Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 16 de enero de 2014

Visita al Centro de Interpretación del río Mandeo


El martes 14 de enero los sénior tuvieron la oportunidad de conocer el Centro de formación e interpretación de valores culturales y etnográficos del río Mandeo. Este Centro, proyecto del Estudio coruñés Barge Bouza Arquitectura, emulsiona perfectamente con el paisaje, por su natural aspecto, constituyendo así un elemento más del entorno, motivo por el cual ha sido premiado.

Durante la visita el alcalde del ayuntamiento de Curtis, quiso dar la bienvenida a nuestros alumnos sénior, convocando su propósito de crear una aula para un futuro muy próximo.








Crónica de la visita de Lourdes Pérez, alumna de la UNED Sénior A Coruña, del Ayuntamiento de Paderne:

"Hoxe, día 14 de xaneiro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso profesor D. Felipe Senén López, e polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, visitamos o Centro de Interpretación do río Mandeo, que se atopa no concello de Curtis.

Este Centro forma parte do Proxecto Mandeo, impulsado pola Deputación da Coruña, os diferentes concellos (especialmente o de Curtis) por onde transcorre o río, e tamén con fondos FEDER da Comunidade Europea. A súa finalidade é favorecer o desenvolvemento de todas as vilas e aldeas que se atopan á beira da conca do río e do seu ecosistema.

Esta  zona de Curtis xa tivo moita importancia na antigüidade, pois a xente prefería vivir no interior para protexerse dos ataques dos corsarios e outras invasións, que arrasaban as costas. 
 
A historia desta parte do territorio xa ven da época romana, pois en Curtis existiu o campamento romano da Cidadela, "Cors Prima Celtiverorum", cuns cincocentos mercenarios, procedentes do norte de África e tamén soldados celtas que traballaban para os romanos. Era esta unha avanzadilla importante. Despois do ano 300, trasladáronse a Cantabria. Aínda hoxe se conservan no lugar restos da arquitectura desta Cidadela.

No século XII, Alfonso VII trae frades que fundan o mosteiro de Sobrado. Foi este un aspecto moi importante na humanización e progreso cultural desta zona.

Hai cinco ou seis anos, nace este Centro de Interpretación medioambiental e cultural do río Mandeo, impulsado, como xa dixemos, polo Concello de Curtis, a Deputación da Coruña e con fondos FEDER. Foi deseñado por tres arquitectos moi xoves, o estudo Barge-Bouza. 
É un edificio moi novedoso. Está situado nunha braña e quere integrarse no medio. Está formado por catro partes, que semellan palleiros. Mesmo a protección de madeira lateral nos recorda estas construcións anexas ás casas labregas. É un concepto de arquitectura que rompe con todo. Os peldaños das escaleiras introducidos na propia parede; o cristal, o cemento; o choque entre ángulos rectos e liñas curvas, etc...

O edificio contén un salón de actos, unha zona de exposición interactiva, laboratorio, comedor, cociña e dormitorios, con literas, para unhas vinte e cinco persoas. É estupendo para campamentos de verán sobre medio ambiente ou outras actividades semellantes, sempre con xente nova. O  importante é que se lle dea un bo uso, pois, se non, sería unha gran perda de diñeiro e tempo.

A visita estivo enriquecida pola presenza do Sr. Alcalde de Curtis, quen nos deu a benvida e nos agradeceu a nosa presencia, explicándonos diferentes aspectos e singularidades deste concello. O noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, aproveitou para manifestarlle a necesidade de que se crease algunha aula da Uned Senior en Curtis, como un factor máis de promoción cultural e de desenvolvemento desta área. O Sr. Alcalde acolleu moi positivamente esta petición e respondeu que a tería en conta nos seus proxectos inmediatos.

Como de costume, foi unha visita moi interesante."

No hay comentarios:

Publicar un comentario