Los séniores de la UNED A Coruña visitaron tierras de Lugo. A continuación algunas imágenes de la visita histórico-cultural.
![]() |
| El profesor Felipe Senén durante las explicaciones |
| Senén en un momento de la clase |
| Imagen del grupo |
![]() |
| El profesor Felipe Senén durante las explicaciones |
| Senén en un momento de la clase |
| Imagen del grupo |
Los integrantes del Programa Sénior UNED A Coruña, en particular los alumnos matriculados en este especial formato de educación universitaria en el rural, quieren manifestar el agradecimiento por la reciente y especial participación de La Caixa con la donación de 3.000€ al proyecto.
Esta entidad se ha sumado a actuales apoyos, de forma excepcional, con el propósito de fomentar y divulgar la educación superior en el rural, ámbito donde las dificultades físicas y geográficas no favorecen el acercamiento de este colectivo a las enseñanzas universitarias.
O cincuenta e tres por cen da poboación do mundo son mulleres, e só posúen o un por cen da riqueza. A maioría dos mil cincocentos millóns de persoas que viven cun dolar ao día son mulleres. Atrapadas na pobreza, moitas mulleres carecen de acceso aos recursos e servizos para cambiar a súa situación.
Os efectos negativos da globalización da economía repercuten maiormente sobre as mulleres. A vinculación da economía aos mercados mundiais a miúdo dá lugar a unha redución do gasto público e dos programas sociais, trasladando o custe ás familias, onde adoitan ser as mulleres as que cargan coas consecuencias destes recortes.
Segundo a OCDE(Organización para a Cooperación e Desenrolo Económicos), a diferencia salarial entre homes e mulleres, nun traballo a tempo completo, é dun dezaseis por cento. E o traballo a tempo parcial é realizado maiormente por mulleres, para poder compatibilizar a vida familiar e laboral, e coa conseguinte retribución máis baixa. E moitos empresarios ás mulleres con fillos xa non as contratan.
Un dato moi significativo é que só un trinta por cen das empresas son propiedade de mulleres. E só un dez por cen dos postos nos consellos de administración está ocupado por mulleres.
E, canto vale o traballo doméstico? Cociñar, lavar, limpar, coidar os nenos, os anciáns, etc. Este traballo non é valorado polos economistas. Parece un traballo insignificante comparado co que se produce fóra do fogar, nas fábricas, nos hospitais, nos talleres, etc. Pois, a actividade no fogar ten un valor entre un vinte e un trinta por cen no PIB (Produto Interior Bruto). E o oitenta por cen das tarefas domésticas lévanas a cabo as mulleres. Amamantar a un bebé non conta no PIB. O traballo doméstico é un dos grandes determinantes da calidade de vida. E non é invisible, pero como se o fora, pois ninguén o recoñece nin o remunera. Mentres a muller está na casa, criando os fillos e facendo as tarefas domésticas, o marido está cotizando á Seguridade Social e promocionando laboralmente.
Necesítanse unha serie de políticas encamiñadas a que os pais e nais concilien a súa vida familiar e laboral de forma paritaria (os dous en igualdade), con licencias de maternidade e paternidade obrigatorias e remuneradas, e financiadas con fondos públicos. Nalgúns países nórdicos, a licencia para criar un bebé dura ata un ano. Esta é unha verdadeira forma de promocionar a natalidade.
Garderías públicas que cubran todas as prazas que se necesitan, residencias da terceira idade, atención e axuda á dependencia, etc., etc. Cuns servizos sociais de calidade para todos os que os necesiten. E, ademais, esta sería unha boa forma de crear bastantes postos de traballo, especialmente para as mulleres.
E, como se financia todo isto? Cunha política fiscal xusta e solidaria, onde paguen os que máis teñen. E cunha persecución implacable da corrupción e do fraude fiscal. En fin, onde a persoa sexa o centro e o obxectivo principal de preocupación dos poderes públicos, e non a macroeconomía, o déficit, a Troika ou os mercados".
"O día da muller traballadora non ten que ser só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano. Xa sabemos todos que, cando se lle dedica un día a algunha causa, é porque non está sendo tratada con xusticia".
"Homes e mulleres, mulleres e homes... ¿Non somos todos persoas? ¿Concíbese unha humanidade onde non haxa persoas de ámbolos dous sexos? ¿E un home máis importante que unha muller ou unha muller máis importante que un home? ¿Non somos todos enxendrados da mesma maneira? ¿Non nacemos todos do mesmo xeito? ..."
