Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 5 de noviembre de 2015

En la Real Academia Gallega de Bellas Artes


Escuchando la lección del profesor, Felipe Senén



"Hoxe, día tres de novembro, os alumnos e alumnas da UNED Sénior A Coruña, acompañados polo noso profesor Felipe Senén López, e polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, visitamos, na Coruña, a Real Academia Galega de Belas Artes, da cal Felipe é académico numerario.
Felipe Senén, durante su explicación


Primeiramente, Felipe explicounos as características do edificio.
Foi construído, a finais do século XVIII, época da Ilustración, por Pedro Martín Cermeño e Fernando Domínguez Romay, para vivenda particular. No 1.793, o Estado adquiriu a súa propiedade para instalar nel o Real Consulado Marítimo e Terrestre, que velaba polas relacións portuarias entre varios puntos de Europa.

No 1.938, gracias ás xestións de D. Fernándo Álvarez de Sotomaior (quen quería crear un pequeno museo do Prado na Coruña), o edificio foi cedido para Museo Provincial de Belas Artes. A reforma do cal foi realizada polo arquitecto Antonio Tenreiro. Foi inaugurado en 1.947 e, nos anos noventa, foi trasladado ao edificio do lado, deseñado polo arquitecto Gallego Jorreto, modificando unha parte do convento das Capuchinas.
É un edificio emblemático, de tres plantas, cun patio central, iluminado por un fermoso lucernario. Todo nel é grandioso: os vitrais, as columnas, as lámpadas, as madeiras dos balaústres e dos marcos das vitrinas, etc. Actualmente, alberga, na planta baixa o Real Consulado Marítimo Terrestre. Logo, a Real Academia Galega de Belas Artes, a Academia de Xurisprudencia, a de Gastronomía e das Artes da Imaxe.
Imagen del grupo en el interior del edificio
O rei Carlos III foi o promotor das Reais Academias, entre elas, a de San Fernando.
A súa función era e é promover, incentivar e defender as belas artes, velando pola conservación do patrimonio artístico e cultural, que é de todos. Exercen como órganos consultivos e de asesoramento das administracións públicas.

A Real Academia Galega de Belas Artes contén un gran patrimonio, como retratos de personaxes ilustres, como o do rei Carlos III, o da raíña Isabel II, portadora da famosa Perla Peregrina, símbolo de poderío. Pinturas de Felipe Criado, Argüelles, Seijo Rubio, Julia Minguillón, etc., entre outros. Contén, tamén, varias esculturas de autores galegos, do século XVIII ao XX, destacando a Virxe do Carme, do gran escultor Asorey, un gran mestre canteiro e artista, dos mellores de Galicia. E outras obras de escultores máis modernos. Pezas de cerámica de Sargadelos, de Talavera, etc.
El Grupo en la entrada del edificio
Chamounos a atención a gran colección de gravados. Algúns deles mostrados por un traballador moi amable. Logo, os arquivos de clichés de fotografías de Chamoso Lamas, ademais do seu arquivo sobre o patrimonio monumental, arquitectónico, etnográfico e urbanístico de Galicia, recollido durante o século XX. De partituras antigas, de moita valía, de música de corais.
O Códice ou biblia dos xudeos, cuxo orixinal se atopa en Oxford. Aínda que, como nos explicou Felipe, a maior cantidade de obra artística que contiña o antigo Museo, atópase no novo museo de Belas Artes.

A Real Academia de Belas Artes tamén outorga distincións, como medallas de ouro, de honra, etc., a aquelas institucións, asociacións, corais ou persoeiros que se distinguen en calquera campo das belas artes, tanto polas súas obras ou polo seu esforzo na promoción doutras.

A Academia edita libros, realiza conferencias e, sobre todo, asesora ás Institucións públicas para a conservación do patrimonio cultural e das Belas Artes. As súas reunións teñen lugar os últimos sábados de mes, excepto durante as vacacións escolares.

Finalmente, só nos queda, como sempre, dar as gracias a Felipe, a Luís e a todas as persoas que fan posible que nós poidamos disfrutar destas experiencias tan interesantes".


Mª Lourdes Pérez Freire, UNED Sénior A Coruña, Concello de Paderne







No hay comentarios:

Publicar un comentario