Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 18 de diciembre de 2014

Celebración de la Navidad de los séniores UNED A Coruña. Aulas de Guitiriz, Momán, Xestoso, Cambás y Paderne


"Hoxe, día 17 de decembro, os alumnos e alumnas da UNED Sénior de Xestoso, celebramos a festa de Nadal en Momán. Arredor das doce da mañán, reunímonos todas as persoas que asistimos á clase de música, xunto cos nosos profesores, Fran e Marta. Había xente de Guitiriz, Momán, Xestoso, Cambás e Paderne.
Despois dos ensaios pertinentes, empezamos a actuación á unha da tarde.
Cantamos panxoliñas, en galego e castelán. Participou o coro e músicos, colectivamente, e tamén algún membro de xeito individual. Entre os diferentes vilancicos, fixemos lecturas alusivas ás festas de Nadal, coa finalidade de reflexionar o que significa para cada un de nós esta celebración. Asimesmo, cal debería ser a nosa actitude ante o vendaval de consumo que ten lugar estes días. Se non seríamos máis felices mercando menos cousas, e vivindo estas festas dun modo máis sinxelo e solidario coas persoas que sofren arredor de nós.
Ás dúas da tarde, compartimos un xantar de confraternidade, o cal aproveitamos para conversar animadamente uns cos outros, e coñecernos mellor. Pois, esta boa relación que nos une é o valor máis importante entre os obxectivos que pretende este proxecto colectivo que é a Uned Senior de Xestoso.
Todas estas actividades estiveron presididas polo noso coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño, quen nos dirixiu unhas palabras cheas de afecto e bos desexos para estes días de Nadal e Ano Novo. Tamén asistiron a esta festa outras profesoras que nos dan clases.
Despois de comer, aínda continuou a actuación do coro e músicos, interpretando, agora, diferentes pezas da música popular, acompañando as cancións con gaitas, saxos, bombo, tambor, caixa, panderetas, acordeóns, etc.
Desta maneira, todos xuntos, coordinador, profesores e alumnos, disfrutamos dunha xornada festiva, chea de música, reflexión, ledicia e bos desexos.

Desde a Uned Senior de Xestoso, UN MOI BO NADAL A TODOS E A TODAS!"


Alumno: José Rodríguez Pérez
UNED Sénior A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario