Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 15 de septiembre de 2015

“Recuperando o Monte” será o curso que inaugure a Aula de Toxosoutos, sede da UNED Sénior da Coruña en Lousame







Carme Freire, durante a presentación de Toxosoutos


O curso "Recuperando o Monte", abordará cómo o monte segue a constituir un espazo productivo no que aproveitar recursos tan diversos e necesarios para a sociedade como a madeira, para construcións do mais variado; alimentos diversos, remedios para a saúde, adubos para as terras, enerxía para as casas, etc. 


 
Obxectivos do curso:


  • Inicio dun proxecto “Recuperando o Monte”, a desenvolver no concello de Lousame e outras entidades de diferentes zonas xeográficas de Galicia, coa participación de alumnado/profesorado da UNED Sénior, para poñer en valor o monte multiproductivo con todos os recursos para a vida que nel existen.
  • Recopilación e elaboración de material escrito e fotográfico para o inicio dunha publicación colectiva da UNED Sénior “Recuperando o Monte” en formato dixital e papel.
  • Procurar que afloren os saberes e as experiencias individuais que todas as persoas teñen acumuladas.
  • Compartir ese coñecemento individual e poñe-lo a disposición colectiva.
  • Valorar e decatarnos de que así foi como até os días de hoxe se foron transmitindo saberes arredor do coñecemento dos montes como espazos multiproductivos e multifuncionales, contribuíndo á cultura do noso pobo no sentido máis amplo.


Entorno Toxosoutos


Metodoloxía:


  • Sesións en Aula, desbrozando o programa e obxectivos propostos. 
  • Sesións Visita, experiencias actuáis, tanto en montes veciñais, como particulares e tamén a empresas, que experimentan e desenvolven propostas multiproductivas nos montes. 
  • Mesas redondas na Aula e nas Visitas. Que amplíen as nosas dúbidas ou nos abran camiños de saber, para ir construíndo a idea de que o monte se pode recuperar nos seus múltiples aspectos, e tamén no multiproproductivo. Recollida por escrito e fotográfica de todo o que facemos, para poder ir elaborando as publicacións colectivas obxetivo do curso.
  • Avaliación de resultados elaborados polo propio alumnado e a profesora, coa finalidade de reflexionar sobor do curso e facer propostas alén deste.
  • Investigación e colaboración con outras persoas da UNED Sénior, o concello de Lousame e demais entidades e organismos que queiran participar no proxecto “Recuperando o Monte”
Entorno Toxosoutos

Imparte:

Mª do Carme Freire Cruces, comuneira e propietaria de monte, labrega, enxeñeira agrícola e estudos de enxeñería forestal.


Horarios:
  • Martes de 16:00 a 18:00 horas.
  • Sábados, en horario a acordar co alumnado e coas experiencias a visitar. 
Duración:
  • 15 semanas, desde outubro a febreiro, con receso no Nadal. 
Lugar de celebración:
  • Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos e montes/empresas obxeto de visita.

Máis información:
  • Correo electrónico para matriculacións: maisdetres@yahoo.com
  • Teléfonos Asociación Maisdetres: 678 41 84 69 / 981 10 42 48
  • Secretaría A Coruña: 981 14 50 51









2 comentarios:

  1. A Carmen Freire la conocí hace años, en unas charlas que dio en Tronceda- Orense, una aldea abandonada que junto con Carballeira, han logrado restaurar y levantar un grupo de gente (incluido mi hijo mayor) amantes de la naturaleza. Un placer saber de ella y es persona comprometida con el medio rural, mucha suerte en este emprendimiento. Soy alumno de la UNED Senior de Paderne-Coruña.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Alberto. Esperamos que disfrutes con esta iniciativa. Recibe un cordial saludo.

    ResponderEliminar