Situado en el municipio coruñés de Bergondo, el Pazo de Mariñán es una construcción del siglo XVIII, que atesora un jardín de estilo francés.
En la actualidad es propiedad de la Diputación de A Coruña, cuyo uso lo destina a fines meramente sociales. Es habitual como centro formativo donde se imparten cursos, destino de actos institucionales así como las visitas diarias a las zonas habilitadas como Museo.
Alumnos Sénior durante la visita |
Durante el recorrido por los exteriores del Pazo |
Crónica de la visita vista por uno de los alumnos sénior:
"Día 7 de xaneiro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, despois do
descanso de Nadal, iniciamos as clases de Historia de Galicia, cunha visita aos
xardíns do pazo de Mariñán. Acompañados polo noso profesor D. Felipe Senén
López, e o noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, demos un paseo polos
exteriores do pazo.
O noso profesor dounos unha ampla e clara
explicación sobre as orixes, propietarios e usos deste pazo a través da
historia. A súa orixe remóntase xa á Idade Media (mesmo podería haber restos
romanos debaixo), onde existiu unha fortaleza defensiva, pertencente a algún
señor das Mariñas. No século XVIII, construiuse o pazo, que foi ampliado nos
anos setenta pola Deputación da Coruña, a actual propietaria. A parte nova é a
zona de aloxamento. Hoxendía, o Pazo de Mariñán utilízase como centro de cursos,
para actos institucionais e como museo do propio pazo.
O último
propietario foi D. Gerardo Bermúdez de Castro, Señor de Láncara e de Mariñán.
Os
fidalgos regresaban das cruzadas e construían pazos, como lugares de descanxo e
lecer. Varios escritores, entre eles, Dona Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán,
Torrente Ballester, etc., tratan o tema dos pazos nas súas novelas. Os
pazos construianse en lugares fértiles e abrigados.
O de Mariñán atópase nunha
zona privilexiada, á beira da Ría de Betanzos. Está situado en terrazas, unha
para a horta, outra para o pazo, outra para o xardín, e, por último, o muro.
Atópase nunha zona fértil, e cunha ría rica en marisco, peixe, xuncos, aves
migratorias. Todo isto, naquel tempo, era unha auténtica fonte de riqueza. A
parte do bosque tamén aportaba beneficios ao pazo.
Os xardíns son de
tipo francés, cuns marabillosos parterres de buxo, con símbolos propios da arte
popular, e tamén eucaliptos centenarios, camelios, teixos, magnolios, etc. Logo,
unha campa de romaría, que, no seu momento, sería unha zona de cultivo, chea de
árbores froiteiras. A escalinata do xardín, de pedra, de tipo barroco. Na súa
construción participan grandes mestres da arquitectura. Posúe unhas esculturas
que parece ser que tiñan relación con outras gregas e romanas.
Despois dun interesantísimo e ameno
paseo, finalizamos o percorrido no posto de observación ornitolóxica, onde, a
simple vista, puidemos contemplar varias aves, entre elas, patos e gansos.
Finalmente, vimos o cruceiro que foi instalado no ano 2010, por
iniciativa, entre outros, do noso profesor D. Felipe Senén López. A obra é un
fermoso exemplar, cunha figura do Descendemento e tamén de S. Roque, patrón do
pazo ; é moi similar a outro que hai indo para Noia.
Como sempre,
rematamos a visita moi satisfeitos."
No hay comentarios:
Publicar un comentario