Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 14 de julio de 2014

El Aula de Rianxo acogió el acto de Clausura de Curso de nuestros sénior

Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, presidió, junto con la directora del Centro Asociado UNED A Coruña, Susana Blanco, el acto oficial de Clausura del curso que finaliza, de la UNED Sénior. El regidor y la directora, estuvieron acompañados en la mesa por el coordinador del Programa Sénior, Luis Ángel Rodríguez Patiño, por Miguel Somoza, profesor de la UNED en Madrid en la Facultad de Educación, gran conocedor de Rianxo y artífice de la llegada de la Senior a esta localidad, la concejala de Cultura del consistorio,  Hadriana Ordóñez Antón Vilariño,  coordinador de la Senior en esa localidad.

Junto a todos ellos no podían faltar los protagonistas; nuestros queridos alumnos sénior y algunos de los profesores responsables de cada asignatura. Todos compartieron una jornada feliz, cuajada de anécdotas, donde la cultura gallega estuvo presente en cada acto de la agenda programa para ese día. Se acompaña crónica relatada por una alumna sénior:
Susana Blanco, directora de la UNED A Coruña acompaña a  una alumna sénior
"En Rianxo, na terra de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, tivo lugar, hoxe, a Clausura do curso 2013-2014 da UNED Sénior de , e da recén nacida aula Uned Senior de Rianxo.

Un acto moi entrañable, presidido pola directora da UNED da Coruña, Susana Blanco Miguélez, polo alcalde de Rianxo, un profesor da UNED de Madrid, moi comprometido coa creación da UNED de Rianxo, e polo coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño, alma mater deste proxecto.

Nada máis chegar, fomos amablemente acollidos, e percorremos as rúas e prazas máis emblemáticas do pobo, acompañados por un guía, quen nos foi explicando os aspectos máis interesantes da historia e cultura desta vila mariñeira. As casas de Manuel Antonio, de Castelao e de Rafael Dieste. A praza Castelao, a praza Pequena, onde se atopan as casas de pescadores máis antigas da vila. O porto. As diferentes esculturas e bustos dedicados ás máis importantes figuras da historia e cultura deste pobo.

A continuación, no Auditorio, tivo lugar o acto institucional de Clausura do curso. Interveu, en primeiro lugar, o alcalde de Rianxo, agradecendo a nosa presenza e esforzo para que este proxecto da UNED Sénior se manteña e siga adiante. Tamén, manifestou a súa satisfacción por que a UNED Sénior chegara a Rianxo, e agradeceu a todas as persoas que o fan posible co seu esforzo e traballo.

Xosé Romero, profesor de Música de los sénior, junto al alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños




















Na mesma liña foi a intervención da directora da UNED. Contenta e agradecida de que o esforzo que supón este proxecto dé os seus froitos, aumentando cada curso o número de alumnos e de asignaturas. Coma sempre, animounos a seguir participando e manternos activos, tomando parte en todas as actividades que se nos ofrecen, e mantendo esa relación de colaboración e amistade entre todos, e que nós tanto valoramos.
Tamén nos dirixiron unhas palabras de ánimo e agradecemento os dous coordinadores, especialmente o noso, Luis Ángel Rodríguez Patiño, que, coma sempre, afirmou: "A UNED sodes vós. Sen vós, non habería proxecto". E nós ben sabemos que é a columna vertebral deste edificio, chamado UNED Sénior de Xestoso, e que, agora, xa se estendeu a Rianxo, e oxalá invada Galicia.

A continuación, tivo lugar a entrega de diplomas. Logo, actuacións dos alumnos de música das diferentes aulas, tanto de Xestoso como de Rianxo.
Alumnos sénior de la asignatura "Cultura Musical de Galicia"

Finalmente, un xantar de confraternidade, nunha carpa, ao lado de praza Castelao. Rematando con máis actuacións musicais. Foi un acto moi emotivo, nun fermoso día soleado do mes de Santiago, nun lugar emblemático para a literatura e cultura galega, ao lado do mar de Arousa.
Moitísimas gracias a todos e a todas os que fan posible este proxecto, no que nós nos sentimos moi orgullosos e privilexiados de participar, e vivir estas experiencias tan enriquecedoras."

No hay comentarios:

Publicar un comentario