Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 22 de enero de 2015

Visita al Museo del Mar, en Vigo, por la alumna sénior Mercedes Cachaza






MUSEO DO MAR: ¿MOITO QUE MELLORAR?




O día 20 de xaneiro de 2015 o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso dirixiuse co seu Profesor Felipe Senén López cara a Vigo, onde se atopa ubicado o Museo do Mar de Galicia. A lección do día foi moi interesante porque o profesor, en canto pasamos Santiago, foi dando diversas pinceladas dos lugares do percorrido.

Lembrou a Rosalía, Camilo José Cela, Carolina Otero e tamén a Castelao para relacioar o humor universal deste galego con sucesos de actualidade relacionados coa cutura musulmana, de todos coñecidos. Puxo o acento na necesidade de educar a liberdade de expresión, referíndose ós límites da mesma e nunca, nunca, matar no nome de Deus.


O petróglifos de Monte Xiabre, a Virxe dos Milagres de Amil, o San Benitiño de Lérez e as lendas en torno ó que ten debaixo do seu altar, as aportacións de Feijó e Sarmiento para a cultura galega e como asesores dos reis Carlos III e Carlos IV, a batalla de Barosa entre galegose franceses, o mirador de Lobeira sobre Vilagarcía, a Illa de San Simón: lazareto, penal (catro anos a bordo dunha illa de Mosquera), escola de orfos e lugar de veraneo.


Os premios outorgados a Pontevedra pola súa rehabilitación e vida social, a importancia de Filgueira Valverde para o Museo de Pontevedra, Montero Ríos, ministro en 1890 e a Finca de Lourizán, a ría de Pontevedra: lugar idóneo para escola de navegación, o Monte Castrove e o Mosteiro de Armenteira que visitamos noutra ocasión, o Colexio de Placeres e Martín Vigil (“Y la vida me sale al encuentro"), o Marín como porto do Oseira (o polbo no interior galego), a Escola Naval Militar de Marín que visitamos recientemente e os petróglifos de Mogor.

A Península do Morrazo, Figuerido e o Lago de Castiñeiras, Bueu, onde Torrente Ballester escribíu “Los gozos y las sombras” que foi levada á pantalla e rodada no Pazo de Santa Cruz de Quita Pesares. Tamén como lugar de veraneo do Ministro Solana e de Xosé Manuel Beiras, un recordo para a industria Masó que acolleu a Urbano Lugrís, outra lembranza para a meiga María Soliña, da que tamén fala Celso Emilio Ferreiro, ó noso paso por Coiro, que ten unha igrexa barroca da que divisamos o campanario ó pasar, Moaña e Xil Ríos nos anos oitenta do século pasado, a Ponte de Rande e a súa maxestuosidade, construída nos anos setenta, os galeóns afundidos en Rande no 1777 que tamén inspiraron a Xulio Verne para escribir: “Vinte leguas de viaxe submariña” e a Igrexa de Guía construída polo arquitecto Gómez Román, discípulo de Antonio Palacios.

Xa na cidade de Vigo; Faro de Vigo, Pescanova, zona industrial do porto, emigración cara a América…Estaleiros de Barreras, Casa das Conchas (hotel de luxo construído por Antonio Cominges). Praia de Samil. Illa de Toralla cunha xigantesca torre construída por José Barbó que rompe coa excelencia da pasixe naquel lugar.

E por fin, chegamos ó Museo do Mar de Galicia, que era o obxectivo da nosa visita.



Na entrada, un mural de azulexos cocidos en Sargadelos mostraba un libro aberto de Valentín Paz Andrade, e Sempre en Galiza de Castelao, e unhas pescadoras: todo iluminado por un sol radiante mirando fronte as Illas Cíes: un lugar de encanto. O profesor exploicounos a orixe do edificio e os arquitectos que o rehabilitaron: o italiano Aldo Rossi e César Portela. Introducímonos no museo, que noutrora fora un matadeiro, onde nos recibiron dúas persoas con moita xuventude pero non tanta profesionalidade.

Guiados polo noso Profesor fomos percorrendo as diferentes salas dos tres edificios, que máis que un museo pareceunos un labirinto carente de sinalización adecuada, moito menos material exposto do que significa o mar para Galicia e escasez de paneis explicativos. Deunos a impresión dun museo inacabado ou de reciente construcción, cando na súa documentación figura que leva xa doce anos de vida.

Os Séniores da UNED de Xestoso esperábamos ver reflexado neste museo o que verdadeiramente significa o mar para Galicia e para os galegos. Esperamos velo algún día. O clima do día era moi apacible e a paisaxe era verdadeiramente reveladora dun encanto especial fronte ás illas Cíes que con razón queren presentalas como candidatas a Patrimonio de Humanidade.

Xa de volta o profesor fíxonos un resume do día e anunciounos que a próxima lección será a un lugar de gran interese arqueolóxico na zona de Carballiño.

A lección do día foi moi proveitosa grazas á copiosa información que nos facilitou o noso benquerido profesor; grazas á riqueza cultural e paisaxística de Galicia, grazas á meteoroloxía que nos acompañou e ó bo ambiente que se respiraba entre tódolos asistentes.

Moitas grazas a quen fai posible todas estas vivencias. Un recordo especial para o noso coordinador Luis Angel Rodríguez Patiño que hoxe non puido acompañarrnos persoalmente pero sí que notamos a súa tele-coordinación a través do teléfono e dos delegados.



Alumna: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Paderne. Xestoso
UNED Sénior A Coruña



No hay comentarios:

Publicar un comentario