"Tiña a escola a dous quilómetros. Ía a pé cos veciños algo máis maiores. Gustábame cantar á táboa e as provincias.
A profesora chamábase dona África, e era da Coruña, pero botou moi pouco tempo. Despois veu unha mestra chamada Estrellita que me mimaba moito: levábame ó cabo dela.Eu levaba un anaco de pan de centeo para o recreo, e como lle gustaba moito, eu dáballe o meu pan, e ela dábame chocolate ou unha laranxa. As compañeiras envidiábanme.
Despois a mestra levoume para a Coruña e poñíame escola un curmá dela que era avogado. Vivín na rúa Riego de Agua número 28, no terceiro, durante tres anos.
Cando rematei a escola, fun aprender de costureira coa máquina na cabeza, pasando por Momán ata Casas; dende o Alto".
Alumna sénior UNED A Coruña
Dosinda Lamas
No hay comentarios:
Publicar un comentario