Hoy publicamos una crónica más a propósito de la pasada celebración del Día de las Letras Gallegas, que la alumna Josefina Calvo, leyó durante los actos programados para esa ocasión.
"Hoxe, a UNED Sénior de Xestoso está a celebrar o Día das Letras Galegas, lembrando a este ilustre personaxe, Xosé Filgueira Valverde: profesor, escritor, intelectual, investigador, erudito e crítico. Eu escribín este texto para este día tan especial, e agardo que sexa do agrado de todos vostedes. Di así:
O Galego é a lingua da nosa terra, a que nos viu nacer, na que nos criaron e nos educaron os nosos proxenitores; con esas verbas de: -“ven aquí miña xoiña”, "ven que che quento as maíñas que ves morta de frío". Ou: "séntate á beira do lume e quenta eses peíños", "saca as zocas, que chas quento aquí no lume". Con aquela lapa branquecina que refrexaba nas zocas e o fume que se encerraba cando a leña estaba verde; aquelas palabriñas de cariño e o caloriño da lareira, ía pasando o frío.
Así era daquela a vida.
As flores das xestas e máis as dos toxos, adornaban os camiños por onde iamos á leña, á herba e máis ó río. E cando o sol se poñía e a noite refrescaba; -co rocío que caía-; as leiras, os prados e as prantas que había nelas; medraban sás e fortes para que a nosa Galicia seguise sendo cada día máis fermosa. Van as augas caladiñas polos ríos de Galicia, acariñando as pedras que están no fondo e tamén os peixiños que están á carón delas. As árbores que están á carón dos ríos, míranse nas súas augas claras e transparentes, que arrastran ben lonxe, cada folliña que cae.
A nosa lingua todo o mundo a coñece, porque os propios galegos polo mundo a levamos: uns, que emigramos, buscando mellor vida. Outros, profesionais: cantantes, actores, escritores, etc. Todos con moito orgullo, a nosa lingua querida sementamos, como: Álvaro Cunqueiro. Rosalía de Castro. Emilia Pardo Bazán. E Pucho Boedo, que coas súas cantigas, deixou a Galicia moi alta, nun pedestal.
A nosa lingua ten as verbas máis fermosas para que unidos entre todos, traballemos por esta nosa Galicia: a que nos viu nacer. A que tantas traxedias superou -como a do Prestige ou o Mar Egeo que empañaron as nosas praias e rías con esas mareas negras- mais, de todas se levantou.
Por eso temos que estarlles agradecidos: a todos os que nos aprenderon a falar a nosa lingua. Ós que nos ensinaron a dá-los primeiros pasos. Ós que nos sostiveron para que non caéramos ó camiñar. E, sobre todo, agradecer a sorte de nacer nesta terra tan fermosa e acolledora.
Cando eu era nena, nas escolas non se estudiaba o galego; por eso o mesmos galegos, -os que non tivemos a sorte de estudialo-; non sabemos falalo nin escribilo correctamente. Agora, ós nosos netos xa llelo ensinan nas escolas.
Eu penso que somos moi afortunados todos os que estamos aquí, e –sobre todo-os que emigramos, que poidemos voltar á nosa terrra, xa que moitos dos que se foron, non puideron regresar; e botaron en falta aquelas xuntanzas de familia, os camiños que percorrían cando eran rapaces, as festas cos amigos…
Todo aquilo que tiveron que deixar polo camiño e que nunca volverían a mirar".
Josefina Calvo Sánchez
Alumna da UNED Sénior A Coruña
Xestoso-Paderne
No hay comentarios:
Publicar un comentario