"No día de hoxe, tres de marzo, os alumnos e alumnas da Uned Sénior de A Coruña, Aula de Xestoso, acompañados polo noso profesor Felipe Senén López, fixemos unha viaxe ao Cebreiro, para visitar a capela de Santa María a Real e tamén o conxunto histórico que a rodea.
Seguindo a A6, e deixando os Ancares á esquerda, e á dereita a Torre de Doncos, que controlaba estes pasos (Gustavo Adolfo Bécquer escribiu unha lenda sobre este castelo), continuamos polo gran viaduto que percorre a serra, noutro tempo chea de soutos de castiñeiros, e que eran a base da economía dos habitantes destas terras, proporcionándolles madeira, castañas, etc. Atravesamos o río Navia, que nace nestes montes. Das terras de Doncos e de Becerreá proceden figuras moi interesantes da Transición, como os irmáns Rosón.
El profesor, Felipe Senén, durante la explicación Á dereita, as terras do Cebreiro. Chegamos a Pedrafita, capital do Concello. E enfilamos a costa cara a parte alta da serra, divisando os camiños acodados, en zig-zag. E, alí, a 1.300 metros de altitude, no lugar máis soleado de Galicia, atópase o conxunto histórico de Santa María a Real do Cebreiro. É esta unha igrexa prerrománica, do século IX. Fundada polo conde de Aurillac, vinculado á orde Beneditina, despois do descubrimento da tumba do apóstolo Santiago, en Compostela, en tempos do rei Alfonso II, e de Carlomagno, para contrarrestar a influencia dos seguidores de Alah. É o monumento máis antigo da ruta xacobea. E creouse para dar acougo e orientación aos peregrinos e potenciar o Camiño de Santiago.
A igrexa alberga unha talla románica da Virxe, do século XII, unha copia dun Cristo do século XV (o orixinal foi levado ao museo de escultura de Valladolid), a pía de cristianar, para o bautismo por inmersión. E, sobre todo, as reliquias do milagre do Santo Grial, co cáliz e a patena (que hoxe forman parte do escudo de Galicia) e os relicarios, agasallo dos reis Católicos, que conteñen restos do corpo e o sangue de Cristo, procedentes do milagre que se produciu cando aquel cura incrédulo oficiaba misa só para un humilde parroquiano devoto. Tamén se atopa, á esquerda do altar, a tumba de Luís Valiña, o cura do Cebreiro, gran impulsor desta igrexa e de todo o Camiño de Santiago. É o creador das ben coñecidas frechas amarelas para a sinalización da ruta xacobea. Felipe, o noso profesor, traballou aquí, nalgún momento, na restauración da igrexa co seu profesor, o arqueólogo Chamoso Lamas.
Ademais da igrexa de Santa María, visitamos dúas pallozas, restos actuais da arquitectura prerromana da zona dos Ancares. Algunha delas estivo habitada ata os anos sesenta e, actualmente, atópase bastante modificada con respecto ao seu estado orixinal. Eran construcións circulares, de pedra e muros anchos, cubertas de palla de centeo, moi similares ás dos outros países celtas, como Irlanda, a Bretaña, etc. Dentro, convivían persoas, animais, apeiros de labranza, menaxe de cociña, etc. Moi interesantes os escanos arredor da lareira, o burro e a gramalleira para colgar o pote. O canizo para curar as castañas, os secadeiros para a carne e os queixos, etc. Todo ben curado e conservado polo fume.
Xa de volta, seguimos disfrutando da fermosa paisaxe destas terras do Cebreiro; pois, a pesar da chuvia, a néboa levantouse nalgún momento para darnos unha tregua. Como sempre, foi esta unha viaxe moi interesante".
El coordinador del programa Sénior de la UNED coruñesa, Luis Ángel Rodríguez Patiño, nos hizo llegar más imágenes de nuestros séniores durante la reciente visita a la Casa de la Palabra, en Vigo. Visita que no se condicionó unicamente al conocimiento de las propias instalaciones museísticas, sino que se acompañó con una auténtica clase magistral del profesor Felipe Senén, que iba ilustrando a los presentes con anédoctas y datos de interés.
"Hoxe, día 24 de febreiro, os alumnos e alumnas da Uned Sénior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor Felipe Senén López, viaxamos á cidade de Vigo, para visitar o Verbum ou "Casa das Palabras".
