Los séniores de la UNED-A Coruña

viernes, 27 de febrero de 2015

Más "Verbum"...


El coordinador del programa Sénior de la UNED coruñesa, Luis Ángel Rodríguez Patiño, nos hizo llegar más imágenes de nuestros séniores durante la reciente visita a la Casa de la Palabra, en Vigo. Visita que no se condicionó unicamente al conocimiento de las propias instalaciones museísticas, sino que se acompañó con una auténtica clase magistral del profesor Felipe Senén, que iba ilustrando a los presentes con anédoctas y datos de interés.








miércoles, 25 de febrero de 2015

"Verbum" o Casa de las palabras, en Vigo




Crónica escrita por uno de los alumos del programa Sénior A Coruña.



Felipe Senén, profesor del programa Sénior A Coruña
"Hoxe, día 24 de febreiro, os alumnos e alumnas da Uned Sénior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor Felipe Senén López, viaxamos á cidade de Vigo, para visitar o Verbum ou "Casa das Palabras".

Como fai habitualmente, Felipe Senén,  foinos comentando detalles interesantes nos que nos debíamos fixar durante o percorrido. Chegando á cidade de Pontevedra, chamou a atención os malos olores da celulosa, a contaminación da ría a causa dos vertidos, etc. Como viaxamos pola costa, chegando a Marín, o colexio de Placeres, o complexo de Lourizán, coa Casona de Montero Ríos, a Base Naval, obra de Antonio Cominges, etc. Logo, a praia de Portocelo e a de Mogor. Aquí, fixemos unha parada para observar os famosos petróglifos, incluído o labirinto, que nace dunha cruz, unha importantísima obra da arte rupestre, que foi motivo de varios libros e congresos. E tamén a fermosa paisaxe que desde aquí se observa, coa illa de Ons ao fondo.

Seguidamente, a praia de Aguete, o Seixo, onde, ademais da igrexa católica, hai outra protestante bastante importante. Atravesamos a ría pola ponte de Rande, debaixo da cal aínda permanecen os famosos galeóns, dos que fala Julio Verne na súa obra “Vinte mil leguas de viaxe submarino”. Á esquerda, a illa de San Simón, antigo lazareto; logo, durísima prisión durante a guerra civil e, posteriormente, orfanato.

Continuando cara a Vigo, á dereita, a Virxe da Guía, deseñada por un arquitecto discípulo de Antonio Palacios. Xa na cidade, entramos polo barrio de Teis. Logo, o Berbés, o barrio máis antigo da cidade. O porto, a antiga estación marítima, desde onde partiron tantas persoas cara América. Construída en 1.959, e diante da cal hai un monumento ao emigrante e tamén á familia que o despedía. Hoxe en día, lugar de chegada e partida de grandes cruceiros turísticos. Un fermoso cruceiro do escultor Faílde. A nova estación marítima, co seu centro de visitantes, lugar de chegada e partida dos pequenos barcos que fan a liña a Cangas, Moaña, ás Cíes, etc. O club Náutico, o antigo hotel Bahía, unha orixinal escultura de Paco Leiro, “O esnafrado”. Un moderno centro comercial.

Deixamos o Berbés e entramos en Bouzas, onde están as grandes consignatarias. A lonxa, cos grandes camións frigoríficos preparados para a distribución do peixe. O porto pesqueiro, o porto industrial. Os estaleiros de Barreras. Seguimos cara a Samil. Á dereita, o museo do Mar, situado na parroquia de Alcabre, onde se atopaban os antigos matadoiros de Vigo. A marabillosa paisaxe da ría de Vigo, coas illas Cíes ao fondo.

Chegamos ao Verbum, motivo principal da nosa viaxe, aínda que non o único. E Felipe explicounos que se trata dun moderno edificio, exemplo da arquitectura contemporánea, deseñado por César Portela. É un cubo, construído con ferro, vidro, pedra e mesmo algúns materiais de importación. Nace no ano 2003. Atópase ao lado de praia de Samil. No centro, contén un lucernario, a través do cal a luz do sol ilumina a estancia de diferentes formas ao longo do día.

O Verbum é un museo interactivo. No seu interior, hai unha serie de cubos de madeira. Cada cubo asóciase cunha letra. Xuntos abarcan todos os aspectos relacionados coa palabra: como falamos, como escoitamos. Diferentes tipos de comunicación. As máis importantes linguas do mundo, cos seus diferentes alfabetos. A súa orixe. A linguaxe corporal. Como xurdiu a escritura, desde os petróglifos, os ideogramas, ata chegar ás letras. As táboas, pergameos, o papel, os libros manuscritos, coa importancia dos Mosteiros na súa confección. Logo, a invención da imprenta, no século XV, co que isto supuxo para a expansión da cultura. Os primeiros libros das diferentes culturas e relixións. A Biblia, o Corán, o libro do xudaísmo, do hinduísmo, etc.

