Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 3 de febrero de 2014

Los sénior celebran el día de la Paz


El 29 de enero, los alumnos sénior de A Coruña festejaron el día de la Paz. La cita era en Paderne y la jornada se desarrolló con la lectura de comunicados y la celebración de distintos actos.
Es por este motivo que tres alumnas sénior han querido rendir un especial homenaje con la publicación de sus reflexiones.






Alumna: Mercedes Cachaza Platas
Aula: Paderne
Reflexión publicada en GaliciaDixital



Alumna: Mª Lourdes Pérez Freire
Aula: Paderne



"A Paz significa harmonía, ausencia de conflito. Pero, onde está a harmonía?.

Hai conflitos por todas partes. Guerras, con miles de vidas truncadas e millóns de persoas desprazadas dos seus países e lugares de residencia, vivindo hacinadas en campos de refuxiados en condicións infrahumanas. Por que ocorren as guerras? Non son por motivos relixiosos, como nos queren facer crer. As guerras prodúcense por intereses económicos e de dominio dos territorios, codiciados pola súa riqueza en materias primas ou outros produtos. Aos que as provocan non lles importa a morte de miles de seres humanos nin a destrución de toda a súa forma de vida.
Aparte das guerras, tantos millóns de persoas sobrevivindo, cada día, en condicións de auténtica miseria, sen o máis elemental para poder saír adiante: falta de alimentos, auga potable, saúde, educación, etc., etc. Tantas e tantas persoas desprazadas do seu medio porque as grandes multinacionais lles ocupan a súa terra para explotacións de agricultura industrial, que a eles non lles beneficia en nada, e por enriba, non son sostibles medioambientalmente. Mentres isto ocorre, miles de persoas morren de fame no mundo.
E aquí, arredor de nós. 

Non fai falta ir a África ou a outros lugares do terceiro mundo. Ben cerca, temos case seis millóns de parados. Miles de familias nas que na súa casa non entra un euro. Como se pode vivir desta maneira? Persoas que foron expulsadas dos seus fogares por non poder pagar a hipoteca. Xubilados con pensións de miseria que teñen que pagar os seus medicamentos e non teñen.
Por outro lado, están os amos do mundo, que seguen a amasar fortunas, fabricando os produtos que venden en países onde os traballadores e traballadoras viven unha auténtica escravitude. Despois, estes ricachóns danlle uns cantos millóns a algunha organización de caridade e xa lles queda “a conciencia tranquila”. Xa cumpriron. O que practica a caridade é o que comparte o que ten; non o que dá o que lle sobra.
Logo, temos os banqueiros, a troika, o fondo monetario internacional, o banco central europeo, os mercados, etc. En fin, o poder, que está provocando que a riqueza se concentre, cada vez máis, nuns poucos, e a inmensa maioría da poboación sexa cada día máis pobre. 
Están tamén toda unha restra de corruptos que, co beneplácito do poder, amasan fortunas, malversando fondos públicos e outras lindezas. Estos son os que arruínan a economía, e non a xente normal que vive a diario do seu traballo.
E cando as persoas se manifestan para amosar a súa repulsa contra todos estes atropellos, dinlles que son violentos, case terroristas. A verdade é que non sei como non hai aínda máis conflitos. No fondo, é que somos xente de paz, e tamén que as familias, solidariamente, comparten o pouco que teñen cos seus fillos, netos e demais persoas necesitadas. Se non, a violencia xa estaría servida. Pois, se a xente é tratada con violencia polo poder, tamén responderá con violencia.
Non pode haber Paz se non hai xustiza. Polo tanto, procuremos a xustiza para termos a paz."






Alumna: Josefina Calvo Sánchez
Aula: Paderne


"Hoxe, a UNED Sénior de Xestoso, estamos celebrando o Día da Paz.

 ¡Que ben soa esa palabra e que ben a gusto nos sentimos cando no noso entorno temos paz e harmonía!
A Paz, que tanto desexamos todos os que loitamos por ela, porque no mundo hai moitas persoas que a precisan con gran urxencia. Que están pasando tantas calamidades, fame... fame de tantas cousas... de comida, de compaña, de traballo, de comprensión, de cariño..., que se senten tan baleiros, que non teñen ilusión por nada na vida. Mentres, os que teñen todo iso e moito máis, miran para outro lado e ignoran o sufrimento dos demais.

Acaban de pasar as festas navideñas. Nas nosas casas, houbo comida, bebida e agasallos para todos. Os Reis Magos trouxeron moitas cousas, sobre todo, para os máis pequenos, que comezan a abrir regalos e, ao final, só xogan cun ou dous, como moito, e para a miña humilde opinión, iso é un despilfarro por parte dos seus proxenitores, cando miles de nenos coma os nosos morren de fame e non teñen nin un só xoguete.

¿Non sería máis humano que houbera máis igualdade?. ¿Que todo o mundo tivera o preciso para vivir?. ¡Cantas toneladas de comida se tiran e canta xente morre de fame ao ano!. ¿Por que non se controla iso?. Porque falla a organización e que dentro de nós lata un nobre corazón.

Conseguindo todo iso, poderemos comezar a falar de Paz. Mentres ese momento non chega, na UNED Sénior, seguiremos todos unidos, demostrando a todo o mundo que nunca nos renderemos, e que sempre estaremos apoiando as boas causas, loitanto contra as inxusticias, e que estamos todos de acordo en que hai que acabar con elas, para construir un mundo mellor para os nosos fillos e netos, que o teñen moi complicado o día de hoxe.

E tamén quero dar as gracias ao fundador da UNED Sénior de Xestoso, ao cura D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, xa que, sen el non sería posible que nos coñecéramos este grupo de persoas que tan ben nos levamos, e compartimos comidas e xuntanzas, viaxes, anécdotas, ensaios, nos que tocamos e cantamos e, ás veces, tamén nos trabucamos, porque somos humanos e non hai ninguén perfecto. Pero, dos erros tamén se aprende. Rimos e divertímonos, loitamos e unimos as nosas forzas para facer un mundo mellor.

E que a UNED Sénior, por onde queira que vaia, destaque pola súa sencillez, humildade e polo seu bo facer, para axudar ao máis débil, e seguir os pasos do seu fundador. E con iso xa podemos estar satisfeitos."






No hay comentarios:

Publicar un comentario