Felipe Senén, profesor del programa Sénior A Coruña
Como fai habitualmente, Felipe Senén, foinos comentando detalles interesantes nos que nos debíamos fixar durante o percorrido. Chegando á cidade de Pontevedra, chamou a atención os malos olores da celulosa, a contaminación da ría a causa dos vertidos, etc. Como viaxamos pola costa, chegando a Marín, o colexio de Placeres, o complexo de Lourizán, coa Casona de Montero Ríos, a Base Naval, obra de Antonio Cominges, etc. Logo, a praia de Portocelo e a de Mogor. Aquí, fixemos unha parada para observar os famosos petróglifos, incluído o labirinto, que nace dunha cruz, unha importantísima obra da arte rupestre, que foi motivo de varios libros e congresos. E tamén a fermosa paisaxe que desde aquí se observa, coa illa de Ons ao fondo.
Seguidamente, a praia de Aguete, o Seixo, onde, ademais da igrexa católica, hai outra protestante bastante importante. Atravesamos a ría pola ponte de Rande, debaixo da cal aínda permanecen os famosos galeóns, dos que fala Julio Verne na súa obra “Vinte mil leguas de viaxe submarino”. Á esquerda, a illa de San Simón, antigo lazareto; logo, durísima prisión durante a guerra civil e, posteriormente, orfanato.
Continuando cara a Vigo, á dereita, a Virxe da Guía, deseñada por un arquitecto discípulo de Antonio Palacios. Xa na cidade, entramos polo barrio de Teis. Logo, o Berbés, o barrio máis antigo da cidade. O porto, a antiga estación marítima, desde onde partiron tantas persoas cara América. Construída en 1.959, e diante da cal hai un monumento ao emigrante e tamén á familia que o despedía. Hoxe en día, lugar de chegada e partida de grandes cruceiros turísticos. Un fermoso cruceiro do escultor Faílde. A nova estación marítima, co seu centro de visitantes, lugar de chegada e partida dos pequenos barcos que fan a liña a Cangas, Moaña, ás Cíes, etc. O club Náutico, o antigo hotel Bahía, unha orixinal escultura de Paco Leiro, “O esnafrado”. Un moderno centro comercial.
Deixamos o Berbés e entramos en Bouzas, onde están as grandes consignatarias. A lonxa, cos grandes camións frigoríficos preparados para a distribución do peixe. O porto pesqueiro, o porto industrial. Os estaleiros de Barreras. Seguimos cara a Samil. Á dereita, o museo do Mar, situado na parroquia de Alcabre, onde se atopaban os antigos matadoiros de Vigo. A marabillosa paisaxe da ría de Vigo, coas illas Cíes ao fondo.
Chegamos ao Verbum, motivo principal da nosa viaxe, aínda que non o único. E Felipe explicounos que se trata dun moderno edificio, exemplo da arquitectura contemporánea, deseñado por César Portela. É un cubo, construído con ferro, vidro, pedra e mesmo algúns materiais de importación. Nace no ano 2003. Atópase ao lado de praia de Samil. No centro, contén un lucernario, a través do cal a luz do sol ilumina a estancia de diferentes formas ao longo do día.
O Verbum é un museo interactivo. No seu interior, hai unha serie de cubos de madeira. Cada cubo asóciase cunha letra. Xuntos abarcan todos os aspectos relacionados coa palabra: como falamos, como escoitamos. Diferentes tipos de comunicación. As máis importantes linguas do mundo, cos seus diferentes alfabetos. A súa orixe. A linguaxe corporal. Como xurdiu a escritura, desde os petróglifos, os ideogramas, ata chegar ás letras. As táboas, pergameos, o papel, os libros manuscritos, coa importancia dos Mosteiros na súa confección. Logo, a invención da imprenta, no século XV, co que isto supuxo para a expansión da cultura. Os primeiros libros das diferentes culturas e relixións. A Biblia, o Corán, o libro do xudaísmo, do hinduísmo, etc.
![]() |
| Durante la visita |
A árbore xenealóxica das linguas. A familia indoeuropea. Xogos de palabras. As siglas. Adiviñas. Trabalinguas. A importancia das palabras no mundo da publicidade, cun determinado tipo de letras. Algunhas palabras constitúen formas de código universal, como STOP, por exemplo. Os diferentes elementos para escribir: a plumilla, o encerado, o lapis, o bolígrafo, disquetes, discos, microchips, etc., etc. Todo isto ata os nosos días, coa revolución das comunicacións. O cambio da linguaxe. Como se abrevian as palabras. Os ordenadores, os móbiles, as táblets. O alfabeto Braille,etc.
En conclusión que o falar e escribir, a comunicación en xeral, foi un fenómeno evolutivo de miles de anos.
Como sempre, fixemos unha viaxe interesantísima e estamos moi agradecidos a todos os que nos proporcionan estas experiencias."