Durante la visita

A árbore xenealóxica das linguas. A familia indoeuropea. Xogos de palabras. As siglas. Adiviñas. Trabalinguas. A importancia das palabras no mundo da publicidade, cun determinado tipo de letras. Algunhas palabras constitúen formas de código universal, como STOP, por exemplo. Os diferentes elementos para escribir: a plumilla, o encerado, o lapis, o bolígrafo, disquetes, discos, microchips, etc., etc. Todo isto ata os nosos días, coa revolución das comunicacións. O cambio da linguaxe. Como se abrevian as palabras. Os ordenadores, os móbiles, as táblets. O alfabeto Braille,etc.

En conclusión que o falar e escribir, a comunicación en xeral, foi un fenómeno evolutivo de miles de anos.

Como sempre, fixemos unha viaxe interesantísima e estamos moi agradecidos a todos os que nos proporcionan estas experiencias."







miércoles, 18 de febrero de 2015

Acto oficial de apertura del 2º cuatrimestre

Nuestros séniores ya tienen fecha para el acto oficial de celebración del 2º cuatrimestre del curso 2014/2015. Este grupo de alumnos matriculados en el programa Sénior de la UNED A Coruña, se reunirá el próximo 20 de febrero a partir de las 18:00 horas en las instalaciones señaladas a tal efecto por el Ayuntamiento de Aranga en nombre de su alcalde, D. Alberto Platas Álvarez.

Programa previsto:



  •  18.00: Recepción de autoridades y alumnos/as.
  •  18.15: Presentación del Acto.
  •  18.30: Intervención de las autoridades.
  •  19.00: Entrega de diplomas.
  •  19.30: Diversas actuaciones de grupos.


Nos darán novedades de primera mano de lo que allí suceda. ¡Disfrutad de la celebración!

viernes, 30 de enero de 2015

Escrito de Antonio Vilasuso, alumno sénior, con motivo de la celebración del día de la Paz


"Onde estás, paz?

Non é por ti, que xa te vin ó entrar, é outra paz a que busco. A paz nas familias, a paz no mundo... Hai verdadeira paz nas familias? Penso que nalgunhas, tódolos días, non. Hai paz no mundo? Xa se ve o que está pasando, non sei se se basean nas relixións, nos fanatismos, ou en todo misturado.
Alumnos séniores durante distintas actuaciones musicales
Vin na prensa non fai moitos días, dous fanáticos que se inmolaron, e atopáronse no outro mundo. E parece que pasou isto: dille un ó outro: "tanto nos prometeron que iamos atopar aquí, e non hai nada de nada". E dille o outro: "o que atopamos foi a morte".

Acórdome tamén de oír que non facía falta nin Garda Civil, nin Policía, nin nada, que era un gasto de cartos... para no valer nada, que vos parece? Habería máis paz sen os Corpos de Seguridade?

Non vou falar desa xente que mata, que lles comen a cabeciña e fan o que lles mandan... por que non llela comen para facer o ben? Para iso non, non teñen tempo.
Alumnos séniores celebrando el día de la paz
Que a paz veña vindo para todos.

Pasemos o día de paz, en paz."




Alumno: Antonio Vilasuso
Aula: Momán








jueves, 29 de enero de 2015

O Carballiño y San Cibrao de Las








"Os alumnos e alumnas da UNED Sénior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor Felipe Senén López, viaxamos ata o Carballiño, para visitar o templo da Veracruz e o castro de San Cibrao de Las.

Como sempre, Felipe Senén foinos explicando todo o referente ao recorrido da viaxe. Cada pobo, con toda a súa bagaxe cultural, cada rincón da paisaxe, etc. Así, dende Montesalgueiro, pasando por Curtis, este era o camiño de feirantes, arrieiros e romeiros, que recorrían estas terras, dando vida ás vilas que naceron ao seu carón: Melide, Lalín, O Carballiño.

Comarca regada polo río Ulla, zona moi fértil e rica en madeira e gandería, dominada pola antiga fidalguía, con grandes pazos, como o de Borraxeiros. Dona Emilia Pardo Bazán escribiu “Los Pazos de Ulloa” inspirada nestas terras, que se sitúan no corazón de Galicia. Zona de mosteiros, como o de Sobrado e Oseira. O Monte Faro cerca de Chantada e Melide.



Ao atravesar o río Ulla, Felipe Senén falounos da vella ponte, de 1.850. En Berredo, da familia Liñeira, fundadora dos almacéns La Palma, na Coruña. Do santuario da Virxe do Corpiño. Das minas de wolframio. Logo, a emigración.

En Agolada, os alpendres da feira, do século XVIII. En Goiás, a famosa meiga, curandeira. Logo, Lalín, hoxe, cidade industrial, moi promocionada por políticos como Xosé Cuíña, co gran edificio do Concello. O astrónomo Aller Ulloa, co laboratorio astronómico. A carballeira de Catasós. As industrias de embutidos, de roupa, etc.

Pasando Lalín, cara o alto de Dozón, o noso profesor falounos da xente destas aldeas que traballaron nos túneles do ferrocarril Ourense-Zamora, e que enfermaron de silicose. A familia de Camilo José Cela procede desta zona. O monte Faro e o Martiñán no horizonte.

