Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 28 de marzo de 2016

"La vida de antes" por Anuncia Couto Pena







"Cando a miña nai pariu, era costume levar un feixe de palla ó pé da lareira e a criatura que nacía, deixábase na palla. A miña nai poñía un gorro na cabeza do pequeno, según decía para que "se libertara", é dicir, para libertar a placenta, e de seguido o pai mataba unha galiña para facerlle o caldo e darllo a parida. Ata os tres días non se levantaba. Logo a traballar na casa, facendo a comida, e coidando a criatura. Era momento das visitas, con cestas de pan, unha libra de chocolate, unha taza de manteca e unha botella de viño Sansón.

Ós quince días xa ían traballar fóra, coma se non pariran. As obrigaba a necesidade.

A miña vida foi moi dura, tiña que facer o traballo dos homes tamén: cavar na roza, arrincar o esterco na corte, arar nas leiras, coller os toxos, etc... Primeiro apañábamos co tronzón, e despois, coa máquina. Arrincar pedra con meu pai. Os homes marchaban para Castilla e nós, miña nai; miña irmán; e máis eu, tíñamos que facer todo o traballo que había na casa".




Alumna: Anuncia Couto Lema


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Follow by Email