estival, es uno de los más solicitados por los bañistas. No en vano, la playa de A Lanzada es galardonada, habitualmente con bandera azul.

A Toxa

El Grove y la isla de A Toxa cerraron el ciclo de visitas en la agenda del martes. 

Los alumnos séniores, acompañados de Felipe Senén, profesor de Historia y del coordinaror del programa, Luis Ángel Rodríguez Patiño, disfrutaron, una vez más, de la intensa jornada de aprendizaje: arte, historia, sociología y en ocasiones, tintes de antropología, componen la miscelánea temática de estas clases "al natural".

Próxima visita: la mariña lucense.