Seguimos cara O Carballiño, por terras de panadeiras de Cea. Non lonxe está o santuario de San Benitiño do Marañao. Os santuarios e romerías deron moita vida a estas terras do Miño, do Barbantiño, do Avia e do Arnoia.

E, por fin, o templo da Veracruz. Aquí, o profesor ten que facer o esforzo de non emocionarse, pero nunca o consegue. Pois, nesta igrexa, recibiu a Primeira Comuñón de mans de D. Evaristo, sacerdote impulsor do templo. Nos anos corenta, en plena posguerra, un cura, uns canteiros, un mestre construtor e un arquitecto, Antonio Palacios, xunto ao apoio popular e tamén dalgún ministro do réxime, fixeron posible esta gran obra, que, feita en granito, é unha mezcla de estilos arquitectónicos, todos moi representativos da cultura e a arte galega.

Dende a torre en forma de cruceiro, pasando polo arco parabólico cos doce apóstolos á zona da luz. Oito columnas octogonais, en recordo das oito persoas que, en 1.909 morreron en Oseira. O grandioso Cristo do altar, do escultor Aldrey. Cada pedra ten unha labra diferente e, detrás de cada unha, hai a historia dun canteiro. A xirola, arredor do altar. No centro, o Sagrario de prata. A tumba de D. Evaristo. É este da Veracruz un templo grandioso, da mesma época que a Sagrada Familia de Barcelona.

Pola tarde, fomos ao castro de San Cibrao de Las, un dos xacementos castrexos máis importantes do noroeste peninsular. Habitado desde o século II antes de Cristo ata o II despois de Cristo. Polo tanto, é un castro xa moi romanizado. Primeiramente, visitamos o centro de interpretación, con diferentes paneis e vitrinas con restos atopados nas diferentes escavacións que se levaron a cabo, nos anos vinte, por López Cuevillas, e nos anos oitenta, por outros arqueólogos. Aquí, o noso profesor foinos explicando todos os aspectos da vida na época castrexa. Logo, subimos ao castro, e Felipe Senén fíxonos observar as diferentes murallas e foxos. As portas de entrada, os postos de garda, as rúas. As diferentes construcións circulares, cadradas e rectangulares, que cumprían todas elas a súa función. A fonte alxibe. Subimos a acrópole. Dende arriba, puidemos contemplar a extensa paisaxe que rodea o castro, estratéxicamente situado, nunha zona rica en minería de ouro, ferro e estaño. O río Miño ao fondo. O monte Faro ao lonxe. O mesmo que Manzaneda e outras serras limítrofes. San Torcuato e San Vintila cristianizaron estas terras, en tempos antigos. Pedras que representas picos cercanos. Unha coa inscrición IOVI, que se refire ao Deus Xúpiter. Etc., etc.

Finalizada a visita, baixamos polo ribeiro do Barbantiño, deixando o Miño á dereita e dirixímonos de novo cara O Carballiño, onde tomamos o camiño de volta.

Foi un día marabilloso, iluminado polo sol, recorrendo paisaxes moi fermosas, vendo cousas interesantísimas e, o máis importante, dirixido por este “libro aberto” que é D. Felipe Senén López".



Crónica de un alumno de la Uned Sénior A Coruña, Aula de Xestoso



miércoles, 28 de enero de 2015

Los séniores, alumnos de calendario


Marta Carballeira, profesora de Labrada junto con sus alumnos de Informática de las Aulas de Momán y Paderne, realizarón prácticas de informática y el resultado es éste:  un calendario temático con imágenes de algunos de los viajes culturales.

¿Chulísimo verdad?





martes, 27 de enero de 2015

28 de enero: se celebra el día de la Paz


Mañana miércoles 28 de enero, los alumnos sénior de la UNED A Coruña celebran el día de la Paz.

Lugar: Aula de Paderne.

Programa:

10.00-13.00 horas. Ensayos de las distintas Aulas UNED Sénior A Coruña.
13.00-14.00 horas. Actos de celebración:
  • Apertura de los Actos con el Himno de la UNED Sénior.
  • Interpretación por parte del coro del tema Que canten los niños de José Luis Perales.
  • Lectura de Lourdes, alumna sénior,  del texto “Sen xustiza non hai Paz”
  • Interpretación por parte del coro del tema titulado Himno a Paz, compuesto por ellos mismos.
  • Lectura de Antonio Vilasuso, alumno sénior,  del texto "Paz, onde estás".
  • Interpretaciòn del coro con el tema A Maruxiña.
  • Lectura de Fina, alumna sénior. del texto “A paz".
  • Interpretación del coro, tema A galiña branca.
  • Lectura de Mercedes Cachaza, alumna sénior, del texto “Portadores da Paz”
  • Lectura de Isabel Castro “Todos queremos paz”

15.30 horas: Colaboración de los exalcohólicos de "Adiante" (As Pontes/Vilalba). Se tratarán diversos temas como el maltrato en el hogar, la violencia de género y lo unido que va el alcohol a la violencia.

16.00 horas: Actuación de grupos pequeños:

  • Grupo de Saxofones
  • Grupo de Acordeones
  • Grupo de Gaitas

¡Feliz día de la Paz, séniores!