"Onde estás, paz?
Non é por ti, que xa te vin ó entrar, é outra paz a que busco. A paz nas familias, a paz no mundo... Hai verdadeira paz nas familias? Penso que nalgunhas, tódolos días, non. Hai paz no mundo? Xa se ve o que está pasando, non sei se se basean nas relixións, nos fanatismos, ou en todo misturado.
Alumnos séniores durante distintas actuaciones musicales |
Vin na prensa non fai moitos días, dous fanáticos que se inmolaron, e atopáronse no outro mundo. E parece que pasou isto: dille un ó outro: "tanto nos prometeron que iamos atopar aquí, e non hai nada de nada". E dille o outro: "o que atopamos foi a morte".
Acórdome tamén de oír que non facía falta nin Garda Civil, nin Policía, nin nada, que era un gasto de cartos... para no valer nada, que vos parece? Habería máis paz sen os Corpos de Seguridade?
Non vou falar desa xente que mata, que lles comen a cabeciña e fan o que lles mandan... por que non llela comen para facer o ben? Para iso non, non teñen tempo.
Alumnos séniores celebrando el día de la paz |
Que a paz veña vindo para todos.
Pasemos o día de paz, en paz."
Alumno: Antonio Vilasuso
Aula: Momán
No hay comentarios:
Publicar